Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas

Data: 
Miércoles, Mayo 2, 2018 - 19:30
Imaxe: 

Do 2 ao 4 de maio tivo lugar en Aveiro o I Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas, organizado conxuntamente polo Centro de Línguas, Literaturas e Culturas (CLLC) da Universidade de Aveiro e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

Os profesores Xulio Sousa e Elisa Fernández Rei formaron parte da Comisión organizadora do congreso. Ademais, Xulio Sousa foi o encargado de impartir un obradoiro sobre dialectometría e cartografía lingüística.

Neste encontro participou tamén o seguinte persoal investigador do ILG:

  • Alba Aguete-Cajiao / Elisa Fernández Rei (ILG): Contribución ao estudo comparado do vocalismo átono inicial do galego e do portugués.

  • Elisa Fernández Rei (USC): A entoación das variedades ibéricas occidentais: xeoprosodia, contacto e cambio lingüístico.

  • Francisco Dubert GarcíaContinuum xeolectal constitutivo no noroeste da Península Ibérica.

  • Xulio Sousa / Lurdes de Castro Moutinho / Alexandre Vieira / Alberto Gómez Bautista / Elisa Fernández Rei / Helena Rebelo / Luís Fernando Pinto Salema / Rosa Lídia Coimbra: Análise dialectométrica e cartográfia da variação linguística.