GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND047_A

Pranto da frota por unha ninfa galega

TítuloPranto da frota por unha ninfa galega
AutorFeijoo y Montenegro, Benito Jerónimo
Data orixinaria1702
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Llanto de la Flota pr una Nympha Gallega. Quintillas. Pois que sempre algun Malsin tacha â miña boa ley, deyxeme chorar sin fin desgracias, con q nacin, na lengua, en q me criey. Querenme fingir culpada, en que â frota se perdeu; por que con pena dobrada ela ardia, è eu tisnada duas perdas chorey eu. O peyto ô dor me traspasa, vendo â miña sorte dura, que una vez, que tan sin tassa veu riqueza â miña cassa, veu por miña desventura. Din, q non quixen facer nada à os Ingreses q entraron; eu ben quixen parecer; mais como puden vencer à quen non ver me deyxaron? Tuveronme, âô ilos ver, pressa, donde non podia, nin pelexar, nin fuxir: si me deyxàran sair, Deus ten dito ô que seria. Non sei quen contra dereyto con sinran ben atroces me culpan; mais xa sospeyto, que aquel, q ten peor Preyto, he quen visto da mais voces. Todo ô mundo me he testigo canto chorey, è sentin, cando estava pressa en Vigo, vendo solto ô enemigo, è verme encerrada à min. Chorey â o ver à aArmada do Ingres, que havian saido, vendo de gente malvada à miña terra pissada, è â todo ô ceo ofendido. Chorei â o ver pelexar tanto Frances de importancia, que valia, â o meu ollar, cada home pr un par, anque ô par fosse de Francia. Moytos, que ali pereceron, mellor, que nos na contenda, quedaron, anque morreron; eles â vida perderon, nos â honra, è â facenda. Chorey, cando vin defora ganadas as vaterias, è ainda ô bronce de las chora, vendo perder nuna hora traballo de moytos dias. Chorey, cando vin forzada â cadèa feyta pezas: ela era ben fabricada; mas ha de ser ben dobrada porta, que garda riquezas. Mais lagrimas derramey, cando â frota se queymou: mirey, mais nada mirey, pr que ô mouto, que chorey, ambos ollos me cegou. Mirey as Naves arder, vin volto en volcan o mar, lume na agua nadar encender, homes no ayre correr, leños no fogo nadar. Todo este daño causou nun momento ô enemigo: fe de todo ahgora dou, que ô Principe me chamou, no mais que por ser testigo.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt