logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


braga
sf Bragada. Bragada, embigueira, sufraxe (parte do ventre da vaca), embigo.
bragada
sf Bragal, calzón, maragal, míllaras, ovas, pampillo (dalgúns peixes). Ventrecha (dos animais). Braga (parte do corpo arredor das virillas). Braga, embigo, embigueira, sufraxe (parte do ventre da vaca).
embigo
sm Beligo, cicatrizcol, embigueira, umbiligovulg. Braga, embigueira, sufraxe, verga (parte do ventre da vaca inmediato ao ubre).
entreteto
sm Braga, ventre (do porco). Anteballo, ballo, barrigada, cacheira, capela, ensunlla, enxunlla, follas, landúa, pelica do unto, pela, pena, penla, untaza (lámina coa que se fai o unto).
touciño
sm Lardo. Braga, cebullo, entreteto (do baixo ventre e dos xamóns do porco).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.