GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND049_1

Coloquio de vinte e catro galegos rústicos

TítuloColoquio de vinte e catro galegos rústicos
AutorSarmiento, Martín
Data orixinaria1746
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

COLOQUIO de 24 Gallegos Rusticos

No chàn que en Morràzo, chaman ôs Galêgos, Chán de Parafíta, que chega asta ô céo. Que està camiño, que vay âo Ribeiro, dendes Pontevédra â Vila do Reyno. A hum-ha Legoiña camiño dereito, fay conta que sigues ô rumbo surlesto. Se sube en relanzo por todo ô vieyro, sên muita fadíga, neîm muyto tormento. Axiña se chéga âo chán, que dixémos, e mais ê bém ancho todo ô seu terrèo. Alì corren Lebres, è cazan coèllos, os homes nas festas, dempois van vendêlos. Dea d'aaquel chán, tan alto en estremo se toda â Vila ns seus arrodèos. Se ô mar bravo, ô mar quêdo, de Ons, èdeò Tambo, as Ilhas ao Lexos. Se ven Portonòvo, è junto San Xenxo, Marin e Combarro, Lourido, e Campêlo. Se vên ò Castròve, è mais Montecèlo tamèn San Cybran è mais ô Castèlo. Do Norte está posto, ô Lindo Convento dos Frades de Lerez, que está 'nhum outeiro. Ali, donde sempre, van muytos Romeiros ào Sn Benitiño, santiño bem feito. Tamem de aquel chan se ven que estan preto os olhos da Ponte êo Burgo pequéno. Morrazo, se fora mais chan seu terrèo se vira de fronte casi todo enteiro. Porfin: ôs navios, è barcos dos pescos se ven navegare, è mais, s'estan quedos. Ôs olhos se fartan con tanto recréo, de Terra, de verde, de mar, è de céo. Ali, chán dito, subindo, ou decendo, â gente se para relouca de vêlo. S’asenta chán, ou sobre un penèdo, è tomacolle refolgo, vento mareiro. Ali, âs meniñas, âs mozas, ôs nenos, âs velhas, ôs mozos, ôs homes, ôs velhos: Què veñan, què volten, â Vila, eido, almorzan, merendan, è failles proveito: frangullas de pan, migallas de queixo, castañas mamótas, ou fruita do tempo. compran Vila por pouco diñeiro, ameixas è ostras, centòlas, crangruèjos; E mais caramuxos, que compran por centos, os berberichiños que tèm pouco prezo; Ali òs escochan, con mans, ou con ferros, ôs chuchan, ou comen, con muito soségo. Por iso aquel chan està sempre chéo de cachos mariños, estando tan lexos. Na vila ê costùme dempois qu'a coñezco, qu'ôs sabados todos do ano, e arrèo, Se faga hum Mercado, mercando e vendendo mil cousas do uso con muito comerzo: De ôlas, de potes, d'asados, Pucheiros, de pratos, cazòlas, Picheles, è Pétos: Angazos, è rodros, rebolos, è eixos, de rocas, de fusos, de trouzos, sarêlos: De polas, è polos, de Lebres, coelhos, de pitas, è ovos, de vezes son frescos. Marrâs, bacuriños, Años, è carneiros capôs, e cabritos è todo à bom prezo. Pantrìgos, Petadas, ripotes, e queixos, mel, è manteiguiñas, è fruitas do tempo. deDe liño, d'estòpa, de mantas, mantèlos, de cintas, de faixas, Manguiñas, ourêlos: Navallas, fouziñas, tixeiras, cuiltelos è vingueletiños grandes, e pequenos: Às coles con terra, se venden por centos se mide à nabiña, val muito diñeiro. Por fin, è por postre, mal è que cansemos, se vende, se merca de todo, sem termo. Asi pois un dia, do mes de setembro, que foy dezasete, Mercado, ò terceiro; Eu Marcos Portèla, do Monte-porreiro que son, mal pecado, hum probe labrego; Pasein, por ventura, ind'a ver ò crego Jazintho, que estaba en Taboadelo; Junt'a Parafita, camiño dereito, indo de Mourente, cortando ò vieiro. Cheguein â tardiña, âs catro, algo menos, ao Chan devandito, cansad', anqe ledo. Vim muito gentìo, qu estaba ali quedo, deitado na herba, comendo, e bebendo. Vim mozos, vim mozas, vim homes, vim vellos, vim muitas mulleres vim nenas, vim nenos. Hums viñan da sega, castellans enxertos, outros do Mercado, volvian eido. Por serem ôs mais, Amigos e deudos, todos de Morrazo ou do seu terreo; Asi que Chan, e sin cuidar nêlo, foy ô seu encontro, chegando a tal tempo: Jesùs! què alegria! Jesùs! què contento! Jesùs! que saùdes! Abrazos, è beixos! Sentaronse todos, campiño seco, ollando âs de vezes, â Vila en dereito. Ali merendaron grandes è pequenos, juntaron merendas, é todos comeron. Tampouco faltou para ò cumprimento, Pantrigo da Vila, viño do Ribeiro. A mim, qu'os ollaba, è estaba muy preto, por farme merzede, todos me dixeron: Ay Marcos? Compadre, Tomay hum cortèzo, è botaille dous tragos, qu'abondo aqui temos. Non fúm porfiado, què estaba sedento, comim, è bebim bastante, por certo. Dempois da merenda, eu quixem primeiro, saber dôs que viñan què novas trouxeron. Ôs numes de todos, direi, pois me lembro, sexan vint'e catro, ôs outros ós deixo. Doze segadores, qu'alà en Tolédo, segáran, ou cerca de Madril, ò mesmo Anton de Domayo, Mamed de Salcêdo, Albertos de Coyro Macias de Hermèlo. Martiño dos Cobres, Bartòlo do Teso Bieito d'Arldán Bras do Montecelo. Roque de Belúso, Bastian do Castelo, Jân de Figueirido, Mingos do Penèdo. Mais catro mulleres que foran arreo cinc'anos â sega por fazer diñeiro. Lucia d'Esculca Thereixa do Cerro. Farruca da Braña Marta dos Rexelos. Tamèn dous rapazes è amos pequenos, Xepiño da fonte, Perucho dos merlos. Duas raparigas, amas de bon geito Maruxa das Rulas, Minguiña do Rego. Os catro estiveran déz meses arreo servindo en Madril por pouco diñeiro. Xepiño tanguia ô binco d'hum cego, com elle cantaba con aire Galégo. Fazia bailare ô can por diñeiro, pedia nas ruas ò pan para ò cego. Compraba Perúcho ôs zapatos vellos, berraba, cûm saco, para recollelos. Andaba descalzo, è sempre correndo, tan probe era ò dono, tiña remendos. Maruxa servìra a hum Pasteleiro na Porta do Sole, no lado dereitoezquerdo. Diz que è muy bizarro, è gasta por cento Maruxa ajotaba as moscas do eido. Minguiña, mais nena, estaba cûm vello, fazialle à cama con mal aderezo. El fora soldado, mais era húm famento, queria a Minguiña muito por extremo. Os catro, que dixen, asi m’o dixeron, canto deles conto, eu non poño erro. Os mésmos, è todo, tiñan parentesco, criados, è nados nûm mesmo terreo. Volvians'aterra por outros vieiros, juntáranse todos, Chan, à desejo. A gente da volta do Mercado feito foi muita, foy tanta, que eu non à coñezco. catro mulleres, falaron dereito, direin os seus numes, son de Carvalledo. Andréa dea ReChouza, à neta do cego, vendira Laitugas, Comprara cranguèxos. Un feixe de toxos Thomasa d’Outeiro, vendira na Vila, compràra jorêlos. Catuxa do mato, Landres, è coellos, vendira; comprara sal, é mais pan fresco. Compràra Jouviñas Mariña, á do cego, na praza vendira gestas, con codesos As outras, que calo, alá ao seu geito, na praza, ou mercado vendiran, eu creo: leite, herba, figos, Pexégos, Vasoiras, ou bruños peras, peros. Compráran â volta, olas, ja Petos, berberichiños, peites, yja espellos. òs vint'e catro falaron arréo das cousas de novo, que estaban correndo Direi âs qu'ouvim, porein-has en versos, qu'asi os meniños podran deprendêlos. Eu non sei de copras è faltam'ò engeño, nêm fixem cantigas falar Galego. Fareim-has, pois logo, côs ringrons pequenos, enxempro das outras que cantan os nenos: Meniñas de Noya, cando van mato, Levan à merenda ao santo snan Marcos. Aìnda que sejan de pouco concerto, sejan como foren, seran ao meu geito. Heim-has de cantàre, e naquel tòn mesmo, ou Saramàgo, que nazèu no teso. Os homes xoubios diràn, eu cho creo, Marcos da Portéla relouca de vello. E iso que importa? Què temos con eso? s'èu quero folgarme, calen pòis Lavercos. Heim-has de cantare Monte porreiro, cando nas cachadas sembrarei centeo. Cando for à vila, para meu contento, verein, qu'as saudades cantando son menos. Mais no dia santo, s'ay Gaita, ou pandeiro, ali miñas copras faran seu efeuto. Cantaràm-has nenas, cantaràm-has nenos, bailaràn os mozos, os mozos solteiros. Por farme merzede, cantaràm nòs medios: Marcos da Portela, è Poetra Vello. Marcos da Portela do Monte porreiro, è vello nos anos, è Porreta neno. Agora pois vamos dizindo nos versos, què cousas falaron, què cousas dixeron: Sentados Chan, deitados nôs fentos, todos vint'e catro, dempois de bém chéos. Antòn de Domayo por home mais vello, tomou â paròla, falou ò primeiro. Què tendes, Mulleres, de novo, e de certo; Què dizen Vila? Què corre no Reyno? O ano foy boó dos fruitos colleitos? s'espera das viñas, bebamos sen prezo? O Mar deu de si, en todo este tempo, fartura de peixes, salados, ou frescos? Andréa da Chouza muller de bom quedo, por todas falou, e dixo: non creo, Que vos, qu'ora vindes da Là de Toledo non saibais as novas, qu'acà correron. A mais lastimeira, que corre ja ha tempo è qu'ò noso Rey, finou sen remedio. Na vila non dizen cousa de proveito. todos tem saùde, as Grazas à Deos. Se non que n'ha muito que alguns morreron do mal das virolasdas vexigas, mulleres, e nenos. Outros, de maleitas, que estaban tremendo sanou-hos Amorte (El Medico de Pontevedra se llama Amorte por apodo) con poucos remedios. praza, si qu'ouvo de nôvo, e de certo, muito veran, abondo de fresco. Pixotas e crongos Muges, e corvelos, Melgachos, è Melgas, Pintos, e Jorèlos. Panchozes, è xardas, Polvos, è badexos, Burazes, è sollas Escachos, e reos. Robálos è rayas, Curuxòs, è Meros, Cabalas, è barbos, è mais Bucarèos. De tranchos, muy poucos, Rodaballos, menos, Lenguados, à pote Airóas, sem termo. Catro mâns à brànca iban òs jorelos, ae très, às jouviñas, antròntree; què prezo! Muitos caramúxos, Mexillôs, cranguéxos Camarôs, pezébres, Ameixas, à centos. Mais non vos cansedes, Andrèa, por Deos, dixo; è ajudoulle Thomasa d'Outeiro. Ò Ano foy farto, ò maiz eu creo, qu'encherà os canastros tanto qu'ò centèo. O millo meúdo, è os feixons pretos, è mais ò painzo, encherán os cestos. Anqu'o liño tivo muito gorgo: è certo, non couvo nos lagos, ó liño colleito. Das coles, das berzas, dos allos, dos beldros è mais das cebolas, foy ano muy chéo. S'ollays òs Nabales, dirês, que n'inverno, avrà muitos nabos, rabizas, e grelos. As viñas prometen, estamos sem medo, qu'avra nas vendimias gran falta de cestos. Na vila traballan tantos toneleiros, qu'abouxan as ruas, con tanto golpéo. Toneles, è pipas de nôvo fan, presto: è alimpan, remendan ôs pipotes vellos. Do viño à colleita sera sen enxempro, è seica à ochaviño, pasarà ò neto. Estas son as novas embora as contemos, agora compadre containos vos prego: A morte do Rey: qu'aca non sabemos, como, è cando foy ò seu seimento. Containoslo axiña que serà vello, alà en Madril, è mais en Toledo. Anton.- Jesùs, que doudize, Thomasa; bem vejo, que teus pais, è avôs son de Carvalledo. Ti cuidas, qu'os homes da sega, volvemos vindo por Madril e entramos adrento? Non; miña querida, nòs nonche podemos falar, nin mingalla do qu'ali foi feito. Algum-ha cousiña, que ouvimos de lexos, ainda dempois, diremos, s'ay tempo. Testigos de vista os catro pequenos qu'en Madril serviron, isos podràn selo. Ay ti, Peruchiño? conta por extenso, què viche en Madril, na morte, è no enterro, Do Rey, noso Dono, dos choros, lamentos, das cousas, que logo dempois se fixeron. E ti, Maruxiña emmendalle os erros, à vèz que Perucho se esqueze do certo. Tamen ti, Minguiña pois viche o suceso, dinos ò que viche, ou torto, ou dereito. Se non te lembrares de todo, e de presto. Xepiño, que è pronto, dirà teus defeutos. Perucho.- Eu? seica vos tendes, Anton, ò desejo, de ouvirme, entre tantos, falár, como neno. Eu, mal pecadiño contar por extenso, cousas atangrandes qu'ali sucederon? Ainda se foran os zapatos vellos que merquei nas ruas, è din ao Maeso; Ainda se fora, por darvos contento, dezirvos eu, como berraba, correndo; Patuyà patuyâ, descalzo, e famento Tuyà apatuyà, ay zapatos viegos? Ainda se fora, contar, sem medo, què couzes, què croques. qu'azoutes me deron, Porque non berraba mais alto; qu'ò ceo vendise zapatos, se tiña algums vellos: Ainda se fora nimporta ò segredo, Què cousas meu dono fazia no eido; De noite, furtando, de dia, à pe quedo, aos vellos zapatos botando un remendo; A vez que non viña con mim derradeiro, na capa embrullado, ajustando ò prezo. Ainda se foran cousas de tal geito, falára por vinte, contàra por centos. Mais, cousas da corte e tanto mysteiro, Eu? quen-cho dixera, Perucho dos Merlos. O mais que eu farei, se podo fazelo, à boa compaña cumprindo o desejo; Serà, pouco, ou muito, contar, se me lembro, ô que ouvìm, de longe, ò que vim de preto. Tende conta homes, mulleres, è nenos, âs cousas, è todo, que direin; comèzo. Antes de San Joan, viran de Aranguéso ò Rey, mais à Reina, côs Reàs mancebos. Viran con saúde, estaban muy ledos, todos, Retiro, Pazo de recréo. tiñan disposto coller ò vieiro, cara à Balsaiño, à catar ò fresco; Cando, de repente, hum dia por certo, dia de mâs fadas, triste e muy funesto. A nove de Jullo do Ano que temos, âs duas da tarde pouco mais, ou menos. Ò Rey Don felipo, estando no leito, nòn sein se durmindo, nòn sein, se desperto. Pois tiña costume, dempois de algum tempo, de erguerse de noite, deitarse muy cedo. Non era malato, nem estaba enfermo; mais hum acidênte lle colleu de rezio. Deronll'hums caldiños muy quentes, de presto; tamèn matan caldos, quCando quere Deos. Deull'hum gran salouco, fixo hum gran bostezo, cand'hum-ha fechiña chegou ao gorgueiro. Ò Mon Dieu, mon Dieu, falou por extremo; quedouse en mon Dieu, morto sen remedio. Faltoulle o resollo, e mais ós menèos, sem febre, e sem dóre, se foy para o ceo. Corenta e seis anos, meses mais ou menos foy Rey das Españas è mais d’outros reinos. Por fin ja finou, Ay, Ay, que tormento! Quen cho nos dixera cousa tan sen tempo. Morreu de repente sen junta de Medicos, ainda por iso, sen sen os sagramentos. Avendo no Pazo sempre muitos cregos, devezes hum frade, ninguem foy de preto. E morto de subito el Rey: dixo presto: hum que chaman Scoti, cuido que è Marquèso. A Reina asoupada, sen folgo, na quele momento nen falou mingalla, nem fixo meneo. Non tiña consôlo, nèm podian têlo, seus fillos, è nòra, en tan triste aprèto. Foy num dia Sabado, cando todos crêmos, qu'a reina dos Anjos fay os seus mysteiros. Era muy devoto è muy rezadeiro, da Virgen da Atrocha, que lle deu ò Reyno. Por iso no Pazo ainda estan certos, qu'a Virgen Maria ò chamou ao Ceo. Nada disto vim, è vosllo confeso; Non venden no Pazo os zapàtos vellos. Ouvim-ho dezire nà quel dia mesmo. A quem, como, en donde, direim, sen rodeo. Estaba eu falando na rua do espello con outro rapaz è tamen Galego. Seu nume Inaziño, qu'andaba vendendo nas ruas Avànos grandes, e pequenos. Non cuydês, qu'Avános seica son os mesmos, côs qu'ò lume asopran nòs lares, os nenos. Non: son de papèle cumpridos d’hum prego, pregados, redondos, pintados no medio. Con estes, as Donas de pouco diñeiro, s'asopran, desbafan, se dan ò ar fresco. Este pois me dixo ò que por certo, vos teño contado, sen falta, nen erro; Qu'asim ò ouvira à Amaro Soutelo, que era da Carnota, è mais Carboeiro; A quem llo dixera Bernaldo do Bièrzo Lacayo do Pazo, Palanquín de pesos; E qu'este ò soupera d'Afonso Mouquèlo, hum dos frega-pratos, na quel Pazo mesmo. En donde, à tardiña, por mais señas desto, á Afonso llo dixo hum home, vello; Que tiña no Pazo, por vida, ò emprego, d'atizar matùlas, mudar candieiros. E que este, por postre, ouvira, qu'a hum crego, llo estaba contando hum señore quedo, Que fora presente triste suceso, no tempo dos caldos, e mais do bostezo. Marux.- Jesus! Peruchiño, que conto tan cheo, de cousas sen zelme e mais d'arrodeos! Què fan as matùlas, que fay ò mouquelo, que fay à Carnota, no caso que temos? Fai neno, ò que fás non sejas toleiro, conta tod'axiña fala mais dereito. Fala pan por pan, deixate d'algueiros, conta as cousas, que fan ao suceso. Tamen quero hoje gastar algum tempo, contand'o que vim, dezir ò que penso! Peruch.- Maruxa, Maruxa, eu seica cho nego? Eu falo o que sein, Ti fala ao teu geito. Non metas balbordo, qu'eu non som rincheiro nem teñas cabuxo, porque fun extenso. Ò caso foy grave, e pide concerto se s'à de contare a gusto, è desejo. Cala pois: prosigo; que querem sabêlo, os desta compaña, todo polos dedos. Se virades homes, dempois que souberon à morte do Rey, os Frades, è Crêgos: Soldados, e Xefes, Mulleres, e nenos, os Probes, e ricos e mais os dos gremios: Os Grandes señores, as Monxas, e vellos, e mais as das prazas qu'estan nuns cubertos: Què Gritos, què choros, què lutos, que berros; que cousas dezian, é todos gemendo: Ay, Ay, noso Rey morreu num momento. falaban, choraban, è todo à hum tempo. Con estes ouvidos, ouvim à hum cego, chorar na zanfona, con son lastimeiro. Choraba, cantaba, Jesus, Padre eterno, què presa corria à morte do Reino? E vim, que, no binco, que tangue ò pequeno, os ferros, que saltan, quedabanse quedos. Non vistes no mato, à vez qu'hum jovenco perdeu sua nay, è muytos berros? Ouvistes ò ruido, que fai con os ventos o mar da Lanzada cando esta enquieto? Vos lembra d'estrondo, que fay no inverno, o trebòm con rayos, centellas, lostrégos? E mais dos estoupos, qu'as pezas de ferro, estralan fogo, na ria, de preto? Asi, todos, todos, os sinos, a centos, qu'estan nas Igrexas, e mais nos Mosteiros. Campâs e chocallos, grandes è pequenos, fendian ò aire, queixabans'ao ceo. Fazian tal ruido, estrondo, è lamento, que nos aboujaban sen achar remedio. Dempois, non-ho vim, mais supen por certò, qu'o corpo do Rey ò lañaran presto. Sacaronlle à maga, botaronlle drento sal e mais vinagre, Allos, è mais cheiros. Porque non fedese, ò corpo algum tempo tamen llo encheronò atustullaron de muitos inguentos. Maruxa.- , , como fedes, Perucho, fedello! con conto tan podre, tan porco, e fedento. Cuidein, que poñias por caso, e enxempro, cando, por Nadal, no noso terreo, Matan, lañan, salgan, os porcos bem cheos, e fan os touziños, e mais os codelos. Peruch.- Marùxa, Marùxa, eu bem ch'entendo, que cuidas dezirme, con tal arrodéo. sein, que meu Pay, por probe en extremo, non tem pan, è porco, nem tem hum larengo. Tem muitos teu Pay? calar, è calemos, Qu'eu nunca servim con o Pasteleiro. Ti, si que podias, pôr bem ò enxempro, pois viche lañare os porcos alleos. È seica Maruxa a che deron morzillas do banco, non roxons dos cerdos. Volvamos ao conto, que faltarà tempo; è ti non m'atriques Maruxa do demo. Dempois que salgado, composto è coseito o corpo do morto puxeron num leito. Vestironll'a roupa de Rey con aseo, puxeronlle encima à coroa e o cetro. Humha carantoña, que tiña remedo, puxeron no rostro, que quedàra feo. Num-ha sala grande vestida de negro, estaba hum tabrado como Monimento. Encima pousaron, quedando no medio o escano corpo deitado en dereito. Puxeronlle fachas qu'estesen ardendo diante do corpo e mais muito encenso. Nós lados da sala, è mais alì preto, núms bôs altariños, que logo fixeron; Os cregos do Pazo, e mais outros cregos, as Misas rezaron, que chaman do Requío. Dempois en riola, chorando, è gemendo, ali foron todos fazer seus respeitos; Cregos das Igrexas, Frades dos conventos, fazendo dous ringres con cruz, e capeiro. Responsos rezaron, cantaron Mamentos, hums de Mecaspicias, outros dos de credo. Mais os dos très dumves, que son os mais serios; è Lazareados, côs de recordeiros. A Reina non pudo dobrar seu tormento, ouvíndo cantàlos, con tan tristes ecos. Mandou que os rezasen, os frades, ou cregos, que fosen chegando, todos ao seu tempo. Foy muito ò Gentio, que s'entrou á velo, ò corpo do Rey, morto, de respeito. Porque tanta gente, e con tanto apreto, non s'atofegase, se puxo remedio. Avia nas portas homes con lareiros, outros con Mosquetes, nas bocas cuitelos. Às vezes pancadas daban sen concerto, mais quèm as levaba, sahia rengendo. Con estas sinreiras, con estes golpèos, ouvo algum-has mortes, Jesus! arrenégo. Eu, mal pecadiño, como son pequeno, m'entrei por debaixo de tres cavaleiros, Catro pancadiñas os que estaban drento cand'ali me viron, me deron, mais quedo. Acheime na sala, non salin ao medio, mais acorrunchado, Estive, sem medo. Temim às pancadas temim aos repelos, è m'asoballasen tantos pês alleos. Dende ò mèu corruncho, côs ollos, que teño, vim todo ô que dixem, è mais ò que deixo. Marux.- Que deixas Perucho? quixera sabelo; que tanto falache, e fuche molesto. Barzabú te deixe, ti deixanos tempo, tem seica misura à homes tan vellos. Ainda Perùcho, qu'eu nunca cho creo, qu'entràche na sala, nem por arrodeos. Lembrate meniño, que no Pazo, e certo, nem venden, nen mercan, os Zapatos vellos. Quiçabes volviche à rua do Espello; è por Inaziño, soupiche ò suceso. Mais seja ò que fore, despenanos neno, acaba côs contos de tristuras cheos. Peruch.- Seica, Maruxiña, à do Pasteleiro, que non à das Rulas, quedache rengendo. Rengendo quedache, conto dos cerdos; donde as dan, as toman, calar, è calemos. Eu vim o que dixem, dixem, ò que è certo, acheime na sala, mais cerca, que lexos. E non me contralles, côs zapatos vellos, s'eu merco zapatos; nòn Gato, por coello. Mais hum descalzo côs ollos abertos, que vinte calzados, se todos son cegos. Tamen, porqu'o vim; sem zapatos vellos descalzo, e con ollos, como foy ò enterro. O quero contare, ainda que he cedo, escuitaimae hum pouco qu'axiña ò deixo. No dia catorze do mes e ano mesmo, que foy quinta feira se bem che me lembro. Serian as dez da noite, algo menos, fazia calore, calore do tempo. Dali do Retiro è do apousento, donde estaba ò corpo inda que non seco. Sacaronllo fora briosos mancebos pois pesaba muito côs seus aderezos. Para qu'ò levasen os frades e cregos, con muita compaña de bôs cavaleiros. A san Alifonso da Granxa, muy lexos, qu'ali el deixara no seu testamento, Que lle soterrasen dempois do enterro, juntiño da Virgen Na igrexa dos Cregos. Estando eu nos altos junto a Recoletos vim a Cavalgada è vim-ha de preto. Espallada á gente por aqueles tesos, estaba ò camiño, como hum formigueiro. Non vistes na vila, cand'ay Monimentos, qu'na sexta feira os Frades, con cregos, Sacan ò sepulcro de Christo, meu Deos, de Santo Domingo, e fan un paseo, campo das Rodas, è entran à drento na vila, è se volven, cantando muy quedo? Non vistes, diante vay un pendon negro, no chan arrastrando, è lodos collendo? Non vistes lle sigue hum tambore vello, vestido de luto, que cobre ò pelexo? E que resóa alá, como en ecos, Turùm, Tururùm. muy baixiño, è quedo? E mais qu'outro home, cûm chifre traveso, muy baixo asubía nem s'ouve de preto; Que os meniños às froyas mezendo, Turulí, Turulí lle fan ò remedo? Ansi, pois, ansi, gardando o respeito, às cousas de Christo, vos poño hum enxempro: qu'aquella noite còs ollos abertos, vim na procesion, ou chamai enterro. Diante, à cabalo, en bestas, correndo, iban muitos homes, que tiñan emprego: Para preparare pousadas, è leitos, comida, è bebida no largo vieiro. Dempois os tambores, de luto cubertos, non sein cantos iban, ou non me lembro. Como estaban roucos, con à , è pelos, e iban destemprados, muito por extremo: Faziam ruido os tamborileiros, que mais era estrondo, de Caldeiros vellos. Tamèn iban chifres, grandes è pequenos, e por destemprados, non daban contento. Como cando os ranchos roncan no cortello, è chirlan os ratos, nas noites d'inverno: Ou com'as Galiñas, pouco mais ou menos, à vez qu'estan chócas fán seus cocoréos. O mesmo chiaban aqueles punteiros, e mais côs tambores, sopraban o vento. E logo seguian soldados arreo todos à cabalo e todos bem feitos. A catro por fronte, fazian ringreiro: iban muitos catros, con seus Xefes vellos. Nas mans os soldados levaban, por certo, espadas sen vaina, que poñian medo. Pois cand'as cimbraban, con tantos menèos relumbraban muito, à modo d'espellos. E tamben trahian à traves do peito, hum cincho de coiro, ancho de dez dedos. E mais inda mais, no lado ezquerdo humha caraviña, Mosquete pequeno. Non sein abofellas se tristes, ou ledos iban, pois que todos iban con silencio. Dempois dos soldados muytos cabaleiros da Casa do Rey iban en dereito. Hums en carricoches, outros en calesos, son carros con mulas, por cima cobertos. Outros en cabalos, con ricos arréos iban tan garridos, como Gerineldos. Mais outros en bestas, ou facos Galegos, non iban tan postos, com'os Cabaleiros. E mais qu'algums deles, chorando, e gemendo, remagaridos, non tiñan ò freó. Marridos, è muchos, dempois que perderon, seu dono, seu soldo, seu profeitamento. A istos seguian com'en dous ringleiros, òs cregos à ducias, òs frades à centos. Hums iban en mulas fracas por extremo, cuido tamén elas tiñan dòr do enterro. En faquiños, outros, que nunca souperon andar à cabalo, iban, non sen medo. Iban en borricos, que chaman jumentos, Algums sacristans è Mociños nenos. Istos con camisas, os cregos de negro, os frades vestidos de côres diversos. Nas máns hum-ha facha levaban, ardendo; non vim s'amatasen, pois n'avia faltaba vento. Non vim tantos frades montados arrèo nen tantos carises, è trages diversos. Hums iban de branco è outros de preto; outros eran pardos, outros eran mestos. Hums iban ao aire, outros con sombreiro; Algums con bonetes, non sein s'eran cregos. Hums iban rapados, con pouco pelo; outros eran calvos, isos tiñan menos. Os mais, nas cabezas, levaban, eu creo, hum-has como coifas, mais era ò còr negro. Non sein recontarvos con decernimieento, de que Religions, eran todos estos. Dos frades de Lerez ningum era, certo; nem dos de Armenteira, que tamèn coñezco. Alá en Madril ay tantos conventos de frades distintos, qu'acà n'ay no Reino: Que òs seus numes, è mais seus preceutos, por tan revesados non caben nos versos. E mais cada dia se fan mais conventos de Frades, que viran d'alà de muy lexos. Poñamos por caso, è por novo enxempro, dos frades, que chaman òs Esculapeiros. Deixando pois isto, de que eu non entendo, direin hum-ha cousa. qu'ainda me lembro. Todos cantos frades iban enterro, Levaban alforxas de Làn ou de Lenzo. Diz qu'ali botáran viño, pan, è queixo, è mais empanadas, è mais hums torreznos; Eu bem vim as botas, Afellas, eu creo, nem iban buxáns, nem chéas de vento. Tamén as alforjas iban por extremo, muy ben ateigadas, de ósos non creo. Juntiño de mim estaban dous vellos òs que refungaban das cousas do enterro. Vindo tantos frades con trages diversos, de noite à cabalo è todos mancebos: Ouvim que dezian, era todo aquello humha Moxiganga das festas do requio. Eu cuido qu'os dous eran dous Herèxos, pois qu'asi fungaban das cousas do ceo. Ou qu'os dous viviran sempre mal contentos, do Rey Don Felipo, mais do seu goberno. Dáli a pouquiño, vim pasare preto ò corpo salgado cùm pano coberto. En caixa de chumbo metediño drento: à caixa metida en outra de cedro. Todo ben composto pousaba no medio d'hum-has angarillas, ou tiñan remédo. E todo cargaba este muito peso nas costas e lombos de dous machos pretos. Eran muy briosos enteiros, è rezios, hum iba diante, outro derradeiro. Se d'hum-ha liteira partides por medio a caixa, à caron: ou, que fay ó mesmo, Lla tampa rapádes tendes enxempro, com'iba o escano, qu'outros chaman féretro. Hum pano de seda muy rico e de prezo tapaba ò Escano por cima è por medio. Mais dous faroliños iban nos extremos; tanto alumiaban, qu'era húm gusto vêlos. Ou porque ò balumbo tiña muito peso: ou porque ò corpo estaba fedento. Os machos, qu'a carne cheiraban de preto, de cote orneaban, bufaban, correndo. Detrás do Difunto muitos cabaleiros viñan à cabalo: non sein seus empregos. Por fin, è por postre, seguia enterro. muyta gafuàlla, Grandes è pequenos. Era à procision tan larga, qu'eu creo, que tiña, de legoa, très cartos, è medio. Lucía tan bén, è tanto, que eu mesmo os Lumes ollaba, alá ao muy lexos. Ò Chan de Aravaca, juràra por certo, que de cag luzencùses todo estaba chéo. Con tantos faroles, fachas e facheiros, candéas, fachuzos, chamizos, cavècos; È con as foguèiras qu'ardian nos tesos, A noite era dia, ò Chan era céo. Non viche Marúxa, nas noites do inverno, andar à Estantìga polos matorreiros. A Estantíga digo, Hostea ou Com que chaman os vellos, Hóstea, ou Compaña, qu'à todos fay medo. Cando desd'a Igrexa, con muito concerto, fazen os finados hum modo de enterro. Con muytas candeas, con muyto silencio; qu'a campaiña, sòa rouco, è quedo. E que catro levan hum escano aberto, è nel, finado, ò que està enfermo? Asi pois, grande juntando ò pequeno; poño à comparanza, que sirva d'enxempro. Marùx.- Collizos na boca, Perucho dos Merlos che den; pois que tanto falache do enterro. Jesus! que sangual, Jesus! que fedello, non vim tan xoubìo, nen tan vagaxeiro. Cuiden, qu'à Raposa de Morrazo, sendo à outra Estantiga do noso terreo: A puñas por caso, e mais por enxempro, das duas compañas do morto, e do enfermo. A Besta ferrada; ò Orco; e Carneiro de Santa Maria, como che esquezeron? Pudiche asemade, contar, è ben presto en sete palabras todo ò teu suceso Dezindo, qu'o Rey morréu, sen ser vello: que en San Alifonso se fixo o enterro: A viva compaña non foras molesto; A mim me deixaras, mais cachos de tempo. Ja sabemos todos meniñas e nenos, qu'cand'ay finado, ay choros, lamentos. Tamén ay Pantrigo, tamèn ay carneiro, s'ay Misa de Enfuntos, ay ola no eido. Por iso se dixo, que, con pan, son menos os choros, è dôres, nos enterramentos lutos è enterros. Perùch.- Muy parva, e sandía me vas parezendo, Maruxa das Rulas. nos teus argumentos. Ten siso Maruxa, olla: tèn por certo, qu'a morte d'hum Rey, è morte por cento. Asi pois Maruxa non me estes rengendo, porque cousas grandes, contein por extenso. Camaña à desgraza foy nùm momento, tamaña a saudade foy en todo o Reyno. Pois que? s'eu dixera, o tristes, e tenros, que muitos andaban còs brazos no seo. Tan desmacelados qu'as bagoas do peito por têr poucos ollos coallabanse drento. Chorey muy de veras, por no ser eu menos, à morte de un Rey que tanto quixemos. Ainda qu'agora me lembro, e remembro: as bagoas a r meus ollos choray, as bagoas, a regos. Marux.- Non chóres meniño, non chóres, quedo: enxúgate as bágoas, cûm trago èhum cortezo. Mais val, chóra cricas, beber neste tempo, â barba regada; que choràr à regos. Deixémos tristúras, deixémos enterros. Contareinvos, homes, cousas ao meu geito S'o Rey Don Felipo morreu, como ê certo, eu tamen chorein, mais non me lembro. Pois que deixòu tantos heredeiros, que faràn seu nume lustroso è perpetuo: Fillos, e mais fillas, è netas, è genros è noras, è todo, è todos mancebos: As nosas saudades, ò noso tormento as nosas tristuras sejan algo menos, Cataì, qu'ò seu fillo Don Fernando Sexto, como Irê forzoso governa ò Reyno. Ê Principe bôo, santiño, è bem feito, ten bóas costumes, è bôs pensamentos. Ê muy virtudoso do seu Pay enxempro, Catholico en todo, è Justo nos feitos. Pois sua Mollere! deixemonos deso: por non querer mais, fartouse ò desejo. Filla de Don Joan, neta de Don Pedro, imagen da nay, querida de Deos: Doña Barbuliña, brinquiño en extremo. Rosa Portuguesa, collida no ceo. E muito devota do Gran sagramento; direinvos hum caso, qu'aínda està fresco. Dia de Santa Ana, à Nay, que creemos, da Virgen Maria, à Madre de Deos: Ali à tardiña, baixando ao pasèo do rio, que chaman, Manzanares, seco. Achouse na rua, sen pensare nèlo à Reina; mais cando ouvíu, que de preto, Hum-ha campaiña soaba en concerto, catòu, que pasaba ò Gran Sagramento. Hum Frade de Lerez, Prior do Mosteiro do Santo San Marcos, qu'ê hum dos Anexos Da gran Feigresía, qu'ali san Bieito ten en Sn. Martiño, muy rico Convento: Por señas, se chama, qu'eu ben ò coñezco, Padre fray Antonio, frade, por certo. Este pois, Levaba, è iba correndo ò santo Viatigo ultimo remedio, A hum, que non sein, s'enferma, ous'enfermo; mais sein, qu'o perigro daba pouco tempo. Enton, nosa dona deceuse, à quedo, do seu carricoche è mais as de drento. Servindo ao Señore da Terra, è do Ceo seguiu-ho à Reina à , è sen medo. Chegou asta à casa da enferma, ou enfermo, subìu pola esqueira, chantouse alà drento. Estivo devota, rezando alì preto, mentres comungaba quèn eestaba no leito. Deulle bôs consólos, è santos consêllos, que dise por todo as grazas à Deos. Deulle muitos cartos, que fosen remedio das suas doenzas, è mais para ò Medico. Dempois, santissimo à casa benzendo, volveuse ò Priore, para ò seu Mostéiro. A Reina seguiulle à paso dereito, chegaron à Igrexa qu'ainda era lexos. Chegaron, entraron, subiron, puxeron na ara do altare ò santo Misterio. Mentres qu'o Priore fazia ò encerro botando à benzon con muitos meneos: Os Monxes cantaban è mais algums cregos, muitas Pangoliñas, muitos Tantonelgos. A Reina, que è Donzellas, estaban muy preto postas de gionllos rezando, ofrezendo. Anque de repente foy todo ò suceso, juntouse a purrilla gentio, num credo. As ruas qu'atallan, as que van dereito, as prazas, à Igrexa, Janèlas dos eidos, Fervian de mozas, de homes, de nenos de grandes señores de Frades, é cregos. Todos por enchére seu contentamento de vèr Reina nova, a è correndo. Ou por imitala, ou por seu respeito, ou pola servire, ou por non ser menos. As Damas, ou Ducas, s'entraban, sen medo, no lodo, è na lama, que estaban no medio. Acabado todo, à Reina, por premio, parouse na Igrexa, hum pouco de tempo. Beixaronlle as mans os Monxes primeiro, è mais todos cantos poderon fazêlo. Sahiu de San Marcos, meteuse de presto, no seu carricoche, colleu seu vieiro. A vozes, os homes, as mozas, à berros, e mais todos juntos, enton lle dixeron: Viva: viva: viva: por siglos eternos, viva nuestra Reyna, con Fernando Sexto. Peruch.- Mâs fadas te faden, Marùxa; què cedo, te esquèzes de ti, è mais dos meus erros. Ouvim ao meu Pay dezir qu'ò suceso que contas, da Reina, ja era dos vellos. Qu'ela, e mais seu home fixeran ò mesmo, e mais os seus sogros alà noutro tempo Por iso, se foy devòta no tempro, fixo ò que debia, è outros fixeron. Mais ti, teu conto nojoso è molesto fixeche ò que en mim culpache primeiro. Dezindo qu'a Reina foy sagramento, contabas teu conto, sen mais arrodeos. Marùx.- Ben falas Perucho anqu'algo rengendo, semellas ao mico, que està rabuxento. Mais porque non tornes à ser mais fedello, escuitame hum pouco Perucho dos Merlos. Teus contos son tristes, os meus son muy ledos è mais abofellas, de gaita è pandeiro. Vagar piden istos, poñamos enxempro cando s'acramòu, Rey, Fernando Sexto. Non sotrenarein mingalla de Tempo; as guerlas s'afogan con tanto marèo. Ben ê que estes Homes, calados, e quedos, teñan seu lezére, de falare presto. E pois qu'en Madril estoutros dous nenos s'acharon testigos, que falen primeiro. Minguiña, Ay Minguiña, Minguiña do Rego, Minguiña, ti ôs? mais levech'o deño. Ming.- Si ouzo, Maruxa, que queres? s'ao tempo que ti me chamabas con tanto vocèo; Eu estaba espirrando espirros arrèo, côs ollos, è nocas ollando no ceo, Ch'avia de ouvire? Jesus! non che quero, è mais non che podo: Agora falémos. Què queres Maruxa eu seica ch'entendo, que cuidas, que conte ô que vim de certo. Marux.- Minguiña, e verdade; que cuido iso mesmo. quero, que contes aquele festexo, Que na acramazòn de Fernando Sexto, se fixo en Madril, è viche de preto. Ming.- Jesus, Maruxiña, reloucas? eu creo pois ti muito mandas, que non sein fazèlo. Aquela festiña foy festa sen termo: eu, mal pecadiño, mui pouco me lembro, Do mesmo que vim, anque vim de preto; tantas cousas foron as qu'ali fixeron. O Dono, que tiña, seica por ser vello, tomaba cabuxo, à vez que eido Eu saìa as ruas ou grandes pasèos, que chaman Trapillo e ay re os Galans mancebos. A istos semellan no noso terréo, Romages, è feiras, con gaita, e pandeiro. Non vistes en Jullo, à gente, sen termo, qu'à san Benitiño, acode de lexos? Pois iso ê Trapillo alá; mais entendo, que mais entendia ò meu Dono vello. Ainda por tal, me daba consellos, que sempre fugisse d'ollos lambisqueiros. No dia da festa me deu privilexo d'andar polas ruas, solta, è sen rezèo. Mais deume dous cartos, pareze qu'os vejo: comprein na Tafona, hum pan fariñento. Eu tiña na hucha hum como mantèlo, è hums zapatiños, que foran vellos. Vestinme, calzeime, mireime à hum espello, è asi garridiña saìn ao paséo. Funme de contado con ganas de velo, junto do Retiro, abaixo, no rego. O rego que corta junto Recoletos, ò ancho camiño de Alcala dereito Da banda dalà do mesmo regueiro, ali caladiña me sentei, comendo: Mentres que chegaba ò grande pasèo, ou à Cavalgada, que viña presto. Ali à vim toda, sen ningum tropezo; dempois me metim no Retiro à tempo. Homes cachapùdos, ouvistes o feito; ouvid ò que vim, ò que vim de preto. Dèz foran d'Agosto cand'à san Lourenzo turraron nas trenlles os homes, ou Demos; Aquel Gran santiño, rostrido torrezno, Esturro da Igrexa touziño do Ceo. Num-ha corta feira, se fixo ò festexo as cinco de tarde cando ò sol foy menos Na casa, que chaman, do Ajuntamento, Casa de La Villa, por nume diverso: Alì se juntaron os mais cabaleiros, para à Cavalgada, è outros sugetos. D'ali formados saìron muy presto, dalì comezòu ò grande pasèo. Pola Pratarìa, con muito concerto, meteuse, è muy logo, chegòu ao estreito, Que chaman da Porta, dista bén me lembro, de Guadalagàra, que fay dous vieiros: Hum vay para à Praza, ao lado dereito: ò outro que toma polo lado ezquerdo; E deixa â ezquerda à Casa, ou Colexo d'algums Teatinos, que son Profesos; A calle Mayòre, fay todo dereito, e vay à enfrentare con oel Buèn Suceso. Por ista, pois, rua pasou ò pasèo, ruàndo, chegou, *ruàndo embora, a tempo, À Porta do Sole, qu'ali, outro estreito se fay, como dixen, è fay dous vieiros. Ben sein que Marùxa se está relamendo, agora qu'à Porta do Sole lle membro. Pois ali juntiño, no lado dereito, vivia ò seu dono qu'era Pasteleiro. Non por aquel lado, senon polo ezquerdo, foy â Cavalgada, guiòu ò pasèo. Este lado pois muy largo, sen termo, fay à rua grande, ancha por extremo, Qu'ali chaman todos, grandes, è pequenos, Calle de Alcala; da fonte dos berros. Por postre chegou ò dito paseo, a donde eu ò vim, no dito regueiro. Hums cum-has trompetas retortas no medio, acà non ay disas, nin lles acho enxempro. Istos aboujando ò Ar, è ô vento, diante de todos viñan à pe quedo. Non vistes hum corno d'hum grande carneiro muy entortillado, que fay arrodeos; Ou hum lubigante qu'ê grande cranguexo: ou hum grande boiso caramuxo, Caramùxo do Bois, qu'aca temos: Cando polos cotos, os Mozos, ou nenos, para aturuxare, ou chamar os cerdos; Os sopran con forza, è sóan tan rezio, qu'à quem non ò sabe lle pón muito medo? Ouvistes na gaita, ò son peidorreiro, que funga ò roncon s'ò fole està cheo? Ou cando na vila, ò trasgo fazendo, berran os rapazes nos toneles vellos? Asi orneaban pouco mais, ou menos, aquelas trompetas, que viran primeiro. Chaman Cornocachos, según me dixeron, è tiñan as bocas mais anchas qu'hum cesto. A estas tamen, ruido metendo mais alto, hums Crarìns, levaban no medio. Todos à cabalo aboujando o ceo, inchaban as froyas parezian Demos. Tamén viña, entr'eles, un rapaz ben feito, que tiña na besta, dous novos caldeiros Non sein se de cobre non sein se de ferro, e tiñan por cima dous gordos pelexos. Pescudein seu nume, Ali me dixeron, qu'e anque, Attabales, timbales, ê ò certo. S'à humha nlaranxa fendedes por medio, tendes timbàles, anque mais pequenos. Sobre do pescozo do faquiño preto, como à cachapernas, ou como dous terzos, Iban pendurados diante do neno; serian Alforjas, indo derradeiro. Tantas xerigonzas, è tantos menéos, fazìa ò rapaz nos ditos caldeiros; Cando, por de vezes, con dous paus, ou cepos, lles daba pancadas, zurrando os pelejos; Que cuidein jugaba, como fan os nenos, áo lipe cañòto nas ruas, correndo. Non vistes nas eiras, mallando ò centèo què estrondo que fan, dous mallos, batendo? Que à vezes se empinan con muitos rodéos, qu'a vezes s'encollen, è dan sempre arrèo? Pois ese ruido, fazi fazían os cepos, esas xerigonzas, fazia ò neno. Dempois, viñan vindo, hums, como sargentos, vestidos d'azule, à , è muy quedo, Son homes muy altos, son homes bén feitos, as mangas è medias eran de vermello Tiñan na cabeza hum rico sombreiro, nas mans tiñan gantes, muy brancos por certo. Traian mán un pau muy dereito, ferrado na punta con cortes de ferro. Chaman Alabarda à este estromento; à eles lles chaman os Alabardeiros. Logo, nuns faquiños falsos, de mal pelo, qu'ali chaman todos cabalos Galégos; Cargados de Alxoúxeres, de cintas, è ourèlos de trenzas, colgando, è d'outros arréos; Pôstos en crequénas os pès nos estrèbos, viñan os que chaman Corchetes do Demo. Istos, por mal núme, alcuña, ou desprezo, se chaman alà Los Alguazilegos. Todos viñan juntos, vestidos de negro, con suas golillas, que poñían medo. Hum-ha cabeleira postiza, os mesmos, cabeza tiñan, encima hum sombreiro. Très cerros de liño juntos en dereito, ainda eran poucos, para aquel cabelo. Humha verdasquiña, viorto ou vencello, levaban nas mans, como òs Arrieirosocheiros. Vara da Justiza, chaman; eu-ha crèo vara d'arreare os facos Galegos. Seguianse logo con muito concerto, os Grandes de España Señores do Reino. Viñan à cabalo, daba gusto velos, tan ricos de joyas, è mais aderezos. De ouro, è de prata todos iban chéos, asi seus vestidos, com'os seus sombreiros. Valia ò qu'algums levaban no freo mais que val Morrazo de extremo à extremo. E mais misturados outros cabaleiros con eles marchaban con muito respeito. Non sei nomealos pois non os coñezco. nen hums, nen os outros qu'iban no pasèo. Hums, diz qu'eran condes, è outros Marquesos, outros eran Duques, non sein s’ê ò mesmo. Mais todos, garridos ben postos, è feitos, cariñas de risa levaban por certo. Dempois viñan catro, que chaman Mazeiros, homes muy forzùdos, è muy corpulentos. Cûm-has cachiporras, de prata eu creo, douradas, aos hombros, cal van ôs Gaiteiros. Cum-has roupas largas de color vermello, qu'âs bestas cubrian cal foran arrèos. Na cabeza tiñan hums, como Mouquèlos con muitos vidriños, seic’eran espellos Non vistes Vila, ò ano postreiro, nao festa dia deo Corpos festiña de Deos: Aqueles Gigantes, que van derradeiros Coca e da Náo, è fan novo gremio? Botailles as porras aos hombros, vos prego, sabredes que digo, catay-hos Mazeiros. Sempre van diante da Vila, è por eso seguiase â vila Ajuntamento. Muytos Regidores en cabalos pretos, con novos vestidos ou brancos, ou negros. Logo catro viñan señores ben feitos que con seus ropages me puxeron medo. Non vistes na Igrexa, à vez que tres cregos, cantan hum-ha Misa, con gaita, è con credo, E que todos tres nûm altare mesmo fan as cirimoñas, Preste no medio? Aquelas roupiñas, anchos vestimentos, que tên òs dos lados, nos lados abertos; è que se semellan sin pôr mais, nen menos, à aquela casàca, que ten san Lourenzo? Asi pois, dos catro éran, bén me lembro, os anchos vestidos; senon, que no medio, Diante, è detràs, na espalda, è no peito, levaban cruziñas, è cans, è castélos. Dixeron se chaman Reys d'Armas; entendo, qu'asi se chamáron, por ser pregoeiros, Das Guerras, e Pazes; è mais, tên dereito de dar aos Fidalgos, as Armas de certo. Nûm cabalo grande viña derradeiro entre outros señores hum Grande-pequéno Era tan meniño, que, anque iba dereito, súa cariña se ollaba de lexos. Vistes num-ha estampa, que ê do Sagramento, algums Angeliños, que ali estan facendo. Postos de gionllos, as mans en dereito, mesuras devotas ao santo Mysteiro? E que arrededore da Hostia do medio, ay muitas cariñas con alas; è creo, Que as tên por sinal de nunca estar quedos, è que sempre vôan en torno de Deos; Como à borboleta que fay seus rodeos, en torno do lume, voando è correndo? De isto que ê pintado, dareinvos enxempro, Festa do Corpos, vivo è verdadeiro. Non vistes às Penlas meniños ben feitos, sarafins de cara, con rico aderezo: E que van erguidos como cabaleiros sobre das cabezas de hums homes lavercos? Que Procesion, jamais estàn quedos, oras, bailando, oras, correndo: Que cando na Praza pousa ò Sagramento; Lle fan mil mesuras andando en rodéo: Mesuras devotas coquiños de nenos, mimiños dos Anjos, meiguízes do Ceo? Asi pois ò Grande meniño pequeno, vos parezeria Penla do pasèo: Penliña da festa, perliña do Reino, cariña de Anjo, sarafin dos nenos. Levaba na mán, è mais no estribeiro, hum-ha bandeiriña, con cruzes medio. Cuidein, cando ô vim, con ela, è pequeno; que era hum San-Joaniño, seu Agnus Deo. Conde de Altamira, ouvim, que era ò neno, dos Grandes de España, ò Grande Galêgo. E diz, quelle atañe, por seus Priviléxos, Pubricar òs Reis, cando entran no reino. Porque este meniño non caìse presto, iban aos seus lados, dous homes muy preto. Por fin è por postre de todo ò pasèo, viña tanta gente, qu'e era hum contento. E ò que dixem ben sabe qu'ê certo, Xepiño da Fonte, què nôn era lexos. Xepiño.- Què lexos, nen corno, Minguiña do Rego, ou según falache, Minguiña do Demo. Que nos salupiche, con tantos enredos, con tantas belermas è tantos enxempros. Eu seica si, vim, que iban no pasèo, trompetas, tambores, è mais Albardeiros: Señores montados, Mazeiros ò mesmo, e mais Regidores, côs catro Armeiros; E que viña à postre, à cabalo un neno, que viña caìndo, è que o viñan tendo. Mais eu non vinachein nen Penlas nen Penlos. nem tampouco gaitas, nen Gigantes feos. Nen homes mallando, nen jugando nenos, nen Misas de tres, que dixesen crègos. Gentìo? Si, muito. Que temos con eso? Cand'ay aforcado, non sucede ò mesmo? Sempre estas Mulleres contan por rodeos, fian por alfergas e falan por cestos. Ming.- Catai-vos Marúxa, Catai qu'aqui temos outro Peruchiño, Xepiño, dos Merlos. Nã-nay! Quen-che fala! ollay-vos ò neno. zafado e sargoso, criado de hum cego. E ti, para mim, quên es? Rabuxento, euSe sirvo à hum soldado, non lle tango os ferros. Ti si, qu'o que cantas con teu dono ò cego, ao son da zamfona, cantas por rodéos. E mais ti repites sen porta no medio, hum-ha mesma cousa pcèn vezes arréo. Dime, cántas vezes, mandandoche o cego, fich fixeche saltare por pan, ou dineiro, Hum mesmo canciño, no binco dos ferros, è con el bailabas fazendo ò fedello? Xep.- Ay, Ay,! do soldado non tangues os ferros: mais el que che tangue, Minguiña do Rego? Ay, Ay! seica, seica, che tangue o pandeiro, cando non fugires de ollos lambisqueiros. Deixèmos òs contos, que non son do tempo: Minguiña, prosigue, prosigue ao teu geito. Còntanos axiña ô que mais fixeron, aqueles confrades de aquel gran pasèo. Ming.- Se non me atricases estivera feito, pois eu ben fiaba ò conto por dedos Mais todos os homes queren, sabemos, falar, por alfergas, atricar, por cestos. Asi pois, prosigo, no conto primeiro; non me azoroñèdes, pois non falta tempo. Ali no Retiro, estaba no medio do grande curral hum tabrado feito. El iba à entestare balcon de ferro, das rejas douradas, ou paus amarèlos No balcon juntiños, sentados è quedos estaban òs Reis con caras de ceo. Nos outros balcons, èstaba de crego, ò Cardealiño de crego vermello. e mais sua Irmàn estaba ali preto Dona Fernandiña garrida por certo.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt