logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


ausentarse
vp Irse, marchar, saír.
desaparecer
vi Afastarse, ausentarse, faltar, irse, perderse, quitar, saír, retirarse (cando acabou o baile desapareceu). Achantarse, agacharse, agocharse, disiparse, esconderse, esvaecerse, esvaer, fuxir, ocultarse (a leoa desaparece por tras da vexetación). Extinguirse, falecer, finar, morrer (con el desapareceu o derradeiro polígrafo).
faltar
vi Ausentarse. Carecer, escasear (faltan os alimentos básicos). Agraviar aldraxar, amolar, insultar, molestar, ofender (faltoulle, malia ser súa nai). Colgar, copar, facer a gata, gatar, latar (faltou moito a clase). Incumprir, falir, fallar (faltou ao seu deber de pai).
ir
vi Conducirse, dirixirse, marchar. Andar, camiñar, pasear. Funcionar, marchar, traballar. Diferenciarse, distinguirse (parecen iguais, pero vai moito dun ao outro). Acaer, caer, prestar, sentar. Asistir, comparecer, estar. Vestir (ía como unha marquesa). Facer, haber (este verán vai moita calor). vp Ausentarse, emigrar, marchar, partir, trasladarse. fig Escapar, evaporarse, saír, verterse. Acabarse, consumirse, esgotarse. Desaparecer. Desvanecerse, esvaecerse, esvaerse. Cumprir, emporcol, espicharcol, expirarcult, falecercult, fenecercult, finar, findar, morrer, palmarcol, perecercult, quedarse.
marchar
vi Ir, partir, saír. Afastarse, arredarse, ausentarse, liscarcol. Andar, camiñar, desprazarse. fig Arrancar, funcionar, furrularcol, tirar, traballar. Desfilar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.