logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


ablación
sf Abscisión, amputación, avulsión, mutilación. Arranque, arrastre (houbo unha ablación da terra no resío dos ríos).
acendido
adx Aceso, iluminado, prendido. fig Acalorado, alporizado, ardente, enardecido, encendido. Aceso, agudo, forte, vivo (leva un traxe dunha cor acendida). sm Arranque (estragouse o acendido do coche).
arranca
sf Arranque, arrinca, cachea (recollida da pataca). Arriga, arrinca, arrancada, arrincada (especialmente de liño).
arranque
sm Arrancada, arrincada, arrinque. Comezo, principio. Arranca, arrinca, cachea (recollida da pataca). Arrebato, arroutada, arrouto. fig Decisión, determinación, enerxía, valor. Ocorrencia, saída.
arrebato
sm Arranque, arroutada, arrouto. Apaixonamento, atracción, cativación, embeleso, sedución. Arroubo, éxtase, paixón.
arrincada
sf Arranque, arrinque, arrancada. Arriga, arrinca, arrancada, arranca.
arrinque
sm Arrincada. Arranque, comezo, principio. fig Arranque, brío, decisión, determinación, enerxía, ímpeto, valor. Arrancada, ocorrencia, saída. Espontaneidade, ímpeto (para o pequena que é tén moito arrinque nos sentimentos).
arroutada
sf Arrebato, arranque, arrouto, loucura, toleada, toleira, tolería. fig Arrancada, arranque, axada, ímpeto, impulso.
arrouto
sm Arroutada, arrebato, loucura, toleira, tolería, toleada, arranque.
axada
sf Aireada, airón, lufada, raxada, refacho, salón. fig Arranque, arrebato, arroutada, arrouto.
estalido
sm Detonación, estalo, estoupido, estouro, estralo, explosión. fig Acceso, arranque, arrebato, ataque.
procedencia
sf Arranque, fonte, fundamento, raíz, xénese. Ascendencia, berce, nacemento, orixe.
rauto
sm Arranque, arrebato, arroutada, arrouto, raxeira, tolada, toleada, toleira, toleirada, tolemia.
raxeira
sf Aluamento, cacheira, celo, cío, sazón, xaneira. Axada, bafarada, lufada, raxada, razada, refacho, refolada, refolión, ventalada, ventania. Raia, raiada, raio, raiola, raxada, raza, razada, recacheira. Rauto, arroutada, toleira, tolemia, tolada, toleirada, arranque, toleada, arrebato, arrouto.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.