GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND023

Co desexo de acordarvos

TítuloCo desexo de acordarvos
AutorCernadas y Castro, Diego Antonio
Data orixinaria1773ca
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

A la misma Señora, en lengua Gallega. DECIMAS. Co ò desexo de acordarvos, que en Galicia ò seu funduxe ten à vosa nobre fruxe, vou en Gallego à falarvos: De esto non hay que estrañarvos; antes ben, facendo gala de esta nacion, estimála, è si porque moyto dista, non à conocès de vista, conocedéa po la fala. O que n’ò meu peito pasa, decervos quixera agora, miña moy nobre Siñora Marquesa de Camarasa: Mais si ha de ser pò la tasa do meu reconocemento, non è posibre ò que intento, pois para eso, à ben ser, me facia falla tèr todo ò voso entendemento. , miña Siñora: ò meu è moi cativo, è minguado, con que non pode ò coitado dar mais do que ten de seu: Por un ninguèn me teño eu, posto n’à vosa presencia, è non me estrevo en concencia à falar, sendo un Jan-pan, con unha Siñora tan Grande, como Voselencia. Grande sòdes, è esto non soilo pò los herdamentos dos Cobos, è dos Sarmentos, que en tanta altura vos pon: Por unha è Outra razon à vos à Grandeza pasa de Ricla, è de Camarasa, è anque esta tan alto guinda, vos sòdes, Siñora, ainda mais Grande que à vosa casa. Esto è certo, porque vos, por tan xenerosa, è boa, hoxe sòdes à coròa dos vosos nobres Avòs: Por eles sabemos nos tendes estados, è rendas con regalias tremendas, mais todo esto è nimigalla, que por moito è ben que valla, non chega co’as vosas prendas. Mais de estas, que son patentes, non quero falar, porque para vos, ò oilas è coma rallarvos os dentes: Xamais tivestedes mentes de alabamentos por elas, è anque percurades telas de todos para ò proveito, sempre estades con despeito, por non poder escondelas. Mais non podès, porque ò lume, por moito que se atafegue, logo ò venta quen se achegue, anque del non vexa fume: Xa sei tendes ò costume de obrar ben con un porfundo sagredo, mais n’eso fundo, que hay de vos novas mais cheas, porque d’as vidas alleas sempre fala moito ò mundo. Eu pò lo menos de dia, è de noite, si aquí Dios me dese con quen, de vos falando sempre estaría: De eso non me fartaría, pois teria en eso groria; mais tamen cousa è notoria, que si por non poder mais, à lingoa cala, xamais está calada à mamoria. Esta decote decindo à orella me está: ¿qué fas? ¿dónde, Siñora, acharás de xenio mas nobre é lindo? de ela estás recibindo honras sin comparacion, è anque todas grandes son, à que causa mais espanto, è à de facerche canto n’ò seu nobre corazon. ¿Con qué has de pagarlle, , (si podese caber paga) ò que sendo quen è, faga conta de un tal coma ? Eu respondolle, è así: mais tamen así se à sua bondá; porque tanto favor, è tan , non m’ò fai, por quen eu , si non por ser ela ò que è. De esta maneira entre min falo de vos à calada, è din n’esta matinada, desde que en ser voso din: Moitas veces presumin decervolo, coma agora, mais como sodes Siñora tan grande, non se estreveu à musa, porque temeu à nota de faladora. Pero hoxe mais advertida conoce andòu á ó revés, porque unha expresion cortés nayde à ten por atrevida: Po lo mismo arrepentida de haber calado, hoxe fala, pois anque para excusala non faltaría disculpa, sempre que è dudosa à culpa, ò mellor è confesala. Sírvase, pois, Voselencia, de botarme à ausuluzon, pois en esta confeson descargo à miña concencia: espero esta induluxencia, que lle pido sin falacia, propondo con eficacia, como (Dios diante) cudicio vivir n’ò voso servicio, è morrer en vosa gracia.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt