logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aberto
adx Amplo, libre, raso. Fendido, gretado, roto. Descomposto, escordado (teño un pulso aberto). fig Claro, directo, espontáneo, franco, leal, sincero. Comprensivo, tolerante, transixente.
accesible
adx Acadable, alcanzable. fig Aberto, afable, tratable (aínda que sexa policía é un home moi accesible). Comprensible, doado, fácil, sinxelo.
ceibo
adx Ceibe, desatado, libre, solto. Aberto (monte). fig Célibe, solteiro.
claro
adx Iluminado, luminoso. Brillante, limpo, nítido, transparente. Despexado, soleado. Evidente, manifesto, nidio, obvio, patente. Aberto, franco, sincero. sm Clareiro, van, calva. Clareeira, raiola, estiñada, candelo, raiolada, escampada.
comunicativo
adx Aberto, extravertido, faladeiro, falador, falanchín, falandeiro, falangueiro, sociable, tratable.
declarado
adx Aberto, claro, concreto, evidente, expreso, manifesto, notorio, obvio, ostensible, patente.
deloirado
adx Aberto, delourado, albadeado, claro, despexado, desanubrado, desentoldado, espellado, limpo.
desanubrado
adx Aberto, albadeado, claro, deloirado, despexado, desentoldado, espellado, limpo.
descomposto
adx Falmegado, mazado, merado, podre, podrecido, putrefacto. Derramado, desamañado, desarranxado, desfeito, escaralladovulg, estragado. Alterado, desaposto, desfigurado, desguedellado. Desintegrado, desmembrado, desunido, dividido. Aberto, apartado, dislocado, escordado, trascanteado (despois do partido quedoume un óso descomposto). Diarreico, escagarriado, esfoirado. fig Alporizado, anoxado, enfadado, irado, intranquilo.
despexado
adx Aberto, albadeado, claro, deloirado, desanubrado, desentoldado, espellado, limpo. Baldeiro, baleiro, desocupado, libre (a praza está despexada pola tardiña). Desperto, intelixente, listo, agudo, perspicaz.
directo
adx Dereito, recto. Aberto, claro, espontáneo, franco, sincero (gústanme as persoas directas coma ela). Inmediato.
dislocado
adx Aberto, apartado, descomposto, escordado, trascanteado.
efusivo
adx Aberto, extravertido, dado, caloroso, expresivo. Afectuoso, amable, cariñoso, cordial.
espazoso
adx Aberto, amplo, ancho, desafogado, extenso, grande, vasto.
espontáneo
adx Voluntario. Aberto, franco, instintivo. Bravo, natural, silvestre.
expansivo
adx fig Aberto, comunicativo, dado, efusivo, extrovertido.
extravertido
adx Aberto, comunicativo, faladeiro, falador, falanchín, falandeiro, falangueiro, sociable, tratable.
extrovertido
adx Aberto, comunicativo, espontáneo, expresivo, falangueiro.
falandeiro
adx Aberto, extravertido, faladeiro, falador, falanchín, comunicativo, falangueiro, sociable, tratable.
feso
adx Aberto, crebado, dividido, fendido, gretado, lañado, partido, rachado. Gallado, leboreiro, leporeiro, leporino, rachado, quilodieresia (a pobre meniña naceu co labio feso).
franco
adx Aberto, claro, natural, sincero, sinxelo. Exento, libre (no exército quedou franco de servizo). Aberto, despexado, expedito, libre (o paso está fra nco e pódese continuar).
natural
adx Aberto, auténtico, espontáneo, franco, sincero. Común, corrente, habitual, lóxico, normal, propio, usual, xusto. Espontáneo, instintivo, inxenuo. Conxénito. sm Nativo, aborixe, oriúndo, orixinario, indíxena. Carácter, condición, natureza, talante, xacer (as miñas fillas son de bo natural).
raso
adx Adrado, desmestado, ralbado, raro. Aborroado, acugulado, atacado, ateigado, cheo, colmado, repleto. Aberto, despexado, libre. Achaiado, chairo, chan, liso, plano. Rastreiro, rapeño, rasante. sm fig Baldío, ermo, paramal, páramo.
razonable
adx Aberto, accesible, afable, amable, dado, franco, tratable, sociable.
sereno
adx Acougado, calmo, sosegado, tranquilo. Aberto, albadeado, claro, desentoldado, espellado, limpo (o ceo quedou sereno despois do trebón). Despexado, sobrio (nunca conduce sereno). sm Serán, orballo, resío, relento.
sociable
adx Aberto, accesible, amable, comunicativo, cordial, dado, extrovertido.
tolerante
adx Aberto, comprensivo, condescendente, flexible, indulxente, permisivo, respectuoso, transixente.
trascanteado
adx Aberto, apartado, dislocado, escordado, descomposto.
tratable
adx Aberto, accesible, afable, amable, dado, franco, razonable, sociable. Negociable.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.