Bolsa de colaboración no ILG

Data: 
martes, Setembro 4, 2018 - 00:45

O alumnado de 4º de grao e os titulados que estean facendo o seu primeiro ano de mestrado poden solicitar unha bolsa de colaboración no ILG. O prazo para presentar o proxecto no Instituto remata o martes 11 de setembro ás 14:00 h. Toda a información sobre o proceso de solicitude está dispoñible en http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/bolsasmec.html