logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


atranco
sm Barreira, empecemento, entretollo, estorbo, impedimento, obstáculo, pexa, traba.
barreira
sf Cancela, obstáculo. Muro, valado, valo. fig Atranco, dificultade, impedimento, obstáculo. Barral, trollo, tremedeira, lameira, tremedal, moledo, lodeiro, bulleiro, barreiro, lameiro, lamazal, trolleiro.
complicación
sf Atranco, dificultade, estorbo, impedimento, inconveniente, obstáculo, pexa, problema, traba. Complexidade, dificultade. Agravamento, empeoramento.
dificultade
sf Aperta-raboscol, aperto, apuro, atranco, busilis, complexidade, complicación, contrariedade, estorbo, impedimento, obstáculo, pexa, problema (a resolución da ecuación presenta algunhas dificultades).
entretollo
sm Atranco, estorbo, impedimento, obstáculo, pexa, traba.
escollo
sm Arrecife, baixío, con, farallón, rocha. fig Atranco, barreira, obstáculo. Dificultade, perigo, risco.
estorbo
sm Atranco, dificultade, impedimento, molestia, obstáculo.
freo
sm Bocada, bocado, bocal, embocadura, mordedeira, picadeiro (púxenlle o freo á egua). fig Atranco, dificultade, empecemento, impedimento, obstáculo, pexa, rémora, traba (sempre poñen todo tipo de freos).
hándicap
sm Atranco, barreira, dificultade, inconveniente, obstáculo, pexa, traba. Vantaxe (no golf).
impedimento
sm Atranco, barreira, dificultade, empezo, estorbo, freo, inconveniente, óbice, obstáculo, pexa, traba.
inconveniencia
sf Desatino, descortesía, despropósito, impertinencia, improcedencia, incorrección, inoportunidade. Inconveniente, dificultade, estorbo, impedimento, atranco, trastorno, obstáculo.
inconveniente
adx Improcedente, inoportuno, prexudicial. Incorrecto, descortés, ordinario, groseiro, vulgar, impropio. sm Atranco, dificultade, estorbo, impedimento, inconveniencia, obstáculo, trastorno.
lastre
sm Carga, contrapeso, peso, pexa. fig Atranco, empecemento, estorbo, impedimento, obstáculo. Equilibrio, madurez, madureza, peso, sensatez, xuízo, siso (para a súa idade, ese neno ten moito lastre).
óbice
sm Atranco, estorbo, impedimento, inconveniente, obstáculo, rémora, traba (o descoñecemento da lei non é óbice para o seu cumprimento).
obstáculo
sm Atranco, barreira, estorbo, impedimento, pexa. fig Dificultade, empecemento, inconveniente.
óso
sm Caguña, carabuña, carambuña, carolo, caruña, coia, croia, garouba, gouña, grouña, maragolla, núcleocult, pebida, pedra. smpl Restos (mortais). fig Atranco, dificultade, obstáculo.
perigo
sm Ameaza, medo. Risco. fig Atranco, dificultade, estorbo, obstáculo, pexa, problema, traba.
pexa
sf Apea, pega, piega, solta, traba, trambollo. Acabramo, cabicorno, caboardo, cabramo, corda, maniota. fig Atranco, dificultade, estorbo, inconveniente, impedimento, obstáculo, traba.
problema
sm Cuestión, proposición. Atranco, dificultade, estorbo, inconveniente, impedimento, obstáculo, perigo, pexa, traba. Dubida, incerteza. Enigma, misterio.
salto
sm Bote, brinco, cabriola, chouto, impulso, pinchacarneiro, pinchagato, pincho, pirueta, pulo, viravolta. Abanqueiro, cachoeira, cachón, cadoiro, catarata, fervenza, ruxidoira, ruxidoiro, seimeira. Encoro, presa, represa. Apanda, panda (xogo infantil). Parada (xadrez). fig Descontinuidade. Diferenza, lagoa, paso (entre nós os dous hai un bo salto). Descoido, esquecemento, lapso, neglixencia, omisión. Atranco, obstáculo. Cambio, mutación, variación.
salvidade
sf Aclaración, advertencia, distinción, distingo, excepción, explicación, limitación, observación, reserva. Atranco, desculpa, escusa, impedimento, óbice, obstáculo, pega, pexa, pretexto.
traba
sf Aceal, apea, bexa, pexa, solta, soltadoiro, trambollo. Atranco, dificultade, estorbo, impedimento, obstáculo, pexa.
tranca
sf Tabasa, tranco, tranqueiro. Caxata, estaca, estadullo, fungueiro. fig Atranco, obstáculo. Bebedela, borracheira, calcada, chea.
trastorno
sm Alteración, delirio, doenza, enfermidade, malestar. Atranco, contrariedade, contratempo, dificultade, incomodidade, molestia, problema. Chaladura, chifladura, perturbación, vesania (mentais).
tropezo
sm Atranco, contratempo, dificultade, estorbo, impedimento, obstáculo, problema. fig Desliz, equivocación, erro. Choque, discusión, enfrontamento.
viravolta
sf Cambadela, pinchacarneiro, pinchagatos, pincho, pirueta, reviravolta, tombo. fig Atranco, contratempo, vicisitude.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.