Concurso público 7/2021

Data: 
martes, Xullo 20, 2021 - 09:45

Resolución 7/2021, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal investigador e de apoio á investigación.

Convócanse dúas prazas, de 36 meses de duración, vinculadas ao Proxecto Nós. Unha delas esixe a titulación de doutor e o traballo que se realizará é a "Elaboración da memoria técnica detallada do proxecto e supervisión das tarefas relacionadas coa elaboración de corpus e recursos lingüísticos orais e escritos para o galego e a súa integración en ferramentas de tecnoloxías lingüísticas". Valórase ser "doutor/a en ciencias da computación, intelixencia artificial ou en enxeñaría TIC ". A segunda require titulación de grao ou equivalente e o traballo que se realizará é o de "Elaboración de corpus orais e escritos e avaliación das ferramentas e dos recursos lingüísticos que se desenvolvan". Valórase a titulación en estudos filolóxicos/lingüísticos.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria.