Aberto o prazo para participar no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Data: 
martes, Outubro 2, 2018 - 14:45
Imaxe: 

Do 28 de setembro ao 26 de outubro está aberto o prazo para que os centros escolares soliciten a súa participación no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no ano lectivo 2018/2019.

O Instituto da Lingua Galega participa co programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, que ten como obxectivo fundamental promover entre o alumnado a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial. Toda a información sobre este pode ser consultada no blog http://ilg.usc.gal/PaLeGa.