GALEGO   ENGLISH   ESPAÑOL

GOND078

Entremés ao real e feliz parto da nosa raíña

TítuloEntremés ao real e feliz parto da nosa raíña
AutorRoel, Salvador Francisco
Data orixinaria1707
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

ENTREMES GALLEGO, QUE COMPUSO SALVADOR FRANCISCO ROEL, Natural de la Coruña, AL FELIZ, Y REAL PARTO DE NVESTRA REYNA, (que Dios guarde) luego que llegò la noticia. Sacalo aora à luz vn Amigo de el Autor. Con licencia: En Santiago: por Jacinto del Canto, en la Imprenta del Doctor Don Benito Antonio Frayz.

PERSONAS.

Afonso. Christobo. Alberte. Cathaliña. Irena. Marta.

Salen Afonso, y Christobo.

Afous. Ben venido meu compadre sejàs vòs muy ben chegado: a comadre como queda? Christobo Queda o boso mandado, moy ben forte e moy ben reja. Afon. E como està o afillado? Christ. Esse quer ir a Escola, pero porque non tèn sayo està decote na Eyra para escorrentar o Gando. Afon. Pois esso non e ben feyto, porque e vivo coma vn allo, fino coma vnha pimenta, e se quer ser Lecenceado an que venda os bois do jugo lle teño de dar estado. Christ. Vivàs moyto meu cõpadre, Deus bos garde moytos anos, que sempre quijestes ben à todos os afillados. Afou. Eu polo menos Christobo os que son ben incrinados, querolles polo vivir, e mais ei de ver ogano se o podo por na Escola. Christ. Tendesme moy obrigado, Afonso Deus bolo pague, porque eu non podo pagalo. Afons. Deceme agora Christobo vos oistes contar algo do Parto da nosa Reyna? Christ. Si meu compadre chegaron as nobas estoutro dia, que a todo o mundo alegraron, e nas festas que lle fan se gastan moy bos ducados. Afons. Pois por esto esta mañàn eu quijen mandar chamarbos, que quero que me contès todo como foy de prano. Christ. Eu direybolo o que sei da forma que mo contaron.

Sale Alberte muy assustado.

Albert. Homes que facès aqui? Como estades tan parados? Non sabès, que o Portugues (que de rabia està bramando) quer poñer a nosa terra vnha guerra dæs Diabros? Afons. Ou Alberte que decès mas nobas e màs mandados veñan del, que tal percura, e pois esse desdichado agora que busca acò, seique non està enfadado dandar alò por Castilla adonde lebou seu pago, ay nunca che el acò chegue. Alb. Homes no ay descuydarnos vamos prevenir os chuzos, os alcabuces e frascos; porque vn home prevenido sabès que val por catro. Christ. Alberte quen contou esso, que sei que bos enganaron. Alb. Tratà de calar Christobo, que mo dijo o Sagretario, e por mais sinas me dou vn polbo do seu tabaco. Afons. Pois decenos como foi, e mentres vamos tomando tamèn, todos tres vn polbo que fostes regalado. Alb. Dareybos do que me dou que o ten moy estimado. Afons. Iasus que tabaco forte! valbos cada pinga vn carto. Christ. Ay Alberte este he da Vila. Alb. Si tuberamos entrambos cinco libras, fora ben: mais como bos bou contando falando dos Portugueses eu a mais o Sagretario dijo, que estaban cruès, e que estaban desejando darnos vnha quentadura, porque en Almanza quedaron todos tristes coma a noyte, perdidos e derreados; e non podia ser menos, que como estàn tan inchados, imaginan que han de ser entre todos levantados, mais fan coma Lusafel, que sempre quedan debaijo. Afonso. Alberte tendes razon, que todos son us cuytados non teñen habilidade se non para andar tocando vn Rebeque pola Vila con seu Espadin o lado e mais para comer Dulces. Alb. Pois cõmo bos bou contãdo, diz que alò por Monte-Rey todos postos en seus Facos, quijeron entrar acò; pero que estaban tembrando, que lles quentasen o lombo e por esso non entraron astra vèr si pode ser. Afons. Alberte falemos craros nosoutros temos a culpa, que se foramos armados con aguilladas e chuzos, ouberàmos de botalos alò para en cas de Iudas. Alb. Esso si, mais non estamos nosoutros nas armas destros. Afons. Non importa, en tal caso tirando sen reparar moytas vezes acertamos, e mais calquera Gallego con duas lizòs, ou catro acerta moy lindamente. Christ. Vòs sabès o que eu reparo, segun o que me dijeron, que os Gallegos apertados fanbos, nin quitar nin pór coma se fora vn Boy manso, que mentres que no no apertan esta moy assossegado; pero despois que o pican non se Touro mais brabo. Afons. En esto decès moy bèn, que teño reparado moytas vezes esso mesmo. Alb. Eu polo menos o fago. Christ. E todos gerenalmente. Afons. E pois eu maldito canto bos reparo en cortesias an que seja cos Fidalgos. Christ. Alberte dame outro polbo, que eu che darey outro tanto. Afons. Emais diz ben meu cõpadre Alb. Mentres dure ide tomando. Christ. Vallanos Deus quẽ nos dera a todos tres nun Estanco sinque nos vira ninguèn, que estonzes foles e sacos ouberamos de encher dèl, para tomar todo o ano. Afons. Polo menos este e . Alb. E tabaco de regalo; pero volbamos o conto. Afons. Esso non, vamos falando do Parto da nosa Reyna, que Deus garde moytos anos. Alb. Ela logo ja pareu? Christ. Home si, que chegaron as nobas estoutro dia. Alb. Iasus! de contento salto. Afons. Pois por esso os Portugueses andan tan amofinados. Alb. E bos verdà meu Afonso, fio do Siñor Santiago, que han de beyjar a correa todos estes rebelados, e que han de lebar palliza como en Almanza lebaron. Afons. Deyjà que o noso Felipe lles amaynarà os inchasos. Christ. Emais agora, que todos tan contentos nos achamos con nobedades tan boas. Afous. Bay Christobo, bay cõtãdo. Christ. Epois como iba decendo, as nobas que mandaron foron, que pareu à Reyna vn Miniño moy galano, bonito coma vnhas pierlas, e coma vnhas neves branco; conque temos agora vn Princepe moy Sobrano, que ha de ser en defendernos contra o Portuges vn Rayo. Alb. Agora si, que podemos chamarnos afertunados, pois que toda España goza vn fabor tan desejado. Afons. Agora si, que estaràn os ladròs dos Luteranos, todos cubertos de loyto polos seus negros pecados. Christ. Agora si, que andaràn os Mofinos desdichados sen Espadin nin Rebeque, tristes cos brazos cruzados. Alb. Agora si, que andaremos os Gallegos alentados pois que Deus nos alumbrou en darnos o seu amparo.

Salen Irena, Marta, y Cathalina muy apresuradas, y dizen.

Todas 3. Afonso, Alberte, Christobo? Los 3. Marta, Cathaliña, Irena? Las 3. Donde estades destas horas? Los 3. Donde vindes con tal presa? Cath. Vimos para bos contar o que ay de nobo na Aldea. Afons. E que ay à lò Cathaliña, veu algunha noba fresca? Cath. Chegou agora a noticia que pareu a nosa Reyna, e todo o Lugar se abrasa con regosijos e festas, e por esso nos viñèmos todas juntas a carreyra, para que tamén vosoutros assistades nesta festa. Afons. Decès moy bén miña Dona, que vnha noba coma esta e justo que os Españoles a festejen pola terra; porque che ay grandes anos, que moyto se che deseja. Mart. Vallanos Deus meu cõpadre se eu forà sua Parteyra e estubera à lò en Madril, que tantos dobròs me deran? Irena. E se eu fora sua Ama, que de regalos comera e mais avia dandar metida nunha Liteyra. Afons. Mulleres tende juizo, non sejades paroleyras. Christ. Ay Afonso meu compadre se fora dessa maneyra non tiñamos grande sorte? Afons. El mal non bos estubera; pero digobos, que vos non nacestes nessa estrela. Cath. Ora de que serà o Brullo? Irena. De tafetan de seda. Marta. Non serà se non de raso. Cath. Ainda non destes na teima, serà de teas Dolanda. Iren. Non quer coussas dessa terra. Marta. Pois serà de Alemanisco. Irena. Tampouco quer dessas teas. Afons. Valla ma Virgen mulleres non calarès essas lengoas. Cath. Deyjanos en paz Afonso, que quèn pergunta non erra. Afons. Cathaliña decès ben cando a pergunta ne necia. Cath. Pois que bos parece a vos, se miña comadre Irena oje chegara a ser Ama do nosso Rey, non fijera, que a todos os seus compadres lles mandasse moytas rendas? Irena. Emais que estubessen libres de trabucos e de lebas, e que noubesse pillaje coa nossa parentela. Afons. bos digo que vosoutros non nacestes nessa estrela, e assi tratà de calar. Cath. Pois vamonos logo a festa. Afouso. Non que agora todas tres podès ir pola merenda, e traguede de camiño o pandeyro e as ferreñas, e pois, que estamos aqui, aqui faremos à festa. Christ. Afonso tendes razon. Alb. Pois id e vinde a carreyra.

Vanse las mugeres.

Afons. Que vos parece compadre estas mulleres tolean? Christ. Meu compadre todavia non digamos mal da feyra, que non se pode acabar aquelo que non se empeza: elas se foran Siñoras, e tal fertuna tuberan, grande sorte nos cobria. Afons. Ay non quebrès a cabeza, tratà, tratà de calar mentres que a merenda chega. Christ. Pois tomemos outro polbo, Afons. Esso si, que a nosa Reyna tèn Siñoras principàs para Amas e Parteyras. Alb. Quita da pranta do este tabaco a brasfema. Christ. E que tamen o fay esta vosa tabaqueyra. Afons. Troquèmos ambos cõpadre Alb. Compadre se bos contenta non e menester trocar, tomad e servibos dela, que se fora douro ou prata con mais gusto bo la dera.

Salen las mugeres con pandero, y sonajas, y vna cesta con la merienda.

Cath. O ra ben aqui vèn todo moy ben composto na cesta, tratemos de merendar e despois fagamos festa. Afons. Ponda messa Cathaliña. Christ. Sacad essa bota Irena. Alb. Sacà Marta esse pernil. Cath. Homes tende pouca pressa, que para todo ay bagar. Alb. Ay vamos poñendo a messa. Christ. Bebamos pirmeyro vn trago. Alb. Adonde està a tembradeyra? Cath. Tomà, tomà miña Virgen, que si a sede vos aperta. Afons. Mentres tended as toallas, que verès como nos presta.

Ponese la messa, vàn bebiendo, conforme dizen los versos.

Alb. Afonso probà este viño. Afons. A miña comadre Irena. Irena. Despois de vos meu cõpadre. Afons. Non sejàs comprementeyra. Irena. pola vosa saùde. Afons. As mulleres son permeyras. Irena. Parece que e moy viño. Alb. E bos viño da Ribeyra, Tomà bebè Cathaliña. Cath. Alberte Deus cho receba. Alb. Moy bon porbeito bos faga, tomà Marta essa goteyra. Marta. Ay meu Dono todavia lembraste da tua bella, vaya a saude de tobos. Alb. Despachà que teño pressa, Afonso tomad agora. Afons. Veña meu Alberte veña. Alb. Ora despachà mulleres, acabà de pòr a messa. Afons. Este e trago de viño. Alb. Pois esto e o millor da festa, ora probà vos Christobo. Christ. Da vosa mao bieiteyra beberey, brindo por todos. Alb. Acabàs co essa merenda? Cath. bos podès assentar. Alb. Deyjame probar si quera vnha gota a min tamen. Marta. Pois tendela vara e besta quen bos quita que bebàs? Alb. Ay Iasus como me presta. Afons. Ora partan o pernil.

Aqui se sientan.

Alb. E mais tenbos boa freba. Christ. Eu cortarey o molete. Cath. Tomà vos essa rigeyfa, porque tamen e pantrigo. Alb. Ora vàn comendo e beban Afons. Pois bay botãdo Albertiño. Alb. Esso si que me contenta. Afons. Eu brindo po la saude da nosa Siñora Reyna Christ. Eu brindo po lo Infante, que Deus lle moytas medras. Irena. A saude do noso Rey, que toda España governa. Cath. A saud da Parida, que nostro Siñor lle dea moyta saud e permeta, que outro Fillo logo teña. Marta. Po lo dito meus amigos. Alb. Mais que po lo dito seja, que eu tamen quero brindar por todos desta maneyra.

Bebe por la bota.

Todos. Vitor o noso Filipe, vitor, viva a nosa Reyna. Christ. Brabo sabe pola bota Alb. Homes sabe que sanea. Afons. Pois o pernil està . Alb. Val vn dobròn de sesenta. Irena. Deceme miña comadre o Berse, de que madeyra serà, para o noso Infante? Cath. De que pode ser de pierlas? Marta. Serà de marfil ou prata. Irena. Pode ser que douro seja, porque o ouro ja sabès, que astra os miniños alegra. Afons. Ora tratà de comer, e veñan as castañetas, que quero dar duas boltas o pandeyro e as ferreñas. Alb. Pois bebamos outro trago antes de empezar a festa. Afons. Digo que tendes razon e que todos juntos beban, e que fagan outro brindis a saud da nosa Reyna, e do noso Rey Felipe a que Santiago o defenda de treydores e falsarios, e o libre de tantas guerras. Tod. Vaya, vaya po lo dito, viva o noso Rey e Reyna, e Deus nos garde o Infante para ter nosa defensa. Irena. Ora bèn que brindamos e comemos a merenda, vnha cousa falta agora. Afons. Epois que nos falta Irena? Irena. O que falta meus amigos, e que todos se preveñan para fazer vn presente o Fillo da nosa Reyna. Cath. Tèn razon miña comadre, eu quero ser a permeyra, que lle ofrezo decontado trinta netos de Manteyga, catro fayjas, seis Camisas do meu Crarin moy ben feitas, porque mas ha de fazer Mingotiña a costureyra, Irena. Vinte cinco ducias Dobos eu lle ofrezo, porque teñan conque fazer os Formigos, e de mel vnha caldeyra, que os meus cobos e cortizos teñen moy boas entenas; porque sairon ogano moytos enjames da bellas. Marta. E pois eu tamén lle ofrezo duas ducias de regeyfas, seis moletes, dèz galiñas, que teño na capoeyra, e mais vn par de capòs que màn de dar quintafeyra. Afons. Mulleres que vosoutras fijestes vosas promessas, tamèn e justo que nòs fagamos nosas ofrendas. Eu lle ofrezo seis carneyros os mais millores da Aldea, media ducia de cabirtos que teño de boa medra, e vinte e catro pichons, porque son cousa moy tenra. Christ. Eu treze moyos de viño que ei dir catar a Ribeyra, lle prometo moy gustoso, que anque o Miniño non beba os pajes poden beber a honra de tanta festa. Alb. E pois eu doze perdizes, e de polos ducia e media lle hei de lebar se Deus quer, e se podo vnha Tenreyra, por ser prato regalado que se estima en calquer mesa. Afons. Epois vanse prevenindo, e poñamonos en jerga, para marchar a Madril antes co imberno veña. Alb. Permeyro vamos baylando. Tad. Esso si, vaya de festa.

Tocan, danzan, y cantan lo siguiente.

Apostolo Santiago, que bos achastes na guerra, ajudad o noso Rey pois que po la pelea. Taylalala, taylalala, taylalala, taylalela. Miña Virgen do Portale assistì a nosa Reyna, para criar o seu Fillo para paz da nosa terra.

LAUS DEO, ET VIRG. MARIÆ.

Hallarase en la misma Imprenta.


Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt