logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


anuncio
sm Aviso, comunicación, edicto. Cartel, letreiro, nota, notificación. Propaganda, publicidade. fig Agoiro, augurio, predición, presaxio, sinal. Indicio, precedente, sinal (a caída das follas é anuncio da chegada do outono).
aviso
sm Advertencia, anuncio, comunicado, indicación, nota, notificación, recado. Advertencia, amoestación, apercibimento. Bando, chamada, convocatoria, reclamo.
bando
sm Anuncio, aviso, comunicación, edicto, nota, notificación. Bandado, facción, grupo, partido. Banda, tropa, grupo, cuadrilla, gavela. fig Grupo, multitude. Bandada, paxarada, banda, voda (de aves), paxariñada.
convocatoria
sf Anuncio, aviso, chamada.
indicación
sf Aclaración, advertencia, alusión, corrección, insinuación, observación, suxestión. Anuncio, comunicación, información, noticia. Baliza, boia, marca, mostra, sinal.
indicio
sm Dato, mostra, pegada, pista, proba, resto, rastro, testemuño, traza, vestixio (no viño atopáronse indicios de pesticidas). Anuncio, precedente, sinal (o arrecendo a mimosas é indicio do entroido galego).
letreiro
sm Anuncio, cartel, indicación, placa, rótulo. sf Emberiza sppEscribá, escribenta, escribideira, escribidor, furafollas, picaporco, pintor.
reclamo
sm Reclamación. Anuncio, chamada. fig Propaganda, publicidade.
vaticinio
sm Adiviñación, agoiro, anuncio, augurio, oráculo, predición, presaxio, profecía, prognóstico.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.