Conferencia de Henri Chaffot

Data: 
Monday, June 17, 2019 - 13:00
Imaxe: 

O  luns día 17 ás 13.00h, Henri Chaffot, estudante en prácticas no Instituto da Lingua Galega procedente da Université Rennes 2, ofreceu unha charla na Sala de Conferencias do ILG, titulada "Sobre las representaciones y actitudes lingüísticas del alumnado de secundaria en Galicia y Bretaña".

O obxectivo desta charla foi presentar unha análise das representacións e actitudes lingüísticas das mozas e dos mozos de Galicia e da Bretaña derivada dos estudos realizados no marco do proceso de elaboración dun Traballo de Fin de Mestrado. Neste, tras levar a cabo unha investigación teórica sobre a historia da minorización do galego e do bretón, tras presentar algúns aspectos sociolingüísticos destas dúas linguas e ofrecer as liñas xerais dalgúns traballos publicados sobre o tema, realizarase unha comparación entre as actitudes e as representacións lingüísticas da mocidade bretoa e galega extraídas a partir de enquisas e entrevistas. Na charla, exporase o traballo feito ata o de agora, incluíndo as primeiras análises das entrevistas e enquisas realizadas en Galicia.