logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


ater
vt Agarrar, aguantar, suxeitar (a vaca para que a cubra o macho). vp Axustarse, cinguirse, cinxirse, limitarse. Aguantar, soportar.
combinar
vp vt Mesturar, unir, xuntar. vi Dispoñer, ordenar. Acordar, avinzar, axustar, asentar, concertar, concordar, convir, pactar. vi Acomodarse, adecuarse, amoldarse, axeitarse, axustarse, cadrar, casar, concordar, compaxinar, encaixar, harmonizar, sintonizar (combinaron ben desde que se coñeceron).
compaxinar
vt Compatibilizar, cohonestar, acomodar, harmonizar. vp Acomodarse, amoldarse, axeitarse, axustarse, cadrar, casar, concordarse, encaixar, harmonizarse, sintonizarse.
concordar
vt Concertar, conciliar, harmonizar. vi Cadrar, coincidir, concertar. Acomodarse, adecuarse, amoldarse, axeitarse, axustarse, cadrar, casar, combinar, coincidir, encaixar, harmonizar, sintonizar (o que dis concorda perfectamente co que penso).
corresponder
vi vp vt Axeitarse, axustarse, cadrar, casar, coincidir, combinar, conformarse. Pertencer. Concernir, incumbir, tocar (non che corresponde a ti organizar iso). Pagar, responder (correspondeulle coa mesma moeda). vp Amarse, quererse. Correlacionarse, relacionarse. vt Proceder (agora corresponde actuarmos de boas maneiras).
limitar
vt Acoutar, acurtar. vi vt Estremar, lindar. vp Aterse, axustarse, cinguirse, cinxirse, circunscribirse.
vir
vi Regresar, retornar, voltar, volver. Acudir, aparecer, arribar, chegar, comparecer, presentarse (viume ao maxín o caso do rapaz de Cambados). Acaecer, acontecer, ocorrer, pasar, suceder (ao don Xosé veulle un infarto que o deixou eivado). Derivar, dimanar, emanar, proceder, provir, saír (o malestar na empresa veu coa chegada do novo director). Acomodarse, axustarse (o remedio das herbas veume ao xeito).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.