logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acusar
vt Culpar, inculpar. Delatar, denunciar. fig Indicar, manifestar, mostrar, revelar. Notar, percibir (acusou a indirecta). vp Confesarse, inculparse.
argüír
vt Deducir (do que dis argúese que ese tipo non é de fiar). Acusar, botar en cara, censurar. vi Discutir, disputar. Argumentar.
botar en cara
lvb Acusar, argüír, censurar.
culpar
vt Acusar, implicar, incriminar, inculpar. Condenar.
delatar
vt Acusar, denunciar, inculpar (acusouno perante o tribunal). fig Descubrir, evidenciar, manifestar, revelar (a súa forma de actuar delata que oculta algo).
demandar
vt Pedir, requirir, rogar, solicitar. Esixir, reclamar. Inquirir, preguntar. Acusar, denunciar, querelarse (demandouno por danos e perdas).
denunciar
vt Acusar, delatar, demandar. Declarar, divulgar, manifestar, proclamar, promulgar, publicar, revelar. Evidenciar, manifestar, revelar (ese accidente denuncia as malas condicións da estrada).
descubrir
vp vt Denudar, destapar, desvestir, encoirar. Achar, atopar, detectar, divisar, encontrar, enxergar, observar. Delatar, desvelar, divulgar, manifestar, pregoar, publicar, revelar. Acusar, denunciar, delatar, desenmascarar, desvelar, revelar. Adiviñar. Inventar.
imputar
vt Achacar, acusar, apoñer, apor, atribuír, culpar, incriminar, inculpar (no xuízo imputáronlle o asasinato do pai).
incriminar
vt Inculpar, imputar, culpar, acusar.
inculpar
vt Acusar, culpar, imputar, incriminar.
reconvir
vt Acusar, amoestar, censurar, recriminar, reprender, reprochar, rifar.
tachar
vt Censurar, reprender (non paran de tachar os meus defectos). Acusar, cualificar (tachárono de cutre).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.