Envío dos datos

A información recadada no traballo de campo e organizada nas follas de cálculo debe subirse á aplicación por medio dos formularios elaborados para cada un dos campos semánticos. Na páxina inicial destes é obrigatorio cubrir os datos do centro e indicar o concello ou concellos onde se recolleu a información. A seguir, cargarase a folla ou follas de cálculo (máximo cinco arquivos), que deberá ter un tamaño máximo de 10 MB. Ademais, ofrécese a opción de subir as imaxes (fotografías, debuxos…) obtidas ou utilizadas durante a enquisa para cada unha das preguntas.

FORMULARIOS PARA O ENVÍO DOS DATOS
A madeira e a carpintería
O mar
As medidas
O muíño
O pan
O porco e os embutidos
Os tecidos e a costura
A vendima e o viño
Os xogos e xoguetes