logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acomodar
vp vt Colocar, ordenar. Adaptar, conformar, arrombar, amoldar, disporse, axustar, adecuar, preparar, axeitar, arranxar, dispoñerse, habilitar, acondicionar, amañar. Acordar, cadrar, casar, combinar, concertar, conciliar, harmonizar. Acomedarcol, arranxar (xa acomodei o gando coa herba que lle levei). Colocar, instalar, repanchingarsecol (acomodeime ben nunha cadeira). Instalar, situar. vp Conformarse, resignarse (é preciso acomodarse co que hai).
acordar
vt Convir, decidir, determinar, resolver. Afinar (acordou as voces). vi Cadrar, casar, combinar, concertar, conxuntarse, harmonizar, sintonizar. Espertar, recordar. vp Decatarse, lembrarse, recordar, rememorar (a miña avoa acórdase de cando tiña seis anos).
apalabrar
vp vt Acordar, axustar, concertar, convir, pactar, tratar. vp Comprometerse, prometerse (Xosé coñeceu a Sara e apalabráronse axiña).
arranxar
vt Amañar, compoñer, compor, reparar, repasar. Amañar, arrombar, ordenar (as cousas). Aderezar, compoñer, compor, enfeitar (as persoas). Amañar, resolver, solucionar. vp Administrarse, amañarse, apañarse, axeitarse, desenvolverse, gobernarse, manexarse. Acordar, avirse.
axustar
vp vt Acomodar, adaptar, adecuar, amoldar, axeitar. Acordar, contratar, pactar. Amañar, arranxar. Apertar, cinguir, cinxir. vi Casar, combinar, corresponder, encaixar, igualar. vp Adaptarse, cinguirse, cinxirse (tes que axustarte ao que hai).
combinar
vp vt Mesturar, unir, xuntar. vi Dispoñer, ordenar. Acordar, avinzar, axustar, asentar, concertar, concordar, convir, pactar. vi Acomodarse, adecuarse, amoldarse, axeitarse, axustarse, cadrar, casar, concordar, compaxinar, encaixar, harmonizar, sintonizar (combinaron ben desde que se coñeceron).
comprometer
vt Acordar, apalabrar, concertar, convir, pactar (a orquestra comprometeu o concerto para o mes de maio). vp vt Complicar, envurullar, involucrar, enlear, implicar. Forzarse, obrigarse, responsabilizarse.
concertar
vt Acordar, conciliar, conxuntar, coordenar, harmonizar. Acordar, combinar, concordar, convir, determinar, pactar, resolver (concertaron ir todos xuntos á manifestación). Avinzar, axustar (concertou co construtor as condicións de compra). vi Coincidir, concordar. vp Amañarse, arranxarse, avirse, conciliarse.
convir
vi Acordar, axustar, concertar, concordar, pactar. Acomodar, axeitar, cadrar, cumprir, interesar. Admitir, consentir.
coordenar
vt Acordar, conciliar, conxuntar, concertar, harmonizar.
decidir
vt Acordar, determinar (decidiron comprar o coche). Decretar, determinar, ditaminar, ordenar, sentenciar (decidiu o ingreso en prisión). Dirimir, resolver, solucionar (hai que decidir este asunto axiña). vp Decantarse, elixir, escoller, inclinarse, optar (decidiuse pola saia azul). Animarse, arriscarse, atreverse, determinarse, encoraxarse, lanzarse, ousar (decidiuse a entrar na cova).
desadormecer
vi Acordar, desadormentar, espabilar, espertar (desadormecín co día) . Desadormentar, desencartar, desenmorriñar, desentorpecer, desentumecer (dálle fregas ao brazo para que che desadormeza).
desadormentar
vt Desadormecer, espertar, espabilar, acordar. Desadormecer, desencartar, desenmorriñar, desentorpecer, desentumecer.
desvelar
vt Acordar, espertar. Esmerarse, velar, vixiar. Descubrir, revelar. Aclarar, esclarecer. Destoldar, desvendar.
dispoñer
vt Acomodar, amañar, arranxar, colocar, compoñer, compor, dispor, gobernar, organizar, preparar, programar (dispuxo todos os aparellos para comezar a traballar). Acordar, decidir, resolver (dispuxo ir á feira). Mandar, ordenar (o capitán dispuxo o asalto do castelo). Determinar, establecer, prescribir (o decreto dispón as ordenanzas municipais).
espertar
vi vt Acordar, despertar, recordar. fig Estimular, incitar, provocar. Avivar, desadormecer, desentorpecer, espabilar, espreguizar, sacudir. Aparecer, revelarse (espertou en min ansias de diversión).
estipular
vt Acordar, axustar, concertar, contratar, convir, pactar, tratar.
idear
vt Concibir, crear, deseñar, discorrer, inventar, pensar, proxectar. fig Acordar, argallar, inventar, matinar, tramar.
lembrar
vp vt Acordar, recordar (lembro o vestido que levaba na confirmación). Conmemorar, rememorar.
negociar
vi vt Dilixenciar, tramitar, xestionar. Acordar, pactar, tratar. Afeirar, andar no trato, chalanear, comerciar, feirar, feirear, traficar, tratar.
pactar
vt Acordar, asentar, avinzar, axustar, combinar, concertar, concordar, convir. vi vt Negociar, tratar.
quedar
vi Ficar, permanecer, subsistir. Faltar (queda áinda moito por facer). Acaer, prestar, sentar (quedache ben a saia). Citarse, reunirse. Caer, estar, localizarse, situarse (Novgorod queda por Rusia). Acordar, convir, decidir, dispoñer, resolver. Gardar (quedou con todo). Atoparse, distar, estar (queda á carreiriña dun can). Apandar, apouchar, pandar. Agardar, esperar. Sobrar (quedou algo da comida de onte). vp Cumprir, empor, espichar, expirar, falecer, fenecer, ficar, finar, findar, irse, morrer (quedouse sen dar un chío). Amainar, calmarse (o tempo quedouse e puidemos saír).
reconciliar
vt Acomodar, acordar, avir, concertar, conciliar, conxuntar, harmonizar, sintonizar. vp vt Amigar, aviar, congraciar, facer as paces, por, a ben.
relembrar
vt Acordar, lembrar, rememorar.
rememorar
vt Acordar, lembrar, relembrar.
resolver
vt Acordar, concertar, convir. Decidir, determinar. Quitar, solucionar, solventar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.