GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND011

Grande loita de luceiros

TítuloGrande loita de luceiros
AutorGil Taboada, José
Data orixinaria1697
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

DEL PADRE Fr. IOSEPH GIL TABOADA,Lector de Artes en el conuento de San Francisco de Salamanca. Llegò fuera de el termino de el Certamen, y por esso no se premiò en el lugar que merecia. ROMANZE GALLEGO. GRande loyta de Luceyros Ay na terra do patron Santo, que fillo do Trono Nas guerras sempre atronòu. Cinco Luceyros no menos Sopòn à vn Luceyro : Cinco à vn, è ser Galegos? No mo ò corazon. E que loytan sobre quen A quen mais alomeou. Vn contra cinco? Este si Que é Galego de naçon. O Luceyro nas armas Ven da Ciudà dos Perdòs Ven feyto vn perdòa vidas, Mais perdòa luces non. Os outros nas armas ven Do grand home que mitrou Fonte que deu mais rigueyros, Que ten gotas vn torbon. Ou luceyros (diz à Estrela, Facendo das luzes voz) Mirayme, mirayme ben, Verès quen vos arrolou. Eu vos faixey coma nenos, Queres queu non seja mor? Reparay quo voso lume Os meus peytos se criou Vos por Fonseca loytades; Home grandissimo foi, Mais seu non lle dera Estrela, Que fora dise Señor? Confesso que sodes grandes; Fonseca ò mundo pasmou; Pero seu non vos parira, Donde estuverades vos? O Gran Fonseca sacorde Do leyte que mamou: Vos calay, que por Santiago Que vos deyte à maldiçon. Calay pois, ou temei que Vos mate dun encontron, Que trago aqui prò enterro O sepulcro por quèn . Señora May (os Luceyros Din) vostede safrontou Sen causa, porque esta loyta Lla de dar mais relumbros. Dou à Fonseca Santiago Vida, Fonseca à honrou: Que è mais à honra que a vida O dixo hasta Ciceyron. Arrolouno essa Ciudà, Mais Fonseca à libertou. Pudo outra arrolalo? Si, Outro libertala? Non. Fillo, è Nay se dan o ser: Cal è mais dar entros dous? Nay o Fillo è natural: Fillo à Nay, admirazon. Nacendo o Sol da Mañàn, A Mañàn mais debe ao Sol, Que apartandolle as tinebras, Mais lle bolve que lle dou. Doulle à Ciudà ser de Fillo; Fonseca ser con aciòs: Vn natural, outro è libre: Pois què? ten comparazon? Ela o sustentou no berzo, Il escola lle fundou, Que è o sustento da alma: Pois cal sustento è millor? A honra toda dos fillos Nos Pais sempre resultou: Que mor honra da Mañàn, Que escedela ò fillo Sol? Ou Luceyros (diz à Estrela) Eu vos voto mil beyzós: Confesso queu mais lle debo; A Deus ca loyta finou.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt