current
noun or adjective
corrente
EN A subtle current of desire passed through her body, weakening her hold upon the brushes and making her eyes burn.
GL Unha imperceptible corrente de desexo percorreu o seu corpo, minguando as súas forzas co pincel e abrasándolle os ollos.
Fonte: ESP (1585)
adjective
actual
EN From the age of twenty to eighty, therefore, if a man were so unhappy as to live to eighty, the utmost he could hope to travel through would be twenty thousand volumes; a number not, perhaps, above five per cent of what the mere current literature of Europe would accumulate in that period of years.
GL Da idade de vinte a oitenta, en consecuencia -se un home fose tan desgraciado coma para vivir ata os oitenta- o máximo que podería esperar viaxar a través do mundo sería vinte mil volumes -un número non quizais superior ó cinco por cen do que a simple literatura actual de Europa acumularía nese período de anos-.
Fonte: LET (263)
habitual
EN To literature considered as a means of livelihood; --as any part of the resources which a man should allow himself to rely on for his current income, or worldly credit, and respectability: here the evils anticipated by Mr. Coleridge are of a high and positive character, and such as tend directly to degrade the character, and indirectly to aggravate some heavy domestic evils.
GL Respecto á literatura considerada coma un medio de vida, como outra parte dos recursos nos que un home debería permitirse confiar para os seus ingresos habituais, ou o seu crédito mundano e a súa respectabilidade. Aquí, os males anticipados polo Sr. Coleridge son dun carácter alto e positivo, e tales que tenden directamente a degradar o carácter, e indirectamente a agravar algúns males domésticos.
Fonte: LET (38)
en curso
EN Finally, some current studies of distant spectra give tantalizing hints that the nature of physics itself may be different at great distances, in places whose radiation emissions we are receiving billions of years after they were emitted.
GL Por último, algúns estudios en curso sobre os espectros distantes abren vías moi interesantes, pois suxiren que a natureza mesma da física podería ser diferente a grandes distancias, nas zonas cunha radiación que recibimos miles de millóns de anos despois da súa emisión.
Fonte: C16 (66)
|