Conferencia de Francisco Fernández Rei nas Giornate Internazionali sulla Situazione Linguistica in Italia

Data: 
luns, Outubro 22, 2018 - 16:15
Imaxe: 

O martes 23 de outubro, o profesor Francisco Fernández Rei impartiu a conferencia “Marco legal e situación das minorías étnico-lingüísticas de Italia” nas Giornate Internazionali sulla Situazione Linguistica in Italia.

Estas Giornate, que se desenvolveron entre o 23 e o 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, estiveron coordinadas pola profesora Emiliana Tucci (UdC) e contaron coa colaboración da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, a Rede de Lexicografía RELEX e o Centro de Linguas Modernas da Universidade da Coruña.