Investigadores do ILG participan no libro "Geolingüística en la Península Ibérica"

Data: 
luns, Abril 11, 2022 - 11:00
Imaxe: 

Manuel González González e Xulio Sousa participan con dous artigos no libro Geolingüística en la Península Ibérica, editado recentemente por Isabel Molina Martos e Pilar García Mouton. Este volume ofrece unha selección representativa do traballo dos equipos que actualmente elaboran e desenvolven proxectos xeolingüísticos arredor das linguas de España e Portugal.

O artigo de Manuel González leva por título "Algunas reflexiones sobre el Atlas Lingüístico Galego más de cuarenta años después" e o de Xulio Sousa, "El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica y el gallego del siglo XX".