GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND009

Ilustre Afonso, me mandan

TítuloIlustre Afonso, me mandan
Autordel Valle, Francisco Antonio
Data orixinaria1697
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

DE D FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE ROMANZE GALLEGO Ilustre Afonso me mandan, Que en vinte copras galegas Diga, si vos debe à Patria Mais, que vos debès à ela. Eu non sei por onde empeze Nomear vosas grandezas, Vosos feitos, vosas obras, Porque non nacin Poeta. Si fora coma vn Ovidio, Que o mamou coa teta Non figera vinte copras; Figera mais de millenta. Dubido do que farei Para sair desta enfeita, Magino roer as vñas, E bourar muy ben na testa. Por outra banda me din Que colla è barra à tranqueyra Donde Persio dis que fan De repente grans Poetas. Deixo à fonte Cabalina Quen quixer, que de la beba: Non me acordo do Parnaso, Nin soño co el siquera. Ben ou mal como souper Passarei miña carreyra; Suprico à sus Señorias Se sirvan portar pacencia. Pidolles perdón das faltas; Esto è forza me concedan, Pois para laudes da Fonso A retolica non chega. Tan pouco para escrivilas Vinte maus ca resma teña: Saiba ò mundo Don Afonso Nacistes en boa Estrela. E que sodes do funduxe Da Cidad de Compostela, Que si vnha ten por Armas, Cinco son as bosas mesmas. De Nobreza nai falar, Que vos sobra po las tellas Na bosa, labrastes Casa Para Escola de Minerva. Las escuelas se fundarõ en la casa en que naciò. Deste Emporeo, è Athenas sodes Fundador, Patron, Mecenas, Tres Colegios son os que Fundastes co as suas Becas. Vnha de color azul, As outras son de bermella, (No è razón, que aquí de Fontes) O Condado se me esqueça. Librastes duas Cidades Do trabuco que non peytan: O Rey vos fiz Arçobispo Por bosas erguidas prendas. De Santiago, è de Toledo, Honraste de sorte à terra, Que lle quedoi tal membrança Ca inda oje por vos rezan. En limosna, è cousas pias, En donaçòs, en ofrendas, En dotar as fundaçòs Empregastes bosas rendas. Vn primeiro sin segundo Fustes, si, na bosa era, E despois à acà non vejo Quen con vos corra parella. Aforremos de disputas, Ca aquí non cabe Probrema, Mayormente cando à os Astros Dominou bosa moleyra. Das susoditas premissas Saco aquesta consequenza: Logo debe à Don Afonso A Patria mais, que èl à ela. Celebren bosos recordos Doutores, Retor, Colegas, E gozaivos Pai da Patria Tres altos mais das Estrelas.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt