GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND049_2

Coloquio de vinte e catro galegos rústicos

TítuloColoquio de vinte e catro galegos rústicos
AutorSarmiento, Martín
Data orixinaria1746
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Estaba tamèn no balcon ezquerdo, à Infanta de Franza, que estaba fazendo, Mimiños à filla, que estaba ali, creo, pois eu non à vim, asi me ò dixeron. Marqueses, è Duques, Condes, Cavaleiros, è mais Milicianos, Señoras, è Cregos; Todos, e mais outros, seica foron cento postos nas Janèlas Fiéstras estaban dereitos. Lembraivos, que dixem, alá no comenzo, que ali no Retiro me metira à tempo. Pola porta falsa que mira en dereito, entesta, è enfronta con òs Recoletos, Entrou no Retiro, anque con apreto, Toda à Cavalgada, con sol, è con tempo. Chegou ao Curral, meteuse ali drento, fixeron, aos Reis, todos, seus respeitos. Subeuse ao Tabrado ò Grande Galego, coel os Reis de Armas, è mais os Mazeiros Aqueles, à vozes, tres vezes dixeron, Oid; atended: silencio; silencio: Dempois, o Meniño, ou Conde pequeno, como hum paxariño, fazendo pucheiros, Câtilla, Câtilla, por Felnando Sêto; Câtilla, Câtilla, por Felnando Sêto. Dixo: è brandeóu, con lindos meneos, sua bandeiriña tres vezes ao Ceo, Enton toda à Gente que avia à milleiros, dixo, Viva: Viva, Don Fernando Sexto. Viva, Viva, Viva, mil vezes dixeron, botando no aire capas, è sombreiros Viva nuestro Rey, Don Fernando Sexto; Viva con la Reina por siglos eternos. Tanto que cuidein, que, con tantos berros, que me aturuxaban porque entrein à drento. Eu tamen quixera botar meu mantelo ao ayre, se fora cousa d’algum prezo. Estiven cerquiña, do tabrado mesmo, asi non vos conto, senon ò que ê certo Como son criada d'hum soldado vello, os outros soldados non me puñan medo. Dempois ali encima, no tabrado mesmo, hum home panzudo, vestido de negro, Con grande Golilla, que, según me lembro, è aquel propio, que iba no pasèo, Ben posto, à cabalo, Ajuntamento; è dos Regidores, cerrando os ringreiros: Este pois, en , sacòu d'hum talego muitos tarinciños à puñados cheos. Botou-os à gente, rapazes, e nenos Mulleres, è mozos, mozas, è labregos. Non vistes na vila, à vez que ay batèo d'hum rico meniño, è mais, s’ê primeiro, Botar à apañota, no Alpendre do tempro, puñados de cartos aos cañons, è nenos? Acà son chaviños; ali foron, certo, Moédas de prata, è de ouro amarèlo. O que às espallaba se iba volvendo oras, à hum lado, oras, à outro vento. Algums raparigos moquetes colleron, è outros pancadas, nada do talègo. Muitos aparaban à capa, ou sombreiro: collían no ayre, bastante diñeiro. Na abada, as mulleres, no manto, ou mantelo, tamen de Moedas, algum-has colleron. Eu, mal pecadiño, estaba temendo, que me asoballasen sen ningum remedio, Os da gafuàlla cañons, è lavercos, que daban moquetes, couzes, è golpeós. Asi, jamais quixen, por coller diñeiro, baixarme, as pancadas, que lles tiña medo. Estaba eu mirando. côs ollos ao cèo, cando vim vir vindo, voltiñas fazendo, No ayre, hum-ha cousa tarin, que viña en dereito, hum golpe peque à darme na fronte hum golpe pequeno. Cuidein, que era prata, mais era amarelo; cuidein, que era ouro, pMais, pensando nesto; Chegou, è pegoume neste sobrecello; saltou as perfebas, às nocas, è ào queixo; Dalì escurrindo, no colo, e no seo, caìunme na abada; Jesus! que contento. Collin-homirein-ho, collin-ho, gardein-ho, è teño; ollay-vos aquí; catai-vos; què sello! Xepiño.- Vejàmos Minguiña: Ay! tan amarélo! ay que garridiño! ê de ouro por certo. Eu vim dobrons, dobron tan pequeno jamais; seica creo cuido que val ten vinte reas muito prezo. E mais ê de aquelles, que se fixeron, dobronciños novos, non fay muito tempo. Quero de corrida leer, do rodéo as letras, que tên; que eu ben as entendo: Fergiña dusví: si dize, por certo; fergiña dusvi; que eu bén as entendo. Ming.- Xepiño, reloucas? nos non che entendemos; fergiña dusvì? que fay para ò sello? Alfergas ou forxas Alforjxas, ou cestos, mais esas fergiñas, que fan no letreiro? Deixa: non prosigas, en leer èse sello; iras para a Escola, dempois ò veremos. Bota acà, rapáz, non r perdelo non quero, ò meu garridiño, o meu amarelo. Inda que non sein leer o letreiro, dirà en latin Ferriñandu Seixo. E lembrate agora, se, como che entendo, por alfergas fio, por fergiñas leo. Se val vinte râs muitos cartos, è cho dixo ò cego, comprarein na vila, cousas à desèjo, Corpiño, manguiñas, cintiñas, ourèlos, è mais hum-ha coifa, è mas hum espello. Mentres, non me atriques Xepiño; quedo. Volvamos ao conto, que falta o postreiro. Dempois de acabados aqueles vocèos, toda à cavalgada fazendo respeitos, Aôs Reis, è misuras; con muito concerto saìu do curràl anque con apreto, Por aquela porta do lado ezquerdo, por donde, de abaixo resopran òs ventos Por aquela rua tomou en dereito â Praza mayore, ben largo vieiro. Alì todos juntos fixeron ò mesmo, que alà no Retiro fixeran primeiro. Dali, póla rua, que vay ao convento, que ê de San Martiño, de Monxes Bieitos: Chegòu, de noite, ò dito Paseo à hum-ha praziña, que està ali, no medio, Aós pès da Igrexa, que ao seu lado ezquerdo, ten â das Descalzas Monxiñas de Deos. A pubricazòn se fixo ali, presto, con luzes, e fachas è muitos facheiros. Por brèas distintas, que me esquezeron, chegaron à Praza do Ajuntamento. Ali, por remáte, ò Conde, côs mesmos, tamèn acramou Don Fernando Sexto. E isto acabado, e mais ò paséo, tamèn tuvo fin Todo aquel festejo. O conde meniño volveu para ò eido, è foron con ele muitos cabaleiros. estaba disposto hum grande refresco, casa do Conde, à mais de trescentos. Ali non entrein, porque me dixeron, que daban pancadas sen ley, nen concerto. Mais outro dia, húm, que se achóu drentroo, me dixo mil cousas de aquele refresco. Era hum raparigo vasallo è Galego, do Conde, è que estaba servindo Eido. Dixo, que os confites se daban por cestos, è que as rosquilliñas se daban à centos. Os biscoitos largos brancos e amarelos, se daban por feixes è monllos enteiros. Dòs òvos fiados con muitos nobêlos, andaban por ducías, seus pratos bén cheos. Hums bolos tan grandes como hum pan de mesto; que eran de fariña, de trigo escolleito, Con leite amasados, sen ningun formento; con ovos mexidos, por sal, zucre-petro; Estes ditos bolos, que eran amarelos, andaban en redonda torno, en rebandas feitos. Nùms valdes muy anchos, anque muy ligeiros, que eran de cortiza, embreados drento, Estaban hums jarros, olas, ou pucheiros, Garrafas, ou cantaros sellas, frascos, ou botejos. Picheles, ou cántaros, non sein cales delos; sein quee eran todos, poucos mais ou menos, De vidrio, ou de prata; è que estaban cheos, de agoas con zucre, è mais outros cheiros. Daquelas bebian todos os trescentos à barba regada netos, è mais netos. Dòs viños, que daban, è que eran diversos, eu entendo pouco, asi non falémos. Dixo aquel rapaz, que non era menos, ò Viño, que a Agoa; que era mais, eu creo. Mais se ò viño Quente, todos non beberon, con mel, è manteiga, foy frio ò refresco. Inda que tomaron, muy quente e fervendo, muito chicolate, con sopas no medio. E tamén estaban os bufétes chéos de lenguas, chourizos, perniles, codélos: De lacôs, cachuchas, foziños, de cerdo; nums pratos muy anchos, è todo friento. E mais muitas tartas, que seica as fixeron as Monxas, andaban abondo, por certo. Pantrigos, è roscas, ripotes, è queixos, à dalles cûm pau, rodaban no eido, Por fin, me canso, e mais non me lembro, de tanta merenda de tanto festéxo. Maruxa das Rulas, ti que tes mais peito, cóntanos embora, aquêlo, que deixo. Marux.- Deixache ó millore, Minguiña do Rego, da aqueles bocados, que ouvo no refresco. Con estes olliños, vim que o pasteleiro meu dono fixera mil cousas de prezo, Por orden que tiña, do Conde pequeno; ou seica do frade, que ten seu goberno. Tantas donosuras, è modos diversos, fixo, de pasteles, que todos dixeron, Na casa do conde, que nen tan ben feitos, nen tantos, os viran jamais, nalgum tempo. Hum pastelon tiña de rodéo mais que tên as rodas, de hum carro, sen eixo. Mais que pasou todo aquel refresco, è que Minguiña ò contou extenso. Vamos adiante, deixemonos d'esto pois ainda falta algo do festejo: Às déz, pouco mais, da noite, no teso, que enfronta ao Retiro, queimouse ò Castelo, Que estaba ateigado, è cheò, è rechéo de muitos foguetes, grandes, è pequenos, De bombas, de rodas, e mais de rastreiros, de algums vuscapès, è de outros engeños. Con tantos estoupos, è estràlos no céo, con tantos foguetes, è fogos diversos; Cuidein, eu ò vim, ser cousa do Inferno, con rayos, centellas, treboms, è lostrègos. Duròu à festiña do dito castelo, anque foy de presa, muy bastante tempo. A gente foy muita, toda con contento, à mais espallada naqueles outeiros. Ouvo luminarias, tres noites arrèo, fogueiras nas prazas, faroles nos tempros. Os fachos das costas non lles ten remedo, ò sol, cô à luna non se botou menos. Por todas às rúas, cantando, è tanguendo, andaban as mozas, meniñas, è nenos. Cantaban decires, cantiñas, è versos, tocaban violas, gaitas frautas è pandeiros. Vim hums pandeiriños, que ali me dixeron que eran cousa nova, nova naquel tempo. Eu tampouco òs vim, acà, nem me lembro; direin de que sorte son aqueles feitos. Se à hum-ha peneira de haro pequeño, lle botais hum rabo, tendes enxempro. que de hum-ha costa, non teña pelexo, è teña as ferreñas metidas adrento. Ou para expricarme aca meu geito, son ferreñas grandes, con rabo, è hum pelexo. Toman pòlo rabo, côs dedos ezquerdos, aquel pandeiriño, danlle côs dereitos. Ouvo foliadas nas ruas, nos eidos, todo era festiña, todo era contento. Bailaban as mozas âo son do pandeiro, con elas bailaban os mozos manzèbos. Andaban as turras è mais aos trebellos, os parvos sandíos, meniñas è nenos. Hums con asubíos, outros con punteiros, outros con discantes, outros con Rabèlos. Con Gaita e tambor andaban Galegos, con binco è zanfona, andaban os cegos. Todos reloucaban mozos, vellos; pobres, ricos, frades, cregos. Todos Viva, Viva, berraban à berros, Viva Don Fernando nuéstro Rey excelso. Como tantas ruas se juntan, no medio da Porta do Sole, è fan hum campêlo Alì foliadas avia por centos, mais que en outras prazas, è con mais trebêllos. Meu dono, que mora no lado dereito ezquerdo fixo mais louquízes, fixo mais extremos. De gozo, que todos; por ser ò festejo, en groria do Rey Dn. Fernando Sexto. Elle tan bizarro, anque è Pasteleiro, que dobrons a pote gastou sen recèo. Hum-ha foliada de todo estromento, de sopro, è de corda, è mais de golpèo, Na porta da casa tiña, con respeito: pagaballe soldo, soldo non pequeno. Deu mais de millenta, de valde, è sen prezo, pasteles de à carto à nenas, è nenos. De peixes frixìdos, pantrigo, è torreznos, biscoitos, è viño, è cousas de cerdo! Avia fartura, nada por diñeiro, comian, bebian, os homes famelgos. Jesus! què lambazes, lambons, lambazeiros, lambuzas, larpóns, lafons, è labre famentos! Cantos lara-fouzas, Gorxons, Galdrupeiros, larpeiros, è códeos, tranchos, è labrégos? Cantos lampantins, cañons, Galdrumeiros, lanudos, felpudos, congorzos, lavercos? Cantos toleirons, Palurdos, lareiros laranxos, de aldea, Marrauns, porqueiros? Cantos Maloutans cantos taleigueiros, cantos Polainudos, è mais Manteigueiros? cantos Nugallans, lac cantos lacoeiros, cantos fura-bolos è mais lacazeiros? Cantos furta-bestas, cantos calazeiros, cantos lacazans, è zorrèga-peidos? De tantos, è cantos me canso; non quero contarvos òs mais, que viñan ào cheiro. Bebian à pote comian por cènto, ò liquiadore non botaban menos. Què monas tomaban! què cerins tan ledos! què xarelas, tristes lurpias, tan tristes, por certo! Toda à gafualla fedía de lexos, è ao burruàllo, cheiraba en extremo de preto. Meu dono folgaba con tantos menèos; pagaba con gusto, por têr tal festejo. Non sein se Perucho, seu Zapateiro entraron alì; s'entraron, non creo, Que fosen mercare, os zapatos vellos; con Apatuyà mui pouco comemos. Peruch.- Ollay-vos Maruxa à do Pasteleiro, espaxòta moscas, è chucha codelos; E como se gaba, è por què rodeos, se chufa, é me chufa, que son hum famento! Nen eu, nen meu dono, anque nos dixeron que teu dono daba a todos, sen termo, De comer, de balde, meternos entrar non quixemos, en casa tan porca, è con fedorentos. Ti, que entrarias, se non fosses drento, à lamber os pratos, de aqueles lavercos, E deixo outras cousas aquí no tinteiro; Non pois eu, se falo Maruxa veremos; Se ti trebellache, con aqueles bébedos, ou con os rapazes, ou outros mancebos S’anduviche às turras, fillo pequeno que tiña teu dono, è qu'era traveso. Contache de cote, con tanto enguedeo as festas, os bailes, gaitas, è trebellos, Que, seica, Maruxa, que seica me temo que ti nos contache os teus regodéos. Pois ò Pandeiriño con rabo, e pelexo, ferreñas, e todo, contado por dedos! Mais vay, Maruxiña, que os teus ollos pretos naquel Pandeiriño, que quedaron de drento? Mais vay que algun deles te encheu o desejo, por ser novo; e lindo, e por ser pequeno. Maru.- Cante! quen dera Perucho dos Merlos, Ay! casi-cantè! que dera por tèlo! Qué ben ò tocára, à lá no meu eido, è nos dias santos con côs outros pandeiros. Què golpes lle dera no Haro, e peléxo, è repinicára con estes meus dedos. Iria ao Mercado, è Feiras do tempo, iria aos Romages, con ò meu pandeiro. Irìa aAo Moiño irìa, nas noites de inverno, con meu pandeiriño, è fole chéo. S'ali à criada, ou ama do crego, quixera garlare, lle pôrìa medo. E nas foliadas, pondome no medio, eu ò repicàra, con mais lucimento. Meniñas, è mozos, mozas, è mais nenos terianme envèja, enveja ào Pandeiro. Catay-vòs Maruxa, dirian, por certo, como se potrèa como mece os dedos. Cal vay extricada, novo pandeiro: seica nos non somos, para fár ò mesmo! Cuida que, porque ela, ala noutro tempo servìu en Madril, con hum Pasteleiro; Nos d'atricare, nos ha de pôr medo, con suas ferreñas, con rabo, è pelexo. Canto millor fora, que, con sacho e cesto, à catar à bosta, fosse à Vila, cedo. Istos riberetes, con outros ourelos, as mozas, de enveja, me porian, creo. Peru.- Deixa Maruxa para millor tempo, esas chouteiriñas nôvo Pandeiro. Alà no móiño, cantaràs côs nenos, esas moiñeiras que aquí non tên geito. Olla que estos Homes estan con desejo, que Xepiño conte outro algum suceso. Deixalle hum anàco de vagar, e tempo, ben barballoache por cen arrodeos. Xepiño da fonte dinos algo certo, pois que vên por dous, os que andan côs cegos. Dinos, ó que viche, despois do festejo; nèn sempre festiña, nèn nunca lamentos. Xepiño.- Eu muito dixera do que vim de certo; mais ò contaron os outros pequenos. Ò que eles non viron, è vim eu, cego, contarein axiña, è sen arrodéos. Mais serà preciso, que saibais primeiro, ò que acà quiçabes ja ouvistes no Reino. Dixome meu dono, que alá noutro tempo, ja à mais de seis anos, que os homes Galegos, Que en Madril vivian de paso, ou de asento, cuidáran que todos, con voto perpetuo, Sempre se ajudassen juntiños, sen medo, num-ha cofradia, ou num regimento: Ou que se fixese, con hums privilexos a conguergazon dos Nobres Galégos. A primeira junta que ouvo sobre desto, foy na quinta feira, à dez de Novembro; Do ano, que andaba, e iba correndo, de corenta justo, se lembraba ò cego. Nèla se juntaron muitos cabaleiros, è muitos señores, è frades, è crègos. Eran entre todos ben mais de dous centos, todos muy devotos, todos muy discrêtos. Ali se escolleu por Patron señeiro da Conguergazon dos Nobres Galegos. nosso Santiágo Apostol de Deos, fillo do Trebóm, è do Zibadéo. Que ê rayo, è centella contra os Mouros pretos, que os fende, que os ràxa que os racha por medio; E que ê sol, è lua, è luz, è lostrégo para os Españoles; mais para os galegos. O nosso Patròn, santiño ben feito, da barba dourada, que està no seu eido, Sentado, è vestido cal fora Romeiro, con sua Escraviña, è seu chapéo. Que tên muitas conchas, do mar do Reyno, conchiñas vieiras, abondo, desejo. Na man ò bordon, ben posto, è dereito; con à cabaziña, que val muito prezo. Con à Compostela no seu lado ezquerdo en que estan fechados, òs catro Evangellos. Todavìa que antes, por votos recésegos, era de España, Patron primeiro; A conguergazon por hum novo afeuto de novo ò escolleu Patron mais de preto O primeiro Irmàn Mayore, è primeiro, que a Conguergazon dos ditos Galegos, Tivo, foy Phelipe, que esteja nos ceos Pay do nosso rey Don Fernando Sexto. Nossos conguergantes, como mais afeutos, antes que algums outros, os primeiros deron, Mostras das saudades, que tiñan no peito; desfogo das mágoas, è do seu tormento. Fixeronlle às honras, hùm atto fixeron, como à tal Irman, con tristes ousequios Deza seis de Agosto, foy ò dia certo, num-ha terza feira cando isto foy feito. Na Igrexa das festas que fan òs Galegos, dia do Apostol, nos anos arrèo. Igrexa de frades, vestidos de negro, frades Agostinos, que estan no convento, Que ali chaman todos, grandes, è pequenos san Phelipe Râl. porque ê Realengo. Ali pois se armòu con tabras, è cepos, hum muy grande tumbulo como Monimento. Vistes hum-has medas en fronte dos eidos, de palla ou de monllos, maiz, ou centèo? Fazed pois de conta que â que sube enfesto, mais ancha, è mais alta, servirà de enxempro. Este turumbullo con farrapos negros, è panos de seda chegaba asta ao ceo. Tiña tantas fachas, candéas, facheiros, que cuidein queimasse aos que estaban drento. Tanguian nos lados muitos estromentos, eu non sein seus numes, por ser tan diversos. Hums como asubíos, chifres frautas, ou punteiros; outros como frautas chifres, è de buxo feitos. Outros, como trancas, con que, por ter medo, atracan as portas de noite, nos eidos. Se aquel tarambollo dos cans, polo medio, fosse esfuracado è para òs dez dedos Tivese no lombo redondos è feitos òs déz buraquiños, cûm ruogxente espéto; Seria ben cuido, ò mellore enxempro, dos que ali chamaron Baixòns estromentos. Avia trompetas largas; à mais deso, outras muy redondas cûm funil no extremo. Non vistes nas rúas tal vez que temendo aos cans, humha porca côs fillos pequenos, Se espirricha toda, se espurre con berros, è se escarrapucha, fazendo rodeos; È como se fosse ourizo cacheiro se ouriza de cerdas postas en dereito. E que se esforrica de raiba, e de medo, è retorze ò rabo. con roscas no medio? Pois à comparanza de aquel estromento, nas roscas que ten, ê nen mais, nen menos À punta do rabo fay ò mesmo teto, por donde se sopra, è se bota ò vento. A boca vay dare, con perdon dos vellos à donde remata à soà dos cerdos. Muitos rabeliños de pau amarélo avia tamen, chiaban por cento. Entre eles avia dous que puñan medo, tan gordos è largos que levaban, creo. Seica tres ferrados de millo, ou centéo è tiñan por mango como hum timoeiro. Como hum adival das bestas do Seixo, de estos Rabelons serian por certoso, As cordas, que tiñan tendidas no medio, è que as cimbraban cûm torto fungueiro. Ouvim que decia hum que estaba preto que à Gaita, è Zanfona botaba de menos Pois que tanto oficio è tantos ousequios que ai se fazian, eran dos Galegos. Zanfona, foy falso, pois anque en secreto, debaixo da capa â tiña meu cego. Ao son que lles daban tantos estromentos, cantaron mil cousas con son lastimeiro, Hums que parecian nen frades, nen cregos, è non tiñan barbas, anque ja eran vellos. Devezes cantando devezes gemendo, choraban cantaban è todo ahúm tempo: Se tiveran toucas por cima seu velo, cuidara, que fossen as Monxas dos Crégos. Ali cantou solo hum rapaz, vello, con voz de paxàro Cerin, ou xilgueiro Eu ja non me acordo senon do comèzo, que cuido dezia, Porco, Porco, Meco. Ali vim dous homes, seica eran Galégos, do Meco, è do Porco, quedaron rengendo. Mais outros vin rindo, non eran do Reino, con muita faralla, do Porco, è do Meco. Dempois se cantou con muito respeito, Á Misa de très, sen Groira è sen Credo. Pois que non se usan, según me dixeron, esas cantiguiñas nas Misas Requio. Vestidos de branco dous altos mancebos, con camisas postas sobre ò sayo negro. Dans mans penduraban hums cuncos pequenos, con largas cadeas de prata ou de ferro. Tiñan as cunquiñas muitas brasas drento, e sempre botaban muito fume è cheiro. Istos pois, que dixen, estaban fazendo sempre xirigonzas diante è arredro. Non vistes no eirado cando algums pequenos fan, con suas fondas, muitos bambonéos. Antes que den voltas è fagan tornèos, con à mesma fonda con à pedra drento? Ou, para chantarvos hum millor enxempro, non vistes as mozas nas noites de inverno, Cando van catare ò viño, por netos, ou hum-ha petada à tenda muy lexos; Que leban na man hum Gabizo ardendo, orasme hum cañoto, orasme hum caveco: Oras hum Ganzo chamizo, ou lumbreiro ou càdavo, ou guizo, que todo ê o mesmo? E porque, morto, non se amate presto ò tizon, que queda hum-ha brasa feito; Para ver ò chan à moza do eido, ô vay, è de cote, soprando, è mecendo; E que muitas vezes se ò pau è chispeiro despide moxènas diante è arredro? Pois as xirigonzas è mais os menèos, que os brazos das mozas, fan con os cavècos; Asi os fazian aqueles mancebos con seus braseiriños, pouco mais, ou menos. Dempois que acabaron, os très, que dixeron à Misa cantada, ò postre evangello; Seguiuse ò sermon das Honras; cuberto hum pulpito grande con hum frontal negro. Nele prerdicou con muitos menèos hum frade Agostiño, vestido de preto. Ouvim que chamaban, è que era Galégo, fr. Martin Salgàdo, Hum grande Maèso. E que iste nazira de pais cabaleiros, aca en Santiago, fay muito tempo. Dixo muitas Cousas, de que eu non me lembro todo en castellan ò que eu non entendo. Latins por arriba latins pòlo medio, latins por abaixo, latins nos extremos. A vida è costúmes contou por extenso, do Rey Don Felipe, que estéja nos ceos. Falòu de Coròas de espadas, è cetros; do Reino de Franza, è mais de outros Reinos. Diante de mim estaban dous cregos è mais a hum ladiño dous frades de negro. Istos as devèzes, anque muy secreto, entre eles falaban, ò que ouvim de preto. Dezîan que ò frade probaba côs textos que a alma do Rey estaba no ceo. Pois que avia sido na vida asta vello, Rey muy virtuoso justo, casto, è serio. E que, se asemàde, foy algo severo, foy contra os pecados, é vicios horrendos. Contra os que mataban furtaban diñeiro, contra os que non tiñan aos seus Páys respeito. Ali vim Mulleres vestidas de negro, à caron do chán, sentadas no medio. Que cando berraba, ò frade gemendo, choraban, gemìan con muitos lamentos. Choraban â morte, que chegou tan cedo, do seu Rey Irmàn mayore, è primeiro. Eu tamen chorein, como Galego, è pedin preguein por ele à Reina do cèo. Inda falchòca de estes calzons vellos o meu rosariño de lagrimas, teño. Que ê de cinco dezes, cùm-ha cruz de ferro, è con à Medalla do SantoGran San San Bieito. Catay-vòs; pois este rezeinzello enteiro, posto de gionllos à Madre de Deos. Non pasaba dóa; que à dór, e tormento, non me magoasen, ainda nos dedos. As doas, è bágoas è magoas; certo que se atofegaban por seguirse arrèo. Cada dez pasado; dos ollos è peito saìa hum suspiro de bagullas cheo. Ay! cantas devezes por rezare: Deos te salve Maria. sin pensare nêlo; Dixen: Dios te salve Felipe, Rey vello das Españas todas, Irmàn dos Galegos! E mais nalgun déz, anque non me lembro, por Padre: Rey nosso, que estàs en os ceos! Aos Christos, de Ourense, de Lugo, è Fizterro, mais à outros Christos rezeinlles seis Credos. Ás nosas señoras, que temos no Reino rezeinlles, devoto, muitos Padres nuèstros. À Virgen da O da Vila, primeiro, que à ten ao seu lado, san Bertolomèo. Mais à do Camiño, que à Tuy vay dereito è à de Mourente, donde van os Pescos. Mais à da Aguas santas que esta daqui preto: à da Escravitude, que ten mil Romeiros: Mais à da Lanzada donde o Mar da berros; Barca è Pastoriza, das Hermidas, lexos. Boteille hum-ha Salve demais, à que temos, en Quita-pesàres, que ali estamos vendo. Tamèn à Santiàgo nosso Padroeiro lle rezein mil cousas, que me esquezeron. Pedinlle que fosse arriba no cèo, pòlo rey finado, Santo medianeiro. Alguiño, anque pouco, pois marroume ò tempo, rezein à outros santos de aqueste terrèo. A Sn Benitiño de Lerez, que vemos; non ò toleiron, se non ò pequeno: A Sn Juoàn do Poyo, que està cordeiro, na sua capilla, espurrindo ò dedo: San Bràs das Candorzas; san Amaro ó vello, da Portela, ou è Moldes, san Amaro o hum mesmo: Santa Margarìda do Monteporreiro, que ten ò carballo mayore do Reino. San Andres de Xebe, aspado por Deos; mais ò do Teixido, que està ala muy lexos: San Justo da Fraga, santo dos fragueiros; è san Cayetano, san Roque, è sn Telmo: Às santas Mariñas do Castrove, e Seixo è mais santa Justa, de Moraña, entendo. Estos quinze santos, son à quens eu rezo, de noite, è de cote, para ò meu proveito. Mais naquele dia foy por salvamento da alma do Rey Pày, canto rezein, certo. Se rezou meu dono, ò meu dono cego, rezòu para si, non deron daban diñeiro. Porque tanta gente ào sair do tempro, non me estordegase perna, màn, ou dedo. Antes que acabaran òs das honras, presto me escapein quediño saquein fora ô cego. Por iso non podo falar do postreiro, que ali se fixera, asi pois ò deixo. Minga.- Tirizôs che nazan Xepiño do demo, è piollos patos, neses ollos pretos; Que tanto ringêche, mais eu non che creo, que tanto rezàche, con choros do peito. Fixeche ò que viche, que fazen os cegos que rezan por todos, se lles dan diñeiro. Poñamos por caso, fosse todo certo, canto nos contache, que viche no tempro: Escano muy alto; homes con punteiros: hum sermon de hum frade; Misa de très cregos. Cata aquí, Xepiño nestes catro dedos metido ò teu conto Orazòn de cégo. Cuidéin abofellas según teus lamentos, moquiños è bágoas dos ollos, è peito; Que ala nûm caborco, que estabas fazendo, ò Ralo, mais Urro, que à noite, fan mêdo; Paxáros da morte, sempre Lastimeiros; e mais a Corùxa, que vóa nos tempros. Dime meu querido: Dn Fernando Sexto non ê Irmàn Mayore è Primeiro Da Conguergazon dos nosos Galegos, anque o Pay finase, è se fosse ao cèo? Deixa pois tristuras, deixa sentimentos, falemos hum pouco, do novo governo. Non viche na Igrexa rezando à quedo, juntiño do Escàno hum señor pequeno; E que ê ben feitiño de corpo, è dereito; con carìs de risa, anque alguiño resgo? E que ê ò que chaman alà, è no reino, Conde de Mazêda, è Grande Galégo? De Mazeda en donde, na feira do tempo, ben tèn nove furcos, à vara de lenzo: E que acà na vila, en Morrazo, ò mesmo, ten muita fazenda, è muito terrèo? Xepiño, viche? pois eu, anque lexos estaba do Conde, ben ô vin no tempro: Porque era pequena, con farrápos vellos, non puden entrare, ala mais adrento. Juntiño da porta, no rincon ezquerdo, dali pois ò vím, pôsta nùm talleiro. Hum home muy alto, cûm chuzo dereito, brazo na illarga, è posto o sombreiro chapèo Estaba de à gente detendo: hums levaban paus, outros tiñan medo. A este lle ouvim, porque estaba preto, que falaba muito do Conde, cûm crego. Ouvim lle decia è que era muy certo que o Rey ò chamàra para hum grande emprego. Que ò Rey lle quer muito pagado de vêlo con prendas tan nobres è merezementos. Que ê justo, que ê craro, real e muy reuto, desinteresado, tanto, que ê extremo. Que aboreze ôs homes, que argallan enredos, enganando à todos, grandes farauteiros. Que non pode vêre nen por pensamento, aos que con falsìas, menten à desejo. Nemigo de chismes farallas, è preitos, è que asi lle enfadan òs mixiriqueiros. Amigo dos pobres, à quens lles fay remedio; que as viudas, esmolda en diñeiro Devoto côs frades, devoto côs cregos, bizarro con todos, humilde por cento. Que por iso ò Rey Don Fernando Sexto cuida darlle logo, da Corte ò goberno. Que todos ò queren grandes è pequenos, è mais ò desejan; non os Galegos. E que, tal cal, porque lle ten medo, descubra è castigue seus procedimentos, refunfuña è gruñe, è se está mordendo; ainda estos poucos loaràn seu geño. Isto, è mais decia con gozo è contento, ò home do chuzo, do Conde Galego. Ay! Ay! meu Xepiño, què cousas veremos se o noso Paisan entra no governo. Xepiñ.- Cantè! mais; hum-hum: Minguiña do Rego: èu cuido que ò Conde: non sein que me temo. Ninguèn se folgára de ver ò suceso, tanto como eu, hoje, è meus pais ò mesmo. Ben sabes Minguiña, que, polo bacèlo, que tên valgada meus pais, fay tempo: E que pola veiga, è bouza do medio, è mais pola casa, que è todo ò que têmos; Por foro, è por renda è mais polos dezmos, laudamos ao Conde, como seus caseiros: Què nos fay merzede, aiInda non paguèmos, hum ano, outro ano, à renda, ao seu tempo. Ò home do chuzo dixo, ben ò crèo, canto ouvim à outros, por certo, è recerto. Mais tamen ouvim, que, se ese goberno de Madril, lle dán, por graza, ou por premio; E que consente, por far ben ao reino, ò Conde, en tomàlo, è quere retêlo: Farà seu uficio tan bén, tan dereito; que muitos de enveja, e muitos de medo: Outros, por codicia, outros, por rezéo, outros, por furtare, outros, por enrèdos: Ainda mais outros, homes raspalleiros, por sere ò Conde señore Galego: Todos devanditos, por mil arrodeos farán que lle seja nojòso ò Governo. E que il, como ê craro, vivo, justizeiro, è que non lle à doito tan buxan emprègo; botarìa à couzes ò dito governo, con mil de à cabalo, è millenta Demos. Ming.- Jesùs! que escolér me vas parezendo, de cote, Xepiño, è mais agoreiro. Deixa que lle den, ao Conde ò Governo: se dempois quixere deixalo; ben crèo, Qué será por sere tan justo è dereito tan reuto, que non querrá têre con malvados, preitos. E que agoràche, como escoler meigo, tan triste, do Conde, è do seu Governo; Eu, sen ser pieira, nen pensare en sêlo, nen meiga, nen bruxa, nen cousa do Demo. Húm millore agoiro darein, è mais ledo; que anque non se veja, ha de ser muy certo. Ouvìm, que saìra hum novo degrèdo, para que fixessen muy grandes festejos: Cando o noso Rey Dn Fernando Sexto, entrase en Madril, con pompa, è pompêo. No luns, déz de Oitubre seria ò pasèo, do Rey polas rúas; è que iria ao tempro De Santa Maria, por nume Almudèno; dempois, que de noitiñae, volvendose ao eido. Dalá do Retiro, de donde viñeron. na praza mayore fara seu asento, No balcón dourado para vèr de preto, à Praza con luzes, con fachas è espellos. Ali tomaran merenda è refresco os Reis sentadiños, è que poidan vêlos. E na terza feira segun ò Degredo, hum-ha Moxiganga faran os dos Gremios. Iràn à cabalo, con trages diversos, de pares de homes seica catrocentos. A tarde con sole, faràn seu pasèo; de noite, con fachas, luzes, è facheiros. Muitos de estes Pares con trages burlescos, òs mais faràn rire, outros faràn medo. Con sayos de bobos de muitos remendos, è con botôs gordos como hum gran Gilméndro; E con hùm-há vexiga enchída de vento, de húm pau pendurada, con muytos ourêlos, Iràn fedellando alguns de alguns gremios, è con carantoñas è con mil menèos: Cargados de alxoúxeres, espantando nenos, que crên son zorrégas, vexígas de vento. Iràn outros muitos vestidos de Demos, vestidos de lobos, è de ossos famentos. Vestidos de cans, vestidos de cervos, vestidos de burros, è de Porcos-Teixos. Faràn os Gigantes os homes pequenos; faràn os Anános os homes lavercos. Farán outras cousas, que nos non verémos; Cante! quen às vira! que gusto è contento! Por iso non podo falar mais extenso do que se farà naa aquèles festejos. Nên vos podo dare hum cumprido exempro de esa Moxiganga nen dos seus pasèos. Ainda pois logo, toda via creo, que me ein de expricare acà ào meu geito. Con cousas, que todos acà sempre vemos, humha comparanza farein de remendos. vistes na vila, que alguns dos seus gremios fan os seus Folións, nas de noite, en inverno. Mais à cavalgada, que à tarde, correndo, vêspra do Corpos, fay ò seu pasèo; Que leva tras , hums doze Gaiteiros cos seus tamboriles, que tanguen hums nenos. E que vay à Vila seu Regimento, con muitos corchetes vestidos de vello; Que van num-has vbestas, ou facos Galegos, è muitas de vezes à os Gaiteiros. Ja vistes tamen, ò que fan os nenos, despois que laparon as centòlas presto. Que fan nas cachólas dous ollos abertos, è pon-has nas caras, è fan mil enredos. E nas foliadas de tempos à tempos, à Vella Gróve con côs, é mouquèlo: E con carantoña, fazendo ò fedello, botando pernadas, que matou ao Meco. Tamén òs centùlos con caras de Demos, morneando as chocas, è fazendo medo. Se todo se junta è fay hum paséo: A Vella do Grove centulos choqueiros: Logo Folions de noite: cacholas dos nenos; mais a Cavalgada, cos doze Gaiteiros; Eu cuido que seica serà hum remèdo, do que à Moxiganga será ao seu tempo. Ouvim, que outros dias faràn mais festejos; mais eu non me acordo dos que me dixeron. Ay ti, se te lembras, Perùcho dos Merlos, dinos ò que ouviche, pois eu ò deixo. Peruch.- Deixàche ò millore, Minguiña do Rego, que na Moxiganga irà dianteiro. Os que, cal meu dono, por muy pouco prèzo, compran, è remendan os zapatos vellos: Os chaman de alcuña, grandes, è pequenos, os Valentîa, non sein ò misteiro. Meu dono me dixo, que, por ser Maèsos, êl è mais os outros, non fazian gremio. Què, por ser valentes istos zapateiros, côs da Moxiganga non irian certo. Mais que pensaran honrar ò festejo, è que à cavalgada terâ comèzo. Que vestidos todos de soldados vellos, irian diante ben postos, è ledos. Que hum-ha compañía farán con seus xéfos, è todos à , por mais lucimento. Armados, è todo, iràn en rengleiros, con hum-ha escopèta, nos hombros esquèrdos. E con hum-ha espada naquel lado mesmo, diz que iran botando pèz, è mais renègos. Asi pois Minguiña para ò teu enxempro, do que à Moxiganga, serà ao seu tempo; Ajunta ò Alarbio, que fan òs labregos: e Danza de Espadas. que fán nosos pescos. Tamen ò meu dono me dixo por certo, que na corta feira doze do mès mesmo, Alà no Retiro, avria hum castèlo, con muitos foguètes, è muitos facheiros. Supoño serà, pouco mais, ou menos, como ò que Marúxa contou por extenso. E mais tamen dixo ò meu zapateiro, que, quinta feira, por fin dos festejos; Que ò Rey mandâra polo seu degrèdo, ouvesse corrida de touros mui feros, Pràza mayòre; è querían vêlos, os Reys no balcòn, sentados, è quedos. E porque nosoutros, que estamos tan lexos, aquèlas festiñas jamáis às verèmos Maruxa das Rulas que te estas comendo por falar hum-pouco, fala que eu che espero. Marùx.- Canto ti falache Perucho dos Merlos, è denantes dixo Minguiña do Rego; Foy hum-ha marouza de entullo, è de rebo, que ten pouco zelme, nen vale dous beldros. Esas cinco festas: os Reys no pasèo: Praza alumiada como Monimento: Mais, òs Moxigangos: côs teus zapateiros: corridas de Touros: foguetes, Castelos: Quiçabes Quiçabes por outro degredo, jamais se faran, faltando ò diñeiro. Ainda se fagan, què temos con eso? se as Guerras prosiguen, con festas, comèmos? Hum mellore agoiro, esperando en Deos, nos da noso Rey Dn. Fernando Sexto Meu dono, ò Soldado que dixen, como era vello discreto sabia do Mundo, è mais de governos. Num dia, falando con catro sargentos, ouvim lles decia praticaban cousas de profeito. Hum daqueles catro, seica era Galègo, pois sabia muito das cousas do reino. Eu, anque rapáza, è mais non entendo, as cousas do Mundo, nen ás do Governo, Do que aquel falou, direi, ao meu geito, alguiño de novo, alguiño de ledo. A santa intenzon do Rey, que hoje temos, ê tan christiana que vay polos céos. Eche tan Pacífigo, è brando, à desejo, què nel teràn todos hum Pay verdadeiro. Farà hum-has Pazes de honra, è proveito nas que todos queden pagos, è contentos. Farà, porque ê justo, è Rey Justizeiro, que todas as cousas anden ao dereito. Embóra ò contèmos, è que sèja cedo. Cantè! què non tarde; è lle ajude Deos, E lle de saùde, è fillos, è netos; è sejan seus anos, cerca de dous centos. Os nosos Paisans, que tiveran medo de vir à segare os trigos alléos; Porque dos soldados tiñan arrecèo; Viranviràn e de cote muitos è muy ledos. Ben sabedes homes que avia Degrèdo, que prender mandaba todos os Galegos Dempois que acabassen de segáre; e creo, que muitos fugiron, asi que o souberon. Querian pescàlos à todos arrèo, cal se fossen peixes, con seus estromentos. A húms de rapèta à outros jeito: outros volante, con ganchos de ferro. De secàda muitos, con ferros rastreiros, outros de sacàda, è todos con cerco. Hums, con canivèlas querian collélos, con francadas, outros, que andassen señeiros. Diz que avian de ire à Guerra muy lexos, atados con cordas è espousas de ferro. Asta Mombardía, que è terra de Demos, à fazer alarbios è morrer de certo. Agora, as mulleres que estaban gemendo por non se casaren, acharàn remedio. Acharàn abondo rapazes solteiros, que podan casarse e vivir no eido. E mais as casadas côs nenos de peito de quedar viudas non teran medo. Sein que en Portonovo, juntiño a san-Xenxo, se fixo ò reconto de mozas è nenos. A trecentas mozas sete mancébos, tocaban, que fossen homes casadeiros. Se as Pazes se fán cuido, que veremos, que faltan rapazas para casamentos. Tamben esperamos, que con Rey tan reuto, à Paz è Justiza reinen nos seus reinos. Peruch.- Foronchos, vexigas, sarna, è sarampèlo, Nacidas, bostélas Landres e Divésos, Che nazan no coiro Marùxa; què presto cuidas casarte pois contas mancèbos. Por íso razóas para o teu profeito; mais faltache ò zelme sisso, ou eu non cho vèjo. Se ò Rey Dn. Fernando ê tanto, mais creo, como ti falache, o seu Pay foy menos? Non. Todos ò dizen meniños, e vellos, os Pobres, è ricos os frades è cregos. Que importa Maruxa? que temos con eso? que ò Rey seja santo justo, è mais perfeito? S’os que han de fazere todos seus Degredos, nen todos son ouro, nen todos son reutos? Son muitos os bôs, tamèn ò confeso; outros son bôs homes; que temos con eso? Se ay outros galfarros, è mixiriqueiros, que todo o argallan a torto è dereito. Nen queren que as cousas vayan con concerto nèn tên outro fin que ò proprio diñeiro, Marux.- Jesus! Què sandio! Perucho; què lerdo! que parvo! que tolo! me vas parezendo. Seica enfeitizado che tén algun Meigo; anque eu son mullere, mais cordura teño. Què dano che fixo meu coyro tan tenro, que asi carregache con tantos divèsos. Lantinxas, empinxas, Bagúxas de vento, è mais carafunchos, como che esquezeron? Pois nazen de cote tamèn no pelexo, à rente do coyro que esta varolento. Da tiña è gafúra eu ben entendo, porque non falache; Perucho dos Merlos. O rio dos Gafos non molla ò meu eido; ay, ay, Peruchiño, mête à man no sêo. Se cuidas, me faltan vozes, ou desejo de bourar teu coyro de zapato vello: Agárdame húm pouco, fostrigarche quero, è veras axiña ò louzo, que teño. Pulgas è Piollos; chinchas, ou goséndros, ou às percevellas, que todo ê ò mesmo: Cangallo de lendias è mais hum novêlo de lombrigas largas piquen teu pelexo. A couza, è careixas, bechócos, è bêchos, à trilla è Pedrolo, ò burgo, è besbellos: Cadelas de frade, Abessoiros negros, Abellons, Avespas, Tabâns amarelos: As moscas dos cans, côs esgarabellos, liscanzeres verdes, con outros, que deixo: Carguen sobre ti; dempois saber quero, se che pròi ò coiro, ò teu, ou alléo. A ti que che importa zafado, fedello, ouriñar con troita, os meus pensamentos? Se me ein de casare, se quero ou non quero, diranmo meus Pais, cando fore tempo. Eu nein de ser Monxa; nen casaràn, creo. as Monxas dos frades, nen Monxas dos cregos. Se, como me fisgas, conteín òs mancébos; às mancebas ti contaràs ben presto. Pois esa cariña non vay para crégo: nen os frades collen ollos lambisqueiros. Se ti tês salóuco de picarme, Pedro; eu non teño arròtos, nen picarme quero. Asi quero darche resposta, pois vejo, que estas muy enxêbre do que ê governo. Os Reys, cando queren, fan canto seu geño lles diz, è por iso, son da Terra Deos. Se quer acertálo Dn. Fernando Sexto, escolla ò millore refugue ò que ê menos. Deixe que ò vejan os que queren velo deixe, que lle falen os que siguen preitos Tome memoriaes, è faga leérselos, cal lles faga grazas cal lles desprezos E de cando en cando ouza nos consellos, as queixas de agravos, pescude os malfeitos, Saiban seus vasallos, vejan nos efeutos que tên hum Rey que ê Pay Justizeiro. Afellas, Afellas eu vos llo prometo que isto pouquiño porà gran remedio. Peruch.- Ollay-vòs à moza filla do Gaiteiro, meterse à Purritica, è vender consellos. Que mais nos dixera noso Abad, ou crego na Misa cantada, acabado ò Credo. Que mais perdicàra ò frade fray Pedro cando, na coresma, ven ò Jibaléo. Non fora millore maruxa, que o tempo, que barballoando, gastache en governos; falases de cousas que son do teu geito; da Agullas, da Alfergas, de estrigas, de cerros: Das oscas dos fusos, da roca, è sarelos; è das mazarocas que fian os dedos; De novêlos, trouzos, è mais de argadêlos, è cantas meadas fan varas de lenzo? Non fora millore, falar dos sabêlos, dos coses, refaixos, das toucas è espellos? Anda, vay lambére, e chuch sugar os dedos, os Potes das papas è mais os caldeiros: E vay alimpiare as trenlles e espetos mais as Garmalleiras, que estan furrugentos. Vay fregar os Gabedos Barcales, Barreños, Argidales, Valdes Sellas, è botèjos: Os pratos, è cuncas de pau bidueiro, fregar con carqueixas ou ben con codesos. Vay fazer bogada dos farrapos vellos, catar garabullos toxos è cavècos. Vay ver na lareira se ò lume esta ardendo, se o pote escachòa côs nabos è grelos. Vay catár no , metendolle os dedos, se tên as pitas, ou non, ovos frescos. Non fales da corte, fala do cortèllo: a ti quen che mete falar do governo? Vay mungir a vaca, pôr bosta nos tetos, porque non coteñe nen mame o tenreiro. Vay botár as landres, leitugas è beldros moruxas, e todo aos Ranchos larengos. Vay coller ò gasto cûm sacho è cum cesto, ò gasto das bestas, dos homes, è cerdos. E mais para estrùme, ò Golfe mareiro à xeba e argazo ò bócho, è verdello. Cata aquí Maruxa do que debes certo falare, è fazère, è que ê do teu geito. Se, como en Madril, acá quer teu geño, ajotar às moscas, por mim, cho concedo. Ay si: me esquecìa ò teu comprimento do Rio dos Gafos è màn no sèo. Se ê Gafa, ou non gafa à sangue, que teño, non sein; mais si sein, que ê de côr vermello; E mais, que meus Pais, Avôs, e traseiros, todos, todos foron christianos vellos. metin a man è saquein do peito. Cata, que gafura non tên os meus dedos. Orasme, Maruxa, no mais derradeiro da tua soâ con perdon dos vellos. Bota à tua màn tenta, è dinos presto àquel cangalliño que sai do extremo; Asi como à espiga do paìnzo feito; se ê rabo de Porco, ou rabo de cerdo: E mais se con êle, como vas crecendo, espaxotaràs as moscas no Eido. Ti cuidas meniña, que anque son pequeno, non ouvim decire, è corre por certo: Que vira de Braga è vira correndo rabo entre pernas teu avô Raberto, Fugindo da queima, porque lle colleron fazendo os feitizos que fan os Judeos? E que acà na vila como carnizeiro, matou os almallos, os bois è bezerros, Os jatos, e vacas, è mais os carneiros, con marras, machados, è mais con cuitelos? E que os esfolaba, vendia os Pelexos; cortaba, è vendia à carne no peso? Que, cando duraban inda os prendimentos; dos da sanigòga el era o primeiro, Que, côs dós cabázos, vestidos de Demos, chau chau, mais , . berrando, è correndo: De Judas, de veras fazia ò remedo: è mais dos sayons que el era ò fedello? Agora Maruxa das Rulas, eu quero, que metas à man alà no teu sèo. Sacaràs Avôs mofiños enfeitos, con roscas de Galgos, christianoss enxertos. Marux.- Nacìdas che maten, è valache o Demo, Perucho dos Corvos, que nòn dos Merlos. Ay, Ay, seica, seica, che pròi o peléxo, che amarga à verdade dos Gafos maleitos. Ti cuidas que os Gafos, non tên sangue drento, ou que ê de côr verde, ou côr amarêlo? Se foron, non foron christianos vellos os teus Avôs gafos, eu non che me lembro. Pescúda na vila; ben sein, que algún crego da Igrexa do Apostol san Bartoloméo, Por farche merzède, che lera ò letreiro, do cadro en que està ò teu parentesco. Dempois me diràs; que està ali fazendo, à Nay de teu Pay, Rabèca dos Fentos? Què fay na pintura, con cara de Démo, entre as labarádas dûm forno, ou Inferno? Dirasme Perùcho, pescudarche espero; s’ali fay feitizos que fan os Judeos? Pescuda, Pescuda, pois eres seu neto; porque â turraron nùm grande braseiro. foy por ser bruxa que chupaba os nenos; ou Antaruxá que beixaba ao Demo. Se foy por ser Meiga, das que fan venenos, para enfeitizare aos homes ben feitos. Se foy porqe â viran de cote no eido azoutar hum christo, botàlo no esterco. Mais eu cuido, cuido, pois dixo un vello, que à vella Rabeca do rabo acèdo, Fora Gafa è Bruxa, è de Pais Judeós; Judía, Alcayóta; è Puta primeiro. Asi meu Gafiño con cara de Meigo fillo d'hum-ha ladra, è todo ò que deixo, Quixeche botare no remate alléo ò teu cangalliño; ou rabo de cerdo. Dime desfachado Rabon, Rabuxento, quèn che dixo a ti se chamou Raberto, Meu Pay, è que vira de Braga, correndo, è na feira vella fora carnizeiro? Mentes, è rementes, que as de ir ao inferno, à comprar a Judas seus Zapatos vellos. Meu Pay se chamou Christovo, ò pequeno fillo de Christovo de Christóvo neto. Nen tiven jamais no meu parentesco quen fixese cousa neses Prendimentos. Non teño no cangallo podenco, nên rosca de galgo, nên rabo de cerdo. Teño ò redondo, como ò Papa mesmo; è como touziño, è como torreznos. Se foy, ou no foy, ò meu Pay Gaiteiro, eu cuido que si, què temos con eso? Ati que che importa, se non foy Judéo? foy labrador probe mais christiano vello. Ollay vos quèn fala Perucho dos Merlos, fillo de Bras Porro, neto de Jân Rengo. Podrasme negare Zafado, famento, que foy Palanquin teu Avô o vello. E que Bras teu pay, mais teu tio Pedro, levaron as chocas por pouco diñeiro? E que ali na vila, vestidos de Demos na festa de Corpos, dez anos arreo Sempre de Centùlos o papel fixeron morneando as chocas espantando os nenos? Non quero afrontarte Nugallán, Fedello, Encrenque, Latante, Gorxon, Godalleiro, Cañon, Maricallo, tiñoso, Gafento, Lacazan, sarnoso, Mocoso, famelgo. E mais::: non prosigo, porque eres pequeno; cando fores grande, congorzo, laverco; Fay conta seràs, pouco mais, ou menos de aqueles, que dixen, con numes diversos, Que foran lapare, de valde, è sen prezo à casa è bodega, do meu Pasteleiro. E pois entramentes tomo ò teu consello, de fazer as cousas que son do meu geito: Lamber ben os pratos fregar bén os testos, atizar ò lume, limpiar os espetos Fazer à bogada, cebar os larengos, mungir à vaquiña, tornar ò bezerro. E catar à bosta, è estrume mareiro, è catar nas Pitas. se tên ovos frescos. E ti, què faràs Perucho dos Merlos, què poda chamarse cousa do teu geito? Vay gardar as cabras contar os rexêlos, è meter na chouza os jâtos alleos. Vay armar con visgo nalgùn bebedeiro, aos Paxaros novos, aos Paxaros vellos. Vay polas leiriñas, armar ao Panterlo; se non tes costrans armàlles cûm cesto. Dempois vay armàlles, ao ramo dereito, con jaula, è recramo nûm toxo, ou codéso. Vay vuscar os niños que fan no seu tempo as Paxàras chocas polos matorreiros. Anda, vay, è cata, se ò niño dos Merlos ten seus oviños, se chôcos, se frescos. Cuida non lles mostres, côs beizos abertos, teus dêntes d'angazo, conta polos dedos. sabes que ò cuco, os come famento, se se chaman Ovos; chamaras-hos seixos. Olla non che furten ò niño côs Merlos; olla, cando os vejas, que te envejan nenos: tên cañotos, ou están en pelo; se fán o pô, pô, se cagan de seu. non podo mais aquí o deixemos volvamos ò conto do novo governo. Eu nunca pensein dar ao Rey consellos ben sein son mullere e mais sen engeño. Dos que aquí deitados estamos ao fresco è todos ouviron falar do Governo Diga cada cal, seja consello ò que lle lembrare sen dalo por certo. Non temos vigias, nen mixiriqueiros que vayan conto, è culpen Galegos. Antòn de Domàyo, pois sodes mais vello, comezad axiña falay ò primeiro: Dempois en rióla os outros sen medo, diran ò que ouviron do novo Governo Os catro meniños de iso non sabemos; de copras sen zelme bastan doze centos. Anton de Domaio.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt