logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


agra
sf Aira, campo, saído. Agro, cortiña, horta, horto, prado, veiga.
agro
sm Campo, chousa, eido, leira, seara, senra. Agra, horta, prado, horto, cortiña, veiga.
aira
sf Eira, eixido, enxido, saído. Agra, saído, campo.
airado
sm Eira, eirado. Campo, eido. Azotea, terraza.
aldea
sf Lugar, lugarexo, rueiro, vilar. Campo, monte (pasa as vacacións na aldea).
ámbito
sm Contorno, perímetro. Área, campo, dominio, eido, rama, sector, terreo. Superficie.
área
sf Espazo, extensión, superficie, zona. Demarcación, distrito, xurisdición. Ámbito, campo, dominio, eido, materia, rama, sector.
campiña
sf Campo (aberto).
campo
sm Campiña. Agro, eido. Apastadeiro, busto, campeiro, lameiro, lodoeiro, namela, pasta, pasteira, pasteiro, pastoeiro, pastoriza, prado, poulo, pradeira, rañadoiro, regada (pastizal con herba curta). Escenario, lugar. Bando, corda, parte, partido (eses militantes non son do meu campo). Eido, especialidade, rama, sector. Ámbito, eido, esfera. Estadio. Agricultura (este libro é un tratado sobre o campo).
dominio
sm Autoridade, dominación, goberno, poder, potestade (exerceu o seu dominio sobre os vencidos con fereza). Ámbito, área, campo, competencia, eido, esfera, terreo. Competencia, coñecemento. smpl Posesións, propiedades, terras (o sol púxose en todos os seus dominios).
eido
sm Cortiña, eirado, eira, horta. Agro, campo, chousa, lecho, seara, senra, terra. Herdade. fig Ámbito, área, campo, dominio, rama, sector, terreo.
estadio
sm Ciclo, etapa, fase, período. Campo, circuito.
leira
sf Campo, leiro, propiedade, terreo. Agra, chousa, coutada, enxido, fundo, veiga.
leiro
sf Leira, propiedade, terreo, campo. Agro, choído, eido, eixido.
marco
sm Chanto, estrema, fita, fito, medela, molla, mollo, monteira, moutela. Cadro, moldura, orla. Caíño, canteiro, chavello, dente cairo, dente canino, dente canteiro, dente queiro, dente queixal, dentello, dentequeiro, illar, presa, queiro. Marxe, beirada, xirón, acolleita, marcaxe, magote, beiral, acadullo, colado, cómbaro, estremo, pasaboi, lindeiro, márdea, noiro, arroleito, estrema, derrega, testo, comareiro, testada, mouteira, límite, andaboi, madarrón, arró, linde, oureleira, estremadoiro, arredor. fig Ambiente, ámbito, campo, escenario, lugar, medio, paisaxe, terreo.
palenque
sm Arena, campo, palestra. Cerca, cercado, cerrume, chousume, gradicela, muro, parede, tapia, vala, valado, valo.
palestra
sf Palenque, campo, arena.
prado
sm Apastadeiro, busto, campeiro, campela (pequeno), campo (secaño), lameiro, lodoeiro, namela, pasta (monte), pasteiro, pastoeiro, pastoriza, petello (pequeno), pouleira, poulo (rúín), rañadoiro (ruín), regada.
rañadoiro
sm Campo, campón, poulón, rascadoiro, rascalleira (prado ruín).
rascadoiro
sm Rascón, rasqueta. Campo, campón, poulón, rañadoiro, rascalleira (prado ruín).
rascalleira
sf Rascadoiro, campo, campón, rañadoiro, poulón.
terra
sf Globo, mundo, orbe, planeta. Bisbarra, circunscrición, comarca, demarcación, lugar, rexión, territorio. Nación, país, patria. Agro, campo, eido, facenda, herdade, leira, parcela, tenza, terreo. Chan, piso.
terreo
sm Terra, solo. Agro, campo, eido, leira, parcela, tenza. fig Ámbito, área, campo, dominio, eido. adx Terreal, terrestre, terráqueo, térreo. Mundanal, mundano.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.