Neofalantes na diáspora, apuntamentos para unha tipoloxía

Data: 
Viernes, Julio 20, 2018 - 13:15
Imaxe: 

O día 23 de xullo, ás 10:00 h na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega, Facundo Reyna Muniain, da Universität Bremen e da Christian Albrechts Universität, ofreceu unha charla co título "Neofalantes na diáspora, apuntamentos para unha tipoloxía".

Resumo

O concepto de neofalante foi usado para describir casos de revitalización nas comunidades de linguas minoritarias no contexto europeo actual (O'Rourke e Ramallo 2015). Pero apenas se aplicou en relación con outros contextos xeográficos e culturais, como a diáspora. En casos como o da comunidade galega de Bos Aires, tanto a globalización como a (super)diversidade (Blommaert 2010, 2011) presentes nos contextos urbanos xogan un rol importante. Para ilustrar este enfoque, nesta charla abordouse o caso da nova xeración de falantes de galego no ámbito bonaerense, tamén tendo en conta as estratexias de recuperación e revitalización da lingua (Reyna Muniain 2015, 2018).

Referencias

Blommaert, J. and Jie, D. (2010). Ethnographic Fieldwork: a beginner’s guide. Bristol: Multilingual Matters.

Blommaert, Jan / Rampton, Ben (2011). “Language and Superdiversity”, Diversities 13/2, 1-22, Gottingen.

O’Rourke, B. & Ramallo, F. 2013. “Competing ideologies of linguistic authority amongst new speakers in contemporary Galicia”. Language in Society, 42(3). 287–305.

Reyna Muniain, F.. 2015. Lingua, cultura e identidade, estratexias de aculturalización e reculturalización na colectividade galega de Buenos Aires. Grial   205, 38-45.

Reyna Muniain, F. 2018. “Procesos de galeguización y regaleguización en Buenos Aires: Lengua, Identidad y Política lingüística familiar en la comunidad gallega de Buenos Aires”. Migrationsbedingte Sprachkontakte in der Romania des 21. JH. Patzelt, C. et al. Berlin: Peter Lang.