logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abrasado
adx Carbonizado, escaldado, queimado. fig Acalorado, sufocado. Consumido, mirrado. Escaldado, escarmentado.
acendido
adx Aceso, iluminado, prendido. fig Acalorado, alporizado, ardente, enardecido, encendido. Aceso, agudo, forte, vivo (leva un traxe dunha cor acendida). sm Arranque (estragouse o acendido do coche).
asado
adx fig Acalorado, sufocado (estou asada con tanta calor). sm Pucheiro.
febrento
adx Febril, delirante, acalorado, caloroso, pirético, quenturento, quente.
febril
adx Acalorado, caloroso, delirante, febrento, pirético, quente, quenturento. Ansioso, apaixonado, ardente, ardoroso, axitado, delirante, desacougado, exaltado, excitado, frenético, inquedo, inquieto, intenso, louco, nervioso, tolo, vivo.
quenturento
adx Acalorado, caloroso, delirante, febrento, pirético, quente, febril.
vivo
adx fig Acalorado, animado, ardente, enérxico, expresivo, fervente, fervoroso, fogoso, impetuoso, intenso, penetrante, persistente (a Carme ten un carácter moi vivo). Actual, presente, vixente. Agudo, desperto, dilixente, eficaz, espelido, esperto, intelixente, listo, sagaz (ese rapaz é vivo como unha denociña). Galopín, pillabán, pillo. Apaixonado, expresivo. Áxil, rápido.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.