II Congreso Toponomasticon Hispaniae

Data: 
Jueves, Junio 15, 2023 - 00:00
Imaxe: 

Tras o I Congreso Toponomasticon Hispaniae. Interterritorialidad e interdisciplinariedad, que tivo lugar en Lérida en xuño de 2022, como sección especial do congreso internacional International Medieval Meeting, o II Congreso Toponomasticon Hispaniae. Claves en la investigación toponímica levarase a cabo en Miraflores de la Sierra e Alcalá de Henares (Madrid) entre os días 2 e 4 de outubro de 2023. O congreso reunirá os membros dos seis proxectos coordinados no Toponomasticon Hispaniae e outros investigadores e investigadoras nas distintas facetas da toponimia.

O prazo de envío de propostas remata o 15 de xuño e o período de inscrición o 30 de xullo.