GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND054

Romance da urca de Santo Antón

TítuloRomance da urca de Santo Antón
AutorAnónimo
Data orixinaria1777
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Amigo da miñha alma polo moito que te istimo heyche de contar un conto que chá de dar justo ohílo: ê com'-estamos tan lex̃sos que nompódo estar con tigo, nin dicircho cara á cara, màndocho así por escrito, é perdona á confianza que che fale en este istilo, que como ben conoces que són Jallejo castizo ó falarche en Castillano sería un gran desatino: Unha vez quix̃sen probar é mais foy con tanto tino que por Pepa dix̃sen Piepa é isto tan escutelido que dey un pouco que rír deix̃sandome á min corrido; desde estonce fix̃sen voto de, anque estea no martirio, non falar unha palabra que non sea en Jallegiño. Por acó conozo muoytos que queren facer ó mismo, éfán un misto de lenjuas que causa gran risa ohílos; in fin, bamos ô meu conto qui moy terno, é compasibo. Aló polo mes de Mayo saleu da Habana a'-ste sitio á Urca de San Antón* * Urca es mas grande, fragata de Guerra pa. carga de pertrechos, tropa &c. lleva cañones qu'-asi ó seu apillido; quen era ó seu capitan por ahora non cho digo, por que lógo cho dirèy in vindo-ó caso decílo: nómbeareyche ó capellan por ser filho veciñoho, chàmanchelle D. José fameliar do santo oficio, heche un jran sacerdote pró para ó mar temído, tanto que neste viax̃se non pensaba chejar vivo. Ó Piloto x̃sa se sabe, tamen filho de viciño un home de pelo en peito que cospe polo colmillo, iste fála en castillano por que llo requer ó oficio, é fàgoche esta advertencia para que esteas savído que en falando en castillano fal'-ó Piloto que digo. Bolbamos ô noso conto: vindo pois polo caminho lebantous'-un pouco mar que xs̄a adoyto de contíno; pero non sería tanto como quix̃seron decilo qu'-aveces moy poucas noces mèten un jrande roído: in fin, fose como fose, qu'-ô medo un jran vicho, senon diga'-ô-capellan qu’-ese ó milhor testijo, que como en sana salude x̃sá ten cara de aflixsido, vendo qu’-ô mar non cezaba estaba tan compunxsido que paricia ó retrato d’-un serafico Francisco: Tod’-era subir arriba rezando salves é hinnos é chejabase ó Piloto é dicialle: Pepiño, ¿que che parece de min? ¿Chejariey ó Ferrol vivo á ver âs minhas irmás qu’-é cousa que mais istimo? ¡Dios mio! désta escapo anque sepa andar pidindo hey de pertender non ser mais Capellan de Navío; quedareyme no Ferrol, por que con catro enterriños é Misa todo-los días paso com’-hun Arzoebispo; ó demais heche tolax̃se andar por estos camiñhos peleando contr’-ô vento, qu’-hun médo me ten mitido qu’-ainda’-en terra lhey de ter med’-ô vento que rispiro. O Piloto que x̃sa habia un pouco qu’-estaba ohindo dixsolhe por animalo Callese V. padre mio que no quiere decir nada que mucho mas corrido; y aquestos golpes de mar todo es polbo del camino. Si viera V. una ocasion ó viniera V. con migo yendo para la Habana poco mas que en este sitio se lebantó una borrasca y un tan recio torbellino que nos hechó á parar poco menos que al Abismo: andubimos en el agua treinta dias sumergidos, sin vernos unos á otros; este que fué peligro. Cappn. ¿é encendiades ó fogòn? Pil. Todo se comia frio. Capp. ¡Dios mio! x̃sá estou tembrando non soceda ahora ô mesmo. ¿donde fostes á parár? Pil. Este es el mayor prodigio que sin morirnos un hombre por ir todos escondidos, fuimos al cabo á salir á un sitio desconocido; que no como se llama; pero despues con mi arbitrio pude encontrar la derrota y salimos del peligro Capp. ¡Vallame Dios que mentiras é que chéa de embolismos me meteo este hom’-aquí! mais menester sufrilos, porqu’-está feyto un Narón y así nonlhe contradíjo, por que me meterá mais, é como son tan crehído entrarame unha aprension que me quitar’-ô sentido; é in isto un jolpe de mar beu é saltou ó portillo, é colheunos discuidados é molhounos. ¡santo cristo! dixs̄o ó capellan entonces: est’-é ô dia do x̃suicio; boume d-’âquí para baixs̄o, bou facer hun ecsorcismo: meteuse na Sta Barbora, foy remex̃ser ós seus libros é buscar ó manual para informarse dos ritos, é tamén das ceremonias que pide este requisito; é como no no encontrou quedouse alí pensatibo, nisto outro golpe de mar beu, é deu á popa un bico, arrancou non sey que tablas, é aqui foy ó halarido (perdona unha dijresion que che bou fager amijo, solo por facerche ver ó que pasa n-hun Navío) Cando hay algunha tormenta, primeiro tocan ó pito, lojo sal-ó capitan botando hun voto á Cristo, có ó jorro sobr’-os olhos é na boca un cijarrinho, se ó colhe discuidado qu’-á caso estaba dormindo, sáy có-á-camisa de fora que non jastan calzoncillos, tran unha bata moy lonja que lhes cheja ôs tubilhos, conque con ista fijura parece un Caifas ó vivo: por dicir señor Piloto, como ven medio dormindo, dicelhe: Seor Pilato, ¿Qué es iesto, que soucedido? señor, le dice, no es nada, no hay miedo (savelo cristo). ¿Acia donde la próa? lhe perjunta; é aturdido respondelhe un quid pro quô, que na ocasion val ó mismo: nesto ven ó contra-mestre cunha cara de xs̄udio có-ó-seu jorro na caveza, posto na centura ó pito, é se non ven, logjo ó chaman, que tamen é do concilio; dicenlhe: nostramo Pedro, ¿los masteleieros ban figos? ¿está esa GJarcia fuerte? ¿hay aljun palo rendido? Non lo Sor boy ver; é ien pouco mais de dous brincos dende popa bay á próa, é atopa no camiñho aljun pobre mariñheyro an que seya seu amijo cimbralhe'-unha bofetada com'-a a que deron á Cristo, é dempois que lha ten dada dilhe: aparta cochino: Qued'-a ó pobre marinheyro botando tantos bofidos:::: él nin queda por ladron nin queda por Malco indino, maldicelhe ôs sacramentos comezando có-ó-bautismo; non coydes qu’-è este solo qué a todos lhes fay ó mismo: nisto jrita ó capitan se ó medo lhe arbitrio que tamen entra co'-eles como cô-noso veciñoho Capn.) Aferren la mayor, dice, pues que estamos en pelijro: Aqui entr’-á vocería, aquí ó tocar dos pítos, aquí ô botàr maldiciós, aquí ós votos à Cristo; porque nestas ocasiôs disque ó x̃surar delito: ¿Faste carjo de tod'-o isto? Hayche mais qu'-ainda omito, que por non serche pesado non cho poñho por escrito; pero esto pouco qu’-oyes dào ti por socedido na Urca de San Anton, que foy d'-arribada á Vijo: mira nesta confusion como estaria ó pobriñho d'-aquel Padre Capellan que deix̃samos pensatibo, sudando, orando é rezando, estaba pidindo á Cristo, dicindo pase Señor de mi este Caliz sagrado; anque por vevelo eu me chegen á ver Obispo. No meydio de esta afliccion non achou nengun alibio, com’-ô bento continuaba é repitian os gritos dos mariñheyros qu'-estaban feitos únhos basiliscos, acordouse neste punto da Madre dos aflixs̄idos, vendose en tanta delor dixs̄o - os Dolores m'-e arrimo, fixs̄o unha deprecacion á Virx̃sen con tantos mimos que sintieu no corazon unha migiña de alibio; foyse dempois tranquilando, de todo nunc'-a ô estibo nin-ô estará x̃samais hasta' ó dia do x̃suizo; pois que foy tal ó tierror que concibeu neste aflicto que cando se bay labar hestra-àuga lhe grimo. Dicialhe il á Uirxsen: Miña madre de aflixs̄idos quix̄sera, chigejand'-â terra facerbos con jrand'-aliño unha soleme funcion, mais isto costa os cartiños, y-eu non estoy prà jastos, direylho-ó meu viciño Ijlesias, que com'-o el queira ambos iremos pidindo á toda-tripulacion, que diste modo confio que nos sobrará diñeyro si todos dan seu pouquiño, ô que non quix̃sere dar botareilhe un sermonciño, con que ó farey chorar, ó mesmo qu’-un rapazíño; diste modo quedo franco sin jastar do meu bulsillo: iste un jran pensamento, boume correndo á decilo. Foyse pois determinando á salir do seu boguío é á subir as escaleyras piarou facendo peniscos, porqu'-ainda á embarcacion iba pejand'-óseus brincos; non parou hast'-a atoldilha á buscar ó seu amijo, é dix̃solhe ¿qué hay Igjresias Piloto- Vien venido padre mio: V. viene medio muerto Capp. ¿Il é ó caso prá menos? Pil. Pues aprender buen oficio Cap. Teñoche que consultar: tragoche un voto ofrecido de facer unha funcion á Madre dos aflixs̄idos así que cheg’-ó Ferrol: non sey si podrey cumprilo Pil. ¿Tiene V. mucho dinero? Capp. ¿Que diñeyro nen que Cristo? Teñoche unha estrataxs̄ema feita, que si á consijo n'-hábemos de jastar nada é habemos quedar lucidos. Pil. No como puede ser, no sea algun desatino. Capp. moy pouco saves diso, mira, vente ti co-mijo pidamoslh’-ó capitan que non dudo consigilo qu’-é home de rompe é rax̃sa é il por querer lucilo capáz nesta ocasion de franquearnos ó bolsillo: pidimos-os-oficiás que tamen farán ó mismo é dempois os mariñeyros iremos consecutibos: así nos contentaremos anque seya cun cartiño cada hun, que moytos poucos iran facendo hun moytiño. Pil. La traza no sido mala, no deshago partido. Deronse pois tanta maña ó Piloto é ó cregiño que conforme ó pensaron así mesmo ó consigiron: aqui os dous o consultaron, xs̄a se save, era preciso conforme había de ser á infuncion no Ferroliño. ó primeiro na parroquia; por ser hun edificio, dempois á Misa cantada no Altar do Santo Cristo, qu’-ó Altar mayor aínda non podrá estar concluhido: logo habemos de poñer::::: Pil- Aguarde V. padre mio: ¿y en esto de sacerdotes que asistan á la funcion? Capp- Hom'-e prá ista infuncion poucos crejos naezasito, en x̃suntandose no coro Maestre Freyre é ó seü filho, hèu, ó filho de X̃san Gomez,* D. José Gomez, Sacerdte. q.e.p.d. é mais Nicolás Cordido, cantaremos unha Misa que poucos à habrán ohído: poñeremos ó Señor manifiesto (esto preciso), é en acabando á Misa reserbar decontadiño: ó demais jastar á cera será hun jran desatino Pil- ¿Ha de haber musica, Padre? Capp- : en chamando eu á Sisto Arostigui é mais á outros oficiás dos conocidos temosche musica á bondo é forramosche os cartiños. Pil- Pues en esto de Sermon iré á Sn. Francisco y al predicador de tabla que es un Fraile chiquitico selo recomendaré (con su parecer, amigo.); Dicen que es buen orador y nos dejará lucidos Capp- Home sey que estas louco ou sey que perdiche'ó tino; eu para iste sermon ¿habia d'-ir á Sn. Francisco? nin tampouc’-á Montefaro nin áos Alcantariños? Predicador, com’-eu sey non hay por estes partidos anqu'-ó busques nos Bernardos ou entre'os monxs̄es Benitos anque diga os Carmelitas nin entr'-os Capuchinos. Ti conoces á Suarez que foy noso condicipalo nascola, un jrande estudiante? (Heche un mozo moy lucido) ¿O fillo de Pepe Suarez aquel que vive en Canido? Saves qu'-hé un jran Bachilher é istubo sostituíndo unha Catedra en Santiajo y-agora esta en Beneficio? Pois ese de predicar y de deix̃sar aturdidos á cantos hay no Ferról que moy pouco teñen visto; é si traye á Sotana conque sempre'anda rux̃sindo porque de seda, é parece hun pax̃se dun Arzebispo... Pil. Si es asi me contento y-delo demas me río. En estas idas é boltas foron entrando por Vijo é ó qu'-alí socedeu non cho poderey dicilo; hasta qu'-entraron aquí, que lojo deron principio á facer á sua festa, que che foy por este istilo: en permeiro foyche Igresias dar có-él ó Beneficio deronse catro abraziños qu'-ehé natural entre amijos pois x̃sâ habia muyto tempo qu'-os dous non se habian visto, lhè encargaria ó sarmon qu'-á eso iba dirix̃sido, contarialhe os pasax̃ses é tormentas qu'-habian tido, é como isto de palabra sempre pasa polo olvido pideo lhe dese ó diario para estar mais adevertido; é de resultas de isto botarian un tragiño, qu’-os curas beneficiados sempre teñen hun viño: haybos certas malas lenjuas qu'-andan no Ferrol dicindo que cando fixs̄o o sermon que ó fora dirixsindo aquel filho de X̃San Gomez que che lebo referido; mais eu amijo non creyo; qu'-anqu'-hé estudiantiño para isto de Sarmós menester ser sabído: en fin D. Anxs̄el Suarez saleoü do seu beneficio, é beuse pro-ó Ferrol tres dias antes Domingo; hibase todas as noytes có ó outro seu amijo, metianse na parroquia, é quedandose soliños; cerrabanse por adentro, subiase ó Pulpitiño, desde ali daba unhas voces, que se aturdía á si mismo: interin qu'-así berraba andab'-aquel seu amijo xs̄a nunha parte xs̄a noutra xs̄a frente do Sto Cristo xs̄a detrás d'-unha colüa; por si pudia ser ohído ou se perdia aljun jrito. de resultas de esta proba quedou tan sofocadiño, que botou polos fuciños de sangre mais d’-hun cuartillo. O dia de Sn. Lourenzo qu'-est'-ano cadro'-en dominjo áló por redor das dez á festa deu seo principio: empezaron á tocar acordes os musiquiños é empezaron á cantar os do coro á hun tempo mismo. Freyre facía de baix̃so, de tiple facia-ó filho,. é dempois de contra-alto iba Nicolás Curdido; de Tenor facia Franco qu'-á veces daba us chilhidos qu'-ô botaba á perder todo, senon fora pelo filho de XS̄an Gomez, qu'-o enmendaba é cáse facia, ó mismo: en fin non cantaban mal, anqu'-eu non fun ohílos, tampouco ohín ó sermon; pero contoume un amijo todo canto zocedeu é che lebo referido. Asistiron á funcion ó XS̄eneral qu'-hé amijo da casa, é iste libóu á os oficiás con sigo: Asístèo ó Gobernador con todos os seos blanquilhos, dempois tamen ó Intendente lhe foy facer ó comprido; dempois os do Ministerio tamen fixs̄eron ó mismo; asistiron as Señoras as de tintin é abanico, as de hábito do Carmen, as Señoras do pouquiño, é as de media tixs̄eira é tamen as de trapiño, todos estes convidados foron polo consavido Señor cura de Sillobre con recados pohiticos, ádemais X̃sente do Pueblo que x̃sà leran os edictos qu'-habia polas esquinas de que predicaba un filho do Ferrol, todos estaban renegando por ohílo: empezouse á celebrar de esta Misa ó Sacrificio é chejando ó evanxs̄elio lojo viron de improviso que ó señor Abade estaba xs̄á no pulpito metido có-á sotana de seda á pelhiz de cambray fino aplanchada é aliñada que parecia un armiño, é con hun pucho na más qu'-hé necesario ó aliño é dempois arrodilhouse para botar ó bendito; lojo coljou ó bonete d'-hun crabo ou garabatiño, é persignouse en latin, que foy un gran desatino non prosegir ó Sermon en latin; por que imax̃sino, que os mais qu'-estaban dentro cas'-entenderon ó mismo, qu'-ahora os seus paisanos por non saver ó qu'-hé lhan de romper ó vistido; cruzou os brazos, cerrou os olhos, murmuñou, non sey que dix̃so, en esta ocasion estaban todos colgados d’-hun fio, cando isto me contaron acordeime d'-hun libriño, que lín, en donde hachey para este caso hun contiño: alá en certa ocasion daba un monte grandes gritos porque queria parir é tiña ô mundo aturdído pensando que rebentase ou pegase un estalhído ou abríse unha bocaza é dela salise un rio qu'-anejase tod'-o mundo é nos deixsase sumerx̃sidos; chejóu ó dia do parto éparíu hun ratonciño; con qu'-amijo, sei me entendes atí este conto che aprico; por que sejun me contaron aquí socedeo ó mesmo; cando todos esperaban que botase o sermon a gritos como cando se ensayaba, il falaba tan pasiño qu'-algunos coidaban qu'-as falas iban pola porta fux̃sindo, á cual cerraron entonces, pero despois foy ó mismo; de sorte qu'-aljunos qu'ohiron, cando pejaba alguns gritos, entrabalhes pola boca, pero non polos ohidos: esto que me contaron que fora facendo un misto de encontro, de sintimentos, de colüa, crucifix̃o, bofetadas, desenclabo, bolbiase á barca ou barquillo; x̃a falaba de borrascas bolbias’-á ó Crucifix̃o desorte qu'-el enclaboü unhas tres veces á Cristo: él salía do Calbario é iba d'-arribada á Vigo, falaba do Capitan qu'-hé teniente de Navío. é poñiase á chorar com'-hun neno pequeniño: estonces os qu'-ó ohían dicían que estaba rindo do gozo é de contento de ver oben que o fix̃o: duróu com'-hora è media pero anque durara un siglo sin comer é sen vever se podía estarlhe ohíndo, anqu’-hay aljuns que n’-entenden óutros mais contentadizos que porqu'-estubo algo largo diz qu'- lhes causou fastidio, ó demais n'-estibo malo, se os qu'-ohiron n'-entenderon il non tibo culpa amijo qu'-ó sarmon era prà outra poblacion mais distinguida; dentro d'-hunha Catedrál diante todo hun cavíldo porqu'-este pueblo hast'-ahora está moy mal estruhído. Eu ohín á duas vellas en Sn Roque, que lhe dix̃o unha-á outra ¿qu'-hay fulana? ¿ohíche ó sarmon domingo? ¿que che pareceo de èl? saves qu'-andan dicindo dix̃olhe á outra ¡ay amija! así cheme axude Cristo que che me fix̃o chorar é votar catro moquiños, é cada vez que m'-acordo anda me socede ó mismo; anque hay algjuns ignorantes dos que che foron a ohílo que non lhes pareceo ben que se pux̃era no sitio il anda che meu parente é mais seique teu primo. X̃a se save, dix̃o á outra qu’-o abó dél era meu tio; seu abó era meu abó. Pois mira se teu parente: é así amija do sarmon non che podo decir fixo, huns din ben, outros din mal quen lhes tomara ó tino, janou oito pesos duros é il salíu d'-alí rindo, lojo se foi á Mujardos donde quedou moy lucido porqu'-alí hay outra xente que non hay no Ferroliño. Foy pedricar de Sn Roque y-antes tomou dous caldiños que non sería tan mal en Ferrol fixera ó mismo: esto ó que pasou que chemo contou un amijo que tamen déu prá á festa cando arribaron á Vijo, dín que de predicar de Sn X̃ulián ó martirio, moy pouco tempo lle dan prá rexistrar os seus libros: Infin do que socedere se qu'-os dous andan x̃untos eu cho participarey: entretanto Adios amigo.

Conocìlos à todos, y se percibiria mejor, si yo le leyese: omnes in pace requiescant. Amen.


Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt