logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


adhesión
sf Afecto, apego, apoio, fidelidade, solidariedade.
aguante
sm Apoio, soporte, sostén. Estabilidade, forza. Conformidade, fortaleza, paciencia, resignación, resistencia, tolerancia. fig Encaixe (ten bo aguante).
alicerce
sm Asentamento, base, cimento, fundamento. fig Apoio, soporte, sostén, sustento.
amarra
sf Atadallo, bimbio, corre, corriza, grañoa, ódega, odia, vencella, vencello, vincallo, viorta, viorto (de plantas). sfpl fig Apoio, influencia, protección. Aguante, forza (ese home ten boas amarras, carga o que sexa).
amparo
sm Abeiradoiro, abeiro, abrigo, acubillo, cónchego, refuxio. Apoio, defensa, éxidacult, protección. Achego, agarimo, arrimo (persoas).
apoio
sm Alicerce, base, cimento, fundamento, soporte. fig Amparo, auxilio, axuda, protección, sostén. Alento, estímulo, respaldo.
arrimo
sm Pontón (da construción). Achego, amparo, apoio, axuda. fig Achego, amancebamento.
báculo
sm Bastón, bordón (de peregrino), cacha, cachaba, caxata, caxato. fig Amparo, apoio, arrimo, consolo, sostén.
base
sf Peaña, pedestal, soporte. Alicerce, apoio, asentamento, cimento, fundamento, soporte, sostén. fig Esencia, orixe, principio, xénese. Álcali (química).
calzo
sm Calza, cuña, forra, taco. Apoio, base.
financiamento
sm Apoio, axuda, capitalización, desenvolvemento, subvención.
fomento
sm Apósito, bilma, cataplasma, empadumada, emplaste, emplasto, epítema, pano, parche, pegón, pítima, sinapismo (meu pai púxome un fomento ben quente no xeonllo). Apoio, axuda, estímulo, mantemento, promoción, protección, sostemento.
fundamento
sm Alicerce, apoio, base, sostén (o fundamento da súa hipótese está viciado). Base, causa, motivo, orixe, pretexto, razón (no tes fundamento para afirmar iso). Formalidade, siso, xuízo (aínda que non o parece, ten bo fundamento). smpl Alicerces, bases, cimentos.
mecenado
sm Padroádego, padroado, patrocinio (abriron unha nova biblioteca co mecenado dunha empresa). fig Amparo, apoio, axuda, favor, protección.
padroádego
sm Apoio, auspicio, favor, padroado, patrocinio, protección, valemento.
padroado
sm Padroádego, favor, patrocinio, apoio, auspicio, valemento, protección.
patrocinio
sm Apoio, auspicio, axuda, favor, padroádego, padroado, protección, valemento. Subvención.
piar
vi Cantar, chiar, chirlar, rechouchiar, trinar. fig Falar. sm Columna, pilastra, (hórreo), pegollo (hórreo). Chantón, esteo, mourón, pontón, poste, puntal. Chanto, chantón, marco, mouteira. fig Alicerce, apoio, base, fundamento, sostén. Antepeito, varanda.
protección
sf Amparo, apoio, auspicio, auxilio, axuda, favor, padroádego, patrocinio, valemento.
puntal
sm Chanto, chantón, esteo, mourón, piar, pontón, poste. fig Alicerce, apoio, base, fundamento, sostén (é un puntal da empresa).
socorro
sm Auxilio, axuda, esmola. Amparo, apoio, asistencia. Protección, remedio, salvamento. Colaboración, reforzo. Subsidio, subvención.
solidariedade
sf Apoio, axuda, defensa, respaldo. Adhesión, fidelidade. Camaradería, compañeirismo, fraternidade, unión.
soporte
sm Alicerce, apoio, base, esteo, sostén. Amparo, aval.
sostemento
sm Amparo, apoio, soporte. Alimentación, mantenza, manutención, sustento.
sustento
sm Apoio, base, soporte, sostemento, sostén. Amparo, apoio, defensa, protección. Alimento, mantenza, manutención.
tentemozo
sm Apoio, chantón, esteo, gastallo, postallo, sopostallo, tendallo.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.