CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
News
-
Destacado
I Xeira CLARIAH-GAL
05/02/24 -
Destacado
Aberto o prazo de preinscrición dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"
04/05/24Os XXXIV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia volverán reunir do 3 ao 29 de xullo en Santiago de Compostela estudantes de todo o mundo.
-
Destacado
Parlamint finalista dos premios Digital Humanities Awards
03/30/24 -
Destacado
Miguel García Fernández e Ricardo Pichel editan unha obra sobre San Paio de Antealtares
03/04/24Os colaboradores do ILG Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel son os editores da obra Desde San Paio de Antealtares. Historia, patrimonio e vida monástica, coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
-
Destacado
Membros do ILG na reunión de ILENIA
02/24/24Os membros do Instituto da Lingua Galega Francisco Dubert, Elisa Fernández Rei e Carmen Magariños, xunto a investigadores do CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela, representaron o Proxecto Nós na reunión organizada polo proxecto ILENIA o 22 e 23 de febreiro no campus de Gipuzkoa da Universidade do País Vasco.
-
Destacado
O Proxecto Nós lanza a campaña Doa a túa voz
02/01/24O Proxecto Nós lanzou unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia co obxectivo de afianzar a plena presenza activa do galego no ámbito das novas ferramentas de Intelixencia Artificial. As contribucións poden facerse de xeito telemático a través do espazo web doagalego.nos.gal creado para esta iniciativa.
-
Destacado
Investigadores do ILG na reunión de presentación de CLARIAH-ES en Donostia
01/26/24Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa, membros do ILG, participaron o 25 de xaneiro en Donostia na presentación de CLARIAH-ES, cuxo obxectivo xeral é impulsar actividades de promoción das infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH e organizar a participación oficial de España nestas.
-
Destacado
Membros do ILG participan no programa "A Ponte" da USC
01/15/24Francisco Dubert García e Xulio Sousa volven participar nunha nova edición do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
-
Destacado
Estudos baseados no corpus CORTEGAL nun novo anexo de Verba
12/28/23María Álvarez de la Granja e Vítor Míguez encárganse da edición do Anexo 84 deVerba, publicación da USC, titulado Perspectivas sobre a escrita académica en galego: estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes.
-
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/08/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas: