logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acceso
sm Camiño, entrada, paso. Arrebato, ataque, golpe, síncope, xandra (acceso forte de tose).
acometida
sf Agresión, arremetida, asalto, ataque, embestida. Empalme, enlace, instalación (fixo a acometida da luz).
agresión
sf Acometida, asalto, ataque, atentado, golpe.
alifafe
sm Afección, arrechuchocol, ataque, doenza, enfermidade, indisposición, mal, malestar, padecemento, peleira, xacamada. Tumor.
arremetida
sf Acometida, ataque. Aliñoá, cornada, cotenada, coturrada, embestida, tostada (do carneiro), trucada, trupada, truque, turrada.
asalto
sm Acometida, agresión, ataque, atentado, confrontación, enfrontamento. Atraco, roubo.
ataque
sm Acometida, agresión, arremetida, asalto, atentado, confrontación, contenda, disputa, enfrontamento, golpe. Acusación, insulto, ofensa. Acceso, arrebato, transtorno.
atentado
sm Acometida, agresión, asalto, ataque. Asasinato, crime, violación.
colapso
sm Ataque, dada, desfalecemento, desmaio, esmaio, esmorecemento, esvaecemento, esvaemento, pasamento, perda do sentido, síncope, trastavai, vágado, vertixe, volta.
cornada
sf Acometida, arremetida, ataque, cotada, cotenada, coturrada, embate, embestida, topada, trucada, trupada, truque, turrada. Picada, pinchada, pinchazo, punzada (de corno). Corna, encorna, cornamenta, cornaxe, encornadura, gancheta.
corrida
sf Carreira, competición. Tourada. Exaculación, orgasmo. Asalto, ataque, ceifa, incursión, razzia. Corredura, reprimenda, amoestación, rifa, reprensión, escorrentada, reconvención.
desembarco
sm Descarga, desembarque. Arribada, chegada, instalación (este verán teño desembarco de parentes na casa). Abordaxe, asalto, ataque.
dianteiro
adx Anterior, cabeceiro. Adiantado, avanzado, primeiro. Atacante. sf Fronte, cabeza, vangarda. Ataque, vangarda (a dianteira do equipo sufriu numerosas baixas). Frontispicio. vulg Chuchas col, peitos, seos, tetas.
diatriba
sf Ataque, inxuria, libelo (ese escrito é unha diatriba contra o goberno).
estalido
sm Detonación, estalo, estoupido, estouro, estralo, explosión. fig Acceso, arranque, arrebato, ataque.
golpe
sm Contusión, lesión, magoadura, mancadela, mancadura, manqueira. Batedura, choque, colisión, encontronazo, impacto, topada, toque. Azouta, cabezada, cacholada, candeiro, chapada, chapeirada, chaparreta, couce, couzada, cuada, fociñada, gulifada, labazada, lampazo, lapada, lapote, lombeirada, losqueada, lufiada, mocada, moquetada, moquetón, morrada, morrazo, nafrada, palmetada, pancada, patada, poutada, sopapo, sopramocos, testada. figPau. Acometida, asalto, ataque, roubo. Graza, ocorrencia, saída. Impacto, sorpresa. Vulpes vulpesRaposa, raposo.
hostilidade
sf Animadversión, animosidade, inimizade, odio, rancor. Agresión, asalto, ataque, confrontación, contenda, enfrontamento.
ictus
sm Acento (métrico). Ataque, síncope, volta.
incursión
sf Ataque, entrada, invasión, irrupción, penetración.
invasión
sf Ataque, incursión, ocupación. Epidemia, praga, propagación.
invectiva
sf Ataque, censura, diatriba, filípica, sátira.
irrupción
sf Acometida, asalto, ataque, incursión, invasión.
ofensiva
sf Acometida, asalto, ataque.
pasamento
sm Deceso, defunción, falecemento, finamento, morte, óbito, tránsito. Ataque, colapso, dada, desmaio, desfalecemento, esmaio, esmorecemento, esvaecemento, esvaemento, síncope, trastavai, vágado, vertixe, volta. fig Agonía.
síncope
sm Ataque, colapso, dada, desfalecemento, desmaio, esmaio, esmorecemento, esvaecemento, esvaemento, lipotimia, pasamento, perda do sentido, trastavai, vágado, vaído, vertixe, volta.
tortón
sm Ataque, teo, tortullón (deulle o tortón ao carneiro).
volta
sf Reviravolta, viravolta, virada, xiro. Cambio, mudanza. Cambio, devolución (dos cartos). Regreso, retorno. Remonta, vista (na roupa). Curva. Reverso (non escribas na volta ao folio). Garbeo, paseo. Rodeo. Ataque, desmaio. Repetición.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.