versión accesible diario  |  revista  |  guías  |  escuelas  |  consumaseguridad 
Revista CONSUMER EROSKI Revista
nº 99   maio 2006 bienvenido ongi etorri benvingut
mapa web mapa web Escríbenos escríbenos Consumer consumer

Portada > Saúde

Saúde  

Litiase biliar
Vesícula pedregosa
Os cálculos biliares afectan ao 12% da poboación occidental, aínda que só unha parte sofre episodios de dor severa, que convén tratar co rapidez.


 Anteriores artigos
- Espondilite anquilosante
- Toxoplasmose
- Patoloxías das pálpebras e do lacrimal
- Pólipos intestinais
- Ataques de gota

A formación de cálculos e pedras na vesícula e vías biliares é unha afección frecuente que incide en maior proporción no sexo feminino -a porcentaxe de mulleres afectadas duplica e mesmo triplica a de homes- e que aumenta progresivamente coa idade. Calcúlase que un 12% da poboación occidental padece cálculos biliares, pero cara á sétima década da vida dispárase ata un 35% nas mulleres e un 20% nos homes. Constatouse, con todo, que os factores xeográficos e sociais marcan a súa prevalencia. De feito, en Asia e África apenas se producen casos.

A bile é unha substancia que se forma no fégado e se segrega polo conduto hepático, que ten dúas pólas, dereita e esquerda, que se conectan coa vesícula biliar, que almacena parte da bile formada, e o intestino. Cando a secreción biliar se estanca na vesícula e se produce a cristalización e precipitación de colesterol, sales biliares, lecitina ou pigmentos aparecen os cálculos biliares. Ás veces só se forma un, pero a miúdo, os seu número é considerable.

Factores de risco

Catalóganse como factores de risco:

  • Os antecedentes familiares
  • A obesidade, o exceso de peso
  • A hipercolesterolemia e a dieta rica en graxas
  • As operacións gástricas
  • A diabetes
  • Os intervido de intestino aos que se lles practicou resección ileal
  • A enfermidade de Crohn
  • Os tratamentos prolongados para baixar o colesterol con clofibrato, resincolestiramina
  • Tratamento prolongado con estróxenos
  • Nas persoas maiores, o alcolismo crónico, a cirrose hepática e enfermidades hemolíticas (que provocan destrución de hemacias e anemia)
  • A maioría, sen síntomas

    Aínda que a litíase biliar pode orixinar cadros clínicos moi severos e dolorosos, entre un 65% e un 80% das litíases non producen síntomas. É o que se denomina litíase biliar asintomática. O diagnóstico dáse de forma casual en exploracións realizadas por outros motivos. O tratamento redúcese a recomendacións dietéticas e hixiénicas, reducir peso, controlar a dieta, beber auga abundante... Só hai un suposto no que se aconsella intervir: se hai unha calcificación das paredes da vesícula, o que se chama "vesícula de porcelana". Nestes casos a primeira opción é a extirpación preventiva da vesícula polo risco de dexeneración en cancro vesicular.

    A dor do cólico

    O cólico biliar é o cadro doloroso provocado pola presenza de cálculos nas vías biliares. Defínese por varias características:

    • É continuo, vai aumentando a súa intensidade e aos 15-20 minutos convértese en moi severo, moi doloroso.
    • Localízase no hipocondrio dereito, na zona do fégado, e no epigastrio, aínda que ás veces pode dar a dor no lado contrario (hipocondrio esquerdo e rexión precordial)
    • Acompáñase de vómitos e sudoración na maioría dos casos.
    • No 50% dos afectados a dor irrádiase ás costas, ao ombreiro dereito ou á escápula.

    A duración do cadro non sobrepasa as cinco horas e se se prolonga hai que sospeitar unha complicación: a colecistite aguda. O cólico biliar é unha urxencia e hai que tratala de forma inmediata con antiinflamatorios, analxésicos e espasmolíticos. Nesta situación hai que absterse de inxerir alimentos e líquidos. Mentres chega o médico pódese aplicar calor na zona (alivia o espasmo e a dor) sempre que non haxa febre nin abdome agudo (abdome duro e doloroso).

    Posibilidade de intervención

    Unha persoa que tivese un cólico biliar, só un, conta cun 30% de probabilidades de non sufrir máis no prazo de dez anos, polo que se deberá considerar se a intervención para a extirpación dos cálculos é pertinente ou non. Agora ben, se os cólicos se repiten ao pouco tempo, hai que pensar na conveniencia da operación. Non obstante, tamén se dispón de alternativas terapéuticas como a disolución dos cálculos con ácidos biliares, ou a litotricia (destrución dos cálculos) con ondas ultrasónicas de choque (só pode aplicarse en cálculos menores de 30 mm).

    Complicacións

    A colecistite aguda é a complicación máis frecuente da litíase biliar sintomática. Comeza como un cólico biliar que se prolonga durante máis de cinco horas. Os síntomas son iguais ca no cólico, pero ás horas aparece febre e un 20% dos afectados sofre ictericia e noutros pode aparecer dor difusa por todo o abdome. O cadro de colecistite aguda require ingreso hospitalario. As analíticas e os procedementos radiolóxicos (ecografía, TAC, colecistografía) confirmarán o diagnóstico. Superada a infección, o procedemento terapéutico definitivo é a extirpación da vesícula. Un 15% dos que sofren colelitíase padecen tamén coledocolitíase, é dicir, cálculos no colédoco -o conduto polo que a vesícula se baleira no intestino e que atravesa a cabeza do páncreas-. A presenza dun cálculo neste conduto pode orixinar unha obstrución total que provoca a colanxite. Tres síntomas permiten o seu diagnóstico: febre, dor abdominal e ictericia, conxunto de síntomas que se coñece como "tríade de Charcot". O cadro representa tamén unha urxencia e require ingreso hospitalario. Algo máis grave é outra complicación da coledocolitíase, a pancreatite aguda, xeradora dunha dor intensa, continua, no hipocondrio esquerdo e irradiado ás costas, que aumenta a intervalos de 15 a 60 minutos, agudízase cando se pon tombado coa boca para arriba e dá con náuseas, vómitos, mal estado xeral, febre discreta (febrícula) e paresia intestinal (os intestinos móvense moi pouco) Tanto a colanxite coma a pancreatite aguda son urxencias que deben ingresar no hospital para diagnóstico e tratamento.

    Prevención

    A prevención da litíase pasa pola modificación de hábitos e de condutas: hai que evitar a vida sedentaria, as comidas graxentas, a obesidade e os anticonceptivos (nas mulleres con historia familiar de litíase ou que xa tiveron litíase). A dieta vexetariana está considerada como a mellor arma dietética na súa prevención. Outra opción é reducir a inxesta de carnes e peixes, os ovos, a maonesa, queixos fortes ou fermentados, azucres e fariñas refinados, leite, chocolate e bebidas alcólicas, e aumentar a de froitas, verduras (en especial alcachofa, cebola e berenxena), ensaladas crúas, cereais integrais, aceites vexetais... Algunhas plantas teñen efecto colerético-colagogo, é dicir, estimulan a produción e secreción da bile: a alcachofa en todas as súas formas, o boldo, o mexacán, a cúrcuma (forma parte do curri), a menta, o ravo e o romeu, este último considerado como o máis indicado para os problemas biliares. Tamén hai augas mineiro-medicinais útiles para os litiásicos. Son os casos das bicarbonatadas mixtas, as sulfatadas sódicas ou magnésicas e as sulfuradas de débil mineralización.

    Publicidade



    subir imprimir Enviar a outra persoa
     

    ¿Queres ver como se ha publicado esta información na versión impresa de CONSUMER EROSKI?

    (* Dispoñible só en castelán)

    Descárgate a versión en pdf (302 Kb)
    Este mes, maio 2006
     Tema de portada: Visitados 425 lugares e establecementos públicos "libres de fume" en 18 cidades españolas
     Análise de produtos: Atún en aceite vexetal en lata / CDs virxes gravables e regravables
     Informe: Nenos: adaptar a casa para evitar accidentes
     Psicoloxía: Coidar dunha persoa dependente
     Entrevista: Jolanta Bak, experta en técnica de mercado
     Saúde: Litiase biliar
     Medio natural: Urbanos con menos fumes
     Alimentación: Infusións
     Novas Tecnologías: Google Earth
     Miscelánea: Protocolo
     Economía Doméstica: Encimeiras de cociña
     Consellos: Coidados capilares
     Consultorio legal: Os compradores dun piso deben asumir unha derrama previa á súa adquisición. A operadora de telefonía móbil non cumpre os termos da contraoferta ao cliente.
     Sentencias
     Números anteriores
    Buscador:

    CONSUMER EROSKI no teu correo electrónico



    Alta   Baixa
    TODOS LOS
    ARTÍCULOS DE...
    Tema de portada
    Análise de produtos
    Informe
    Saúde
    Psicoloxía
    Miscelánea
    Economía Doméstica
    Entrevista
    Medio natural
    Alimentación
    Novas Tecnologías
    O máis práctico
    - Consellos
    - Sentencias
    - Consultorio legal

    Publicidade


    Descargar a revista en PDF Disponible para PDA Disponible para PDA Disponible para descapacitados Disponible para descapacitados

    FUNDACIÓN EROSKI

    © FUNDACIÓN EROSKI
    Prohibido o emprego de calquera contido desta revista con fins comerciais ou publicitarios

    En Revista CONSUMER EROSKI nos tomamos moi en serio
    a privacidad de teus datos, aviso legal