GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND066

Pois a meu amo así moles

TítuloPois a meu amo así moles
AutorCernadas y Castro, Diego Antonio
Data orixinaria1753ca
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Ô Pandeiro de fol na man da Ama do Crego da Aldea, quenon pode Calar sempre qe oie pandeiradas. Dezimas Pois à meu Amo asi moles forza, meu Peruchiño, si o Crego vai ao Mohiño, que eu ande as boltas co os Foles: Juroche, que, aunque me esfoles; non deixo as miñas chouteiras, que por mais, e mais, que queiras, mentras pan como a Zernadas, si andas nessas Foliadas non che faltaràn Mohiñeiras. Non te queijes si chas cantan, ni andes facendo monecras, que non se tocan as tecras, si os Foles non se lebantan: si estes à bufar se adiantan, calar non pode o instrumto. dalles aire con mais tento, que os Foles en meu juicio, para seren de servicio escusan ter tanto vento. Non sopres, non me degoles, que acà no meu Lar, si alguen sopra, sino sopra ben lle dizen, Merda nos Foles: Sopra gaiteiro, que as moles co as duras se han de lebar è si che Dan en cheirar estos refrans, que che digo, posto, que eres Fole, amigo, soprate essa, ou non soprar. Poslle à meu Amo Demanda, por que coa sua probeza nunca se veu na limpieza de ter tres varas de Olanda: mais en esta Zarabanda mellor che fora no andar, pois nada ves à sacar, sinon o sauer mais bèn, que si alguns limpios sevèn por que ten, que limpiar. Tal lle escribiches? Arredro vai Satanas: sant Outel, mais o mismo para el foy, que tu la tienes Pedro: Cando de essas ai, eu medro, que como anda co os seus lotes, aun que eu non governe os potes, Cala, è como el non se asañe non se me , que regañe Perico el de los Palotes. Cata que conto donoso, que agora por esa guerra sei por que na nosa terra lle chaman Pedro a ò Raposo: non me sexas tan goloso, que Non chè he cousa de risa, fiate dequen te avisa, que ò Raposo, aun que se esconde na semana fai, por donde o Domingo vai à Misa. Andas con papeles bobos nun conto, que esta mucho, mais ao Raposo, Perucho, mal lle vai cando anda a os ovos: non levantes preitos novos, è toma os meus parezeres, que si antroidar con el queres, enchendote coma un Bode, na Coresma non sepode entrar co ese Pedro peres. Diràs, que son porquerias, pero quen pareu, que arrole, quen ten culpa de que a Fole se lle antoxasen Folias? por que dou nesas manias con quen non lle fixo ò son? mais todo alegra a funcion, vendo metidos de ganga à Rioboò na Mogiganga è a Fole, no Folion. Pasmame por este Sol, que à meu Amo, que un probete un Fol con quen non se mete mo queira meter nun Fol: tiroulle cun Cartafol à Derrucarlle as queixadas; ah probe Crego Zernadas! algun Demo nesto andou, que el nunca verse pensou entales emfolizadas. Si veu meu Amo à Nizolio, por que Fole con el bole, si calquera ten a Fole conozido ao primeiro Folio: si por que ò ven sin un olio Deixarmo quere às escuras, coidado coas escrituras, por que na man de Zernadas sabe, que estan notadas por todas as Foliaturas. Pideuche cera Zernadas, e ti (Dios che mo console) para mostrar que eres Fole, lle queres dar Folipadas: Deixate de tolaxadas è ponte amigo mais mol, pois craro coma ò Sol, que el non tivo malidade contra ti; no chè verdade? Si, que aqui no ai gato en Fol. Meu Amo para os seus fis, escusa Foles, ni Alforxas que os Foles solo siruen nas forxas os foles para os Barquis: no andemos en mais latis que do craro ninguen fuge, pois contodo o ruge, ruge, que a verdàd non val un Nauo, Dos Foles ò cabo, o cabo que sai en limpio? foluge. Non me andes mais rebuldando, sinon queres de estas bregas, ai Fole, tu te folegas?, pois vamonos folegando: Si tès o pelexo brando, para que te pos à o Sol, ponte coma ò Caracol, que consigo non rebole, è a Dios, que te garde Fole, è garde à meu Amo ò fol.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt