O programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional é unha acción do plan Proxecta, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ese programa está integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP). Este proxecto transfronteirizo ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

A intención do programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional é achegar o alumnado dos centros participantes ao coñecemento da cultura local e tradicional, xa que pola súa idade acostuma a mostrar menos interese ou a ter menos contacto con ela. A finalidade desta acción é promover a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial.

Este blog é cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. As opinións son de exclusiva responsabilidade do autor ou autora que as emite.