Novedades

  • LaTeX para lingüistas

    12/02/19

    O obxectivo deste curso é ofrecer unha introdución ao sistema de composición de textos LaTeX. Sería de especial interese para persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento e/ou que traballen no ámbito da lingüística, mais pode servir de introdución para calquera persoa que non coñeza LaTeX.

  • Seminario Reflexividade sociolingüística: concepcións e cambios socioculturais

    30/01/19

    O profesor Héctor Muñoz Cruz analizará a importancia, a natureza e a estrutura lóxico-discursiva de razoamentos, actitudes e algunhas outras formas de cognición social sobre a diversidade lingüística e a comunicación intercultural expresadas en actividades reflexivas de falantes e de institucións.

  • A variación lingüística e o portugués do Brasil

    29/01/19

    O martes 29 de xaneiro, a profesora Irenilde Pereira dos Santos (Universidade de São Paulo) impartiu na Sala de Conferencias do ILG ás 16.00 h a conferencia "A variação linguística e o Português do Brasil: o léxico em foco".

     

     

  • Defensa da tese de doutoramento de Isabel Corral Pérez

    29/01/19

    O martes 29 de xaneiro ás 10:30 h Isabel Corral Pérez defendeu no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía a tese de doutoramento "Diversidad lingüística indígena en Hispanoamérica. Una visión interdisciplinar centrada en el caso mexicano".

  • Presentación do libro La lingua delle Cantigas

    22/01/19

    O xoves 31 de xaneiro tivo lugar a presentación do libro La Lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese, do profesor Pär Larson.

  • Presentación do libro Antroponimia e lexicografía

    15/01/19

    O martes 15 de xaneiro tivo lugar a presentación do libro Antroponimia e lexicografía.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    15/01/19

    Resolución 1/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    15/01/19

    Resolución 4/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

  • Premios da Cultura Galega 2018

    11/01/19

    O venres día 11 de xaneiro ás 12.00 horas en Montederramo tivo lugar a entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

  • Defensa da tese de doutoramento de Noemi Basanta LLanes

    10/01/19

    O xoves 10 de xaneiro, Noemi Basanta LLanes defendeu a súa tese de doutoramento "As formas cambiaron porque o mundo cambiou": construción discursiva e interseccional de identidades de xénero e sexualidade en conversas sobre ligar.

Páginas