Nova ferramenta de xeración automática de galego e portugués: XeraWord

Data: 
Wednesday, January 13, 2021 - 09:15
Imaxe: 

Xa está dispoñible na páxina web do ILG a ferramenta XeraWord, unha ferramenta piloto de xeración automática da frase nominal simple en galego e portugués, baseada na tradución automática de léxico extraído de WordNet e elaborada no marco dun proxecto dirixido por María José Domínguez Vázquez e financiado na Convocatoria de proxectos colaborativos para institutos de investigación da USC 2020.

Para o desenvolvemento deste simulador foron deseñados ad hoc unha ferramenta de tradución do caudal léxico paradigmático a partir dos datos extraídos de xeito automático do Wordnet -TraduWord- e un Flexionador nominal 

O prototipo recorre á integración de datos lingüísticos e á interoperabilidade entre recursos xa existentes. Como prototipo xera datos para 5 substantivos en galego e portugués, en concreto: gl. aumento | pt. aumento, gl. discusión | pt. discussão, gl. fuxida | pt. fuga, gl. olor | pt. cheiro e gl. presenza | pt. presença. 
 
A escolla destes cinco substantivos xustifícase polo seu papel de representantes de diferentes escenas cognitivas ou campos semánticos. Este prototipo senta as bases para o futuro desenvolvemento de ferramentas de xeración argumental máis complexas.