No mapa ofrécese a representación cartográfica da distribución do apelido buscado. Esta información cuantitativa preséntase sobre o mapa dos 315 concellos de Galicia. O mapa completo dá conta da densidade da distribución dos apelidos mediante unha escala de cores graduadas. Esta escala conta cun máximo de seis clases e vai desde o branco (non existe ningún rexistro coincidente nese concello) ata o granate (concellos en que se dá unha maior porcentaxe de rexistros). No cadro da lenda indícase a que porcentaxe lle corresponde cada cor. Na caixa do mapa encóntranse dúas ferramentas que permiten mover a imaxe, facer ampliacións ou reducións e engadir capas (provincias e comarcas). Se se clica enriba de cada concello, ofrécese o seu nome e a información dos datos numéricos correspondentes. O mapa e o cadro de datos resultado das buscas poden gardarse ou imprimirse como arquivos en formato PDF.