Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Estás na seguinte localización: Portada > Saúde
A introdución accidental de obxectos nos ollos, nariz, oídos e vías respiratorias é un problema frecuente, en especial nos nenos, e ten na visita ás salas de urxencias a mellor solución
O mundo que nos rodea está cheo de pequenos obxectos. E o corpo humano, de cavidades e orificios que, accidentalmente, están listos para acollelos. Os ollos, o nariz e os oídos, e mais as vías respiratorias, constitúen as localizacións máis frecuentes de corpos estraños, tanto no adulto coma no neno. En ocasións a súa extracción é doada, xa que non están moi introducidos ou incrustados, pero noutros casos hai que acudir ao servizo de urxencias na maior brevidade posible. Nunca hai que realizar manobras para intentar sacar o obxecto, xa que se corre o risco de introducilo máis, incrustalo ou provocar danos irreparables. Cando se producen estes accidentes, o máis recomendable é acudir decontado a un servizo de urxencias e, só nalgún caso, se poderá aplicar algún procedemento caseiro de urxencia.
O globo ocular e as estruturas externas son dunha gran sensibilidade. Calquera corpo estraño, por pequeno que sexa, orixina axiña molestia ou dor, lágrimas, pestanexo e arrubiamento. Nos adultos, os máis frecuentes son estelas metálicas, minúsculos fragmentos de cristal, en caso de accidentes de tráfico, ou areas que impactan con maior ou menor violencia e que adoitan incrustarse e mesmo perforar o ollo e introducirse no interior. Nos nenos adoitan ser minúsculos grans de area ou terra, que polo xeral non se chegan a incrustar. As lágrimas, o pestanexo e os movementos do globo ocular, sempre, iso si, sen fregarse o ollo, adoitan arrastralos cara ao exterior, cara ao ángulo externo, e a súa extracción normalmente é doada.
Un corpo estraño peculiar son as pingas dalgún produto químico. A lista de produtos que hai nun fogar e que poden danar o ollo é enorme. Os ácidos e os álcalis son especialmente perigosos, xa que poden producir danos irreversibles. Por iso, a actuación debe ser inmediata. O primeiro que hai que facer é lavalos con auga, a ser posible morna, sen perder tempo. Xa sexa baixo o chorro de auga ou cunha xiringa, hai lavar o ollo polo miúdo para que arrastre a máxima cantidade de produto e despois cubrilo cunha gasa estéril e acudir ao servizo de urxencias para a revisión e posterior tratamento.
Os nenos, xogando, poden introducirse pequenos obxectos no conduto auditivo externo (CAE). Nestes casos hai que actuar do seguinte xeito:
Non intentar quitalo con ningún instrumento, xa que hai perigo de introducilo máis e danar o tímpano e oído medio.Unha situación particular dáse cando se introduce un insecto. Nestes casos convén:
Se un corpo estraño se introduce no nariz, o xeito de actuar é moi similar a cando se aloxou no oído. O que non hai que facer é intentar extraelo con ningún instrumento nin inhalando con forza, xa que pode introducirse aínda máis. É recomendable respirar pola boca mentres o obxecto está no nariz, e soarse tapando a foxa nasal libre con suavidade para ver se se pode expulsar. Se non se consegue, o mellor é acudir ao servizo de urxencias.
Esta é, sen dúbida, a situación máis urxente e grave que poida darse, xa que, dependendo do tamaño do obxecto e da súa situación nas vías respiratorias, pode chegar a obstruílas total ou parcialmente. O corpo estraño pode quedar aloxado na traquea ou nos bronquios e producir asfixia, polo que é sumamente urxente liberar a obstrución.
Nestes casos hai que lle aplicar ao afectado, con carácter de urxencia, a manobra de Heimlich, que se realiza do seguinte xeito: hai que situarse detrás do afectado, poñer un puño por riba do seu embigo, coller o puño coa outra man rodeando o tórax e facer un movemento violento empurrando o puño cara a arriba e dentro. Desta forma conséguese xerar dentro das vías respiratorias unha intensa e forte corrente de aire, como un tusido artificial, que moitas veces é suficiente para expulsar o corpo estraño. É unha manobra que salvou moitas vidas. Se non sofre asfixia, pero se mantén a dúbida de que se introduciu un corpo estraño en vías respiratorias hai que acudir ao servizo de urxencias. Pode que o obxecto se aloxara noutra parte da árbore respiratoria, o que o converte nun perigo potencial que debe ser correctamente diagnosticado e tratado.
A deglutición, o acto de tragar, pode ser tanto voluntaria como involuntaria. Moitas veces tragamos o que temos na boca sen decatarnos, o que no caso dunha goma de mascar ou dun caramelo non ten maior importancia no adulto. Pero nun neno si pode constituír un accidente. Os nenos teñen o costume de levaren á boca todo o que manipulan: minúsculas pedras, pilas pequenas, froitos secos con casca, gomas de borrar, moedas, botóns e ósos de froitas, entre outros moitos.
Normalmente e, en especial no adulto, os obxectos adoitan atravesar todo o intestino sen causar problemas, salvo que pola forma ou tamaño quede obstruído. Hai un mecanismo de defensa do tubo dixestivo que funciona moi ben: a mobilidade intestinal fai que o corpo estraño avance por todo o intestino e que sexa expulsado na defecación sen problemas, mesmo se se trata de obxectos puntiagudos. Pero en ocasións, se o tamaño é considerable, poden aloxarse no esófago bloqueándoo ou, máis raramente, no intestino, xerando un cadro de obstrución intestinal que pode chegar a ser grave. Por iso, se unha persoa que tragou un corpo estraño presenta salivación abundante, dor abdominal, vómitos ou calquera outro síntoma de malestar debe acudir ao médico sen falta.
En CONSUMER.es EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI