Acto de homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González

Data: 
Domingo, Octubre 17, 2021 - 23:00

O ILG réndelle unha homenaxe a tres dos seus máis destacados investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. O acto terá lugar o 22 de outubro, ás 18.30 h, na Facultade de Filoloxía da USC, co seguinte programa:

Apertura do acto
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz
 
Laudatio
Ana Isabel Boullón Agrelo
 
Intervencións
Rosario Álvarez Blanco
Francisco Fernández Rei
Manuel González González
 
Actuación
Alba María
 
Clausura dos actos de celebración
Director do Instituto da Lingua Galega, Xosé Luís Regueira Fernández
Decano da Facultade de Filoloxía, Elias J. Feijó Torres
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz
 

Aquelas persoas que desexen asistir deberán de enviar un correo a ilgsec@usc.gal. Ademais, o acto será retransmitido a travé da canle de Youtube da USC na seguinte ligazón: https://youtu.be/P_nJY356ASo.

Con esta homenaxe, péchase a conmemoración do 50.º aniversario do instituto, tras a celebración do Simposio ILG 2021. 50 anos, a inauguración dunha exposición sobre a súa historia e a entrega de premios do concurso de vídeo Móvete.