SEIO 2018

Data: 
venres, Xuño 1, 2018 - 14:45
Imaxe: 

Do 29 de maio ao 1 de xuño tivo lugar en Oviedo o XXXVII Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa (SEIO 2018).

Os profesores Xulio Sousa (ILG-USC), María José Ginzo Villamayor (USC) e Rosa María Crujeiras Casais (USC) participan neste encontro coa comunicación "Patrones de regionalización de los apellidos en Asturias".

O obxectivo deste traballo é o modelado espacial do patrón que seguen os apelidos en Asturias. Para isto estudouse a isonimia na rexión, analizando os apelidos de 858.662 persoas (datos do padrón de 2012). O estudo levouse a cabo en dúas partes: na primeira calculáronse distintas medidas de isonimia; na segunda, identificáronse clústers de apelidos. Dos resultados obtidos pódese inferir información da poboación en Asturias relacionada con aspectos lingüísticos. Os resultados preliminares amosan semellanzas entre a rexionalización por apelidos de Asturias e as divisións dialectais propostas tradicionalmente.