Presentación do libro de Pablo García Martínez

Data: 
xoves, Xuño 1, 2023 - 19:30
Imaxe: 

O investigador do ILG Pablo García Martínez presenta o 1 de xuño o seu libro Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luis Seoane, editado por Laiovento. O acto terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 19:30 h. O autor estará acompañado por Prudencio Viveiro Mogo de Edicións Laiovento.

Alguén virá… é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego Luis Seoane (1910-1979). O marco temporal son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda desde a distancia do exilio.