Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Cultura e pobos arrow A necesaria intolerancia de Zizec
A necesaria intolerancia de Zizec Imprimir Correo-e
Alfredo Iglesias Diéguez   
M鲣ores, 07 Marzo 2007

[Galicia Hoxe]

Que teñen en común os técnicos que traballan durante xeiras ilimitadas porque lles apaixona o traballo que realizan e as maquiladoras que realizan xeiras extenuantes para gañar un mísero soldo, os milleiros de obesos do mundo occidental cos milleiros de famentos do mundo enteiro ou o fundamentalismo e o multiculturalismo? Aparentemente nada, pero certamente algunha relación deberá existir en tanto en canto son produto dunha mesma sociedade: a da globalización capitalista.

Así mesmo, poderiamos preguntarnos por que é precisamente neste momento histórico no que están a rexurdir con forza os máis variados irracionalismos esotéricos e astrolóxicos, á par que son cada vez máis abundantes os grupos organizados arredor da ideoloxía neonazi ou fascista, e mesmo deberiamos preguntarnos se existe algún nexo común entre eses dous fenómenos aparentemente tan contraditorios.

Por outra banda, tampouco estaría mal que alguén explicase por que a maioría da poboación, esa mesma que chega con dificultades a final de mes porque o seu soldo non aumenta ao mesmo ritmo que os prezos dos produtos de consumo cotián e que ten a vida hipotecada pola compra dunha vivenda da que non é propietario até que paga o derradeiro céntimo de euro, acepta silenciosamente e sen ningún espírito crítico, os discursos macroeconómicos oficiais, que insisten na bonanza da economía debido ao crecemento do PIB, ao aumento constante dos beneficios empresariais e á existencia de superávits orzamentarios, cando o certo é que para eles a economía vai mal.

¿Acaso ten algo que ver en todo isto o neoliberalismo, esa doutrina que afirma que o estado non debe interferir na esfera da economía, pero que constantemente recorre ao estado para garantir que o capital non deixe de percibir grandes beneficios e de satisfacer os seus intereses particulares? Aparentemente, todo apunta nesa dirección.

Neste sentido, abonda con sinalar que tanto as maquiladoras mexicanas como os técnicos europeos están igualmente explotados, como traballadores, polo capital; do mesmo xeito que calquera pode comprender que a obesidade dos cidadáns do Norte é consecuencia da opulenta sociedade na que vivimos que precisa para a súa existencia da miseria de moitos millóns de cidadáns do Sur; así mesmo, a ninguén se lle escapa que esa opulenta sociedade e as súas empresas, tanto as instaladas no Norte como as situadas no Sur, funcionan coa lóxica que se expresa no discurso ideolóxico neoliberal, que insiste en que vivimos nun mundo despolitizado.

Agora ben, para explicar o mecanismo que garante a feliz explotación dos técnicos europeos ou o recurso á astroloxía para satisfacer as intranquilidades deste mundo no que xa non hai certezas, nesta sociedade do risco, é a tarefa a que se dedica o filósofo eslovaco Slavoj Zizek no seu último libro En defensa de la intolerancia (Sequitur, 2007), unha obra na que realiza unha crítica profunda do liberalismo tolerante e cultural, que non é outra cousa que a ideoloxía do actual capitalismo global. •

 
Seguinte >
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis