GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND053_B

Canción en loor de don Diego das Mariñas Parragués (B)

TítuloCanción en loor de don Diego das Mariñas Parragués (B)
AutorAnónimo
Data orixinaria1594
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Cancion Galega en Loordedon Diego das mariñas Parragues/ Ora sea nalguntempo alça musa Galega o rostro o ceo congogzo e passatempo. e deyja ese burel cuitado e feo, Pois seche offrece vn milagroso caso quentreas noue doncelas de Parnaso seras porel dendoje conocida con nome eterno é Vida, é enpago detalnoua, etas albrízas recebe do teu verso estas primizas E benque na ciudade porque son muy galas e pezpuntados noescuiten de Vontade estes groseiros versos mal limados, Contodo musa miña a uoz leuanta e con Zanfoña é rustica garganta faiz que entre estas silueiras cengen a Mandeu con suas ribeiras resonen froitas arbores eViñas o sangre escrarecido das Mariñas Cantou no a moitos dias outro Galego con moy doce canto as altas profecias esperan de Sebilla o varon santo eporque achou ametade enel Galega feço del grande festa egrande emprega Mays aquenpode vir, mirado ageito, con mays justo dereito aGalega cançion auos Diego pois portodas as partes sos Galego/ Da Vosa antigua liña, nondigo eu deGalicia nestaparte porsorte mezquiña esta tan mal tratada é detal arte mays enos anchos Reinos de Castilla fandela tanta conta é marauilla, por muy escollidos, e detan limpa sangre producidos, entre os mais istimados cabaleiros, os dauosa linage sonprimeiros \/ Das muy altas proeZas dos infanços antigos Parragueses dan seguras certeZas tantos escudos armas e paueses enquestan esculpidas e estampadas as insinias de Parga tan honrradas / E Vos que detal pranta aues saydo como Vn Ramo frorido despoys datempestad detantaguerra trageies nouas de páZ a uosa terra/ EN Vos esta entalpunto a honrraposta da cabaleria Cabaleria con mil virtudes junto degracias gentileza e Valentia, que postas a Phélipe por diante vos escolleu de moitos por vastante en prudencia é cordura, tan compridas posoen Vos natura, para ajudar a apacíguar o estado do Reino deAragon alborotado # EN fin esa bondade corre sempre o ígual coa bosa casta fara apesar da edade que as cousas mais subidas roe e gasta, que o voso nome para sempre viua e entretallado en marmores se escriba con letra é Versos douro demaneira hasta a edad postreira de siglo en siglo por millos deanos dure a vosa memoria entre os humanos. Cruña lastimosa choras os danos dos crues yreges noestes mais congojosa pois nonchefalta cousa que deseges para estar pola terra é mar segura. chegou tant’a colmo a tua gran ventura non ves tua dita o ollo e gran ventura ora veras ben cedo sen ter rezeo algun deguerra ou medo as tuas altas torres derrubadas por este cabaleiro o ceo alçadas. Farate Gornecida debaluartes fortes é seguros tan fresca etan polida con edificios de soberbios muros que enbreue poreles enbreue tempo olbides a torre que algus dín que feço Alcides, e bondad e acharas bondad nel tan enteira, que che tendran terran denteira moytos Reinos, de Verte gobernada do mays cabal varon que cinge espada Honrrado cabaleiro aunquetiren por vos cousas maisgrandes aualor tan enteiro certo é q̄ue e pouco gobernar a frandes Contodo como fillo agradecido honrrade apatria donde aues naçído face Porque coesapresençia que a guerra faga dela sempre ausençia Asi vos logres ben co a vosa esposa Honrrada principal é tan fermosa.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt