Neoteca 1997-2007 - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo
Abreviaturas
1. Procedementos de formación de palabras:
FSUF |
Sufixación |
FPRE |
Prefixación |
FPRSU |
Parasíntese |
FCOM[1-8]* |
Composición popular |
FCULT |
Composición culta |
FVAR |
Variación |
FCONV |
Conversión sintáctica |
FABR |
Abreviación |
FACR |
Acronimia |
FSIG |
Siglación |
FSINT |
Sintagmación |
SEM |
Neoloxismo semántico |
EA** |
Empréstimo adaptado |
ESA** |
Empréstimo sen adaptar |
* Na abreviatura FCOMn, “n” é o número correspondente ás seguintes categorías:
- Adxectivo + adxectivo: económico-administrativo, urbano-industrial (FCOM1)
- Substantivo + substantivo: paquete- bomba, cea-coloquio (FCOM2)
- Verbo + verbo: ceavogar (FCOM3)
- Verbo + substantivo: cazaautógrafo (FCOM4)
- Substantivo + adxectivo: aborto cirúrxico (FCOM5)
- Adxectivo + substantivo: alta velocidade (FCOM6)
- Adverbio + substantivo: malnutrición (FCOM7)
- Adverbio + adxectivo: malfinado (FCOM8)
** A codificación dos emprestímos realízase atendendo á lingua de procedencia do empréstito; así, engádeselles ás siglas EA ou ESA (segundo cumpra) o código ISO da lingua orixe, por exemplo:
ESAPT |
Empréstito sen adaptar do portugués |
EACA |
Empréstito adaptado do catalán |
EAFR |
Empréstito adaptado do francés |
2. Abreviaturas nas notas
- Neoloxismo documentado nos dicionarios con algún tipo de marca (/1)
- Indicación dunha variante respecto da unidade que inclúe o dicionario consultado (/2)
- equivalente galego, no caso dos empréstimos: boy scout (escolta)
- variante morfolóxica: valorización (valoración)
- variante flexiva: faxos (faxes)
- variante sinónima: infopista (autopista da información)
- Neoloxismo que se intúe que se trata dun erro tipográfico, non dunha variedade ortográfica nin morfolóxica: conservadurismo (conservadorismo) (/3)
- Neoloxismo semántico. Indícase respecto de qué acepción das que recolle a fonte de exclusión é unha modificación do significado, e a fonte (/4)
- Linguas de especialidade. Indicarase a pertenza a un determinado dominio de especialidade. (/7)
- Contexto insuficiente para interpretar o neoloxismo (/5)
- Outras. Dentro desta nota incluimos o subgrupo codificado /6A (cos comentarios que se consideran pertinentes e que non se poidan incluír en lugar das outras notas) e o subgrupo codificado /6R (que inclúe todos os neoloxismos que se poden parafrasear “relativo a…” [persoas, lugares, institucións]. Este segundo grupo subdivídese da maneira seguinte:
- relativo a ámbitos xeográficos (madridismo)
- relativo a nomes de persoa (fraguismo, beirismo)
- relativo a organizacións ou tendencias políticas, militares ou afins (abertzalismo)
- relativo a entidades deportivas (blaugrana, barcelonismo)
- relativo a entidades culturais ou relixiosas
- relativo a outras
Seminario de Lingüística Informática / Observatorio de Neoloxía, Universidade de Vigo, 2006-2016
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart