Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
xoves, Novembro 8, 2018 - 01:45
Imaxe: 

Resolución 13/2018, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

Convócase unha praza para realizar traballos de "Desenvolvemento e aplicación de ferramentas de documentación, visualización e análise de datos lingüísticos" no Instituto da Lingua Galega. O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 15 de novembro. Toda a información está dispoñible en http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2375_gl.pdf.