logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aforro
sm Economía, previsión, reserva. smpl Capital, cartos, diñeiro, fondos.
básico
adx Capital, esencial, fundamental, imprescindible, primordial. Elemental, inicial. Alcalino (química).
ben
adv Bastante. Moi, moito. Convenientemente. sm Beneficio, interese, proveito. Virtude. smpl Capital, facenda, habenza, patrimonio, propiedades.
cabeceira
sf Cabezal, testeiro (da cama). Almofada, cabeceiro, cabezal. Cabeceiro, cabeza, cadabullo, cadullo, cimal, testeira (dunha leira). Encabezamento, prólogo (xa fixen a cabeceira do libro). Cabeza, capital (de comarca, partido xudicial). Comezo, inicio, principio. Presidencia.
cabeza
sf Cacheira, cachola, cachucha (do porco e outros animais). fig Cacha, cachamea, cacheira, cachola, calamoucha, cheminea, chola, cocorota, colondro, crisma, croca, moleira, testa (do home). Individuo, persoa. Animal, res. Chencha, intelixencia, talento. Xefe. Cabeceira, cabeceiro, cadullo, testeira (dunha leira), cimal, cadabullo. Cabeceira, capital (de comarca, partido xudicial). Cabezo, capa, capela, carapela, cima do leite, crema, nata, pilico. Orixe, principio. Cabezo, cabezoalla, meixela (cabeza do eixo). Cimo, copa, cotela (parte superior das árbores). Bálano, capullo, glande.
capital
adx Esencial, fundamental, primordial, principal. sm Bens, diñeiro, facenda, fortuna, haberes, patrimonio, riqueza. sf Capitalidade.
capitalidade
sf Capital.
cardinal
adx Capital, esencial, fundamental, primordial, principal.
decisivo
adx Concluínte, decisorio, definitivo, determinante, resolutivo. Básico, capital, central, crucial, esencial, fundamental, primordial, principal, transcendental.
diñeirada
sf Diñeiral, pastacol, fortuna, capital.
diñeiral
sm Capital, diñeirada, fortuna, pastacol.
diñeiro
sm Cartos, moeda; col cadelos, cans, chicas, ferrañas, ferruxe, pasta, pataco, patacóns. Bens, bolsa, capital, caudal, facenda, fondos, fortuna, riqueza. Ouro, prata, tesouro (estes gobernantes están a acabar co diñeiro).
dirimente
adx Capital, concluínte, decisivo, determinante, resolutivo, resolutorio.
facenda
sf Armentío, folgo, gado, gandada, gando, habenza. Bens, capital, herdades, patrimonio, posesións, propiedades. Erario, tesouro (público). Herdades, terras.
finanzas
sfpl Capital, fondos.
fondo
adx Profundo (están nun lugar moi fondo). fig Íntimo, persoal (non podo expresar ese sentimento tan fondo). sm Base, cuvulg (o fondo do vaso está sucio). Calado, fondura, profundidade (esta ría ten pouco fondo). Cabo, final (a porta está ao fondo do corredor). Colección, depósito (a biblioteca ten un bo fondo). fig Carácter, corazón, índole, xorne (é rabudo pero ten un bo fondo). Asunto, idea, motivo, sentido, tema (o fondo da novela é moi irónico). Cerna, miolo (vai ao fondo da cuestión). smpl Baixos (dunha roupa). Capital, cartos, diñeiro (teño poucos fondos na conta).
fortuna
sf Acaso, azar, destino, fado, sino, sorte. Chiripa, chorra, churro, pello, sorte. Bens, capital, diñeiro, posesións, propiedades, tesouro.
haber
vi Estar, existir, ser. Acaecer, acontecer, ocorrer, pasar, sobrevir, suceder. vt Ter (nesta casa hai vacas). sm Capital, diñeiro. smpl Asignación, emolumentos, honorarios, mensualidade, nómina, paga, pensión, retribución, salario, soldo, xornal.
herdanza
sf Herdade, herdo, legado, patrimonio. fig Bens, capital, facenda, habenza, patrimonio, propiedades (este lugar é bastante rico, hai boas herdanzas).
importante
adx Considerable, destacado, notable, significativo. Capital, cardinal, esencial, fundamental, relevante. Acreditado, afamado, destacado, insigne, notable, significativo.
importantísimo
adx Capital, esencial, fundamental, vital, indispensable.
inicial
adx Capital, versal (letras). Inaugural, preambular.
interese
sm Atractivo, importancia, relevo, valor. Atención, empeño. Ben, beneficio, proveito, utilidade, vantaxe. Rédito, renta, xuro. Comenencia, egoísmo. Curiosidade (teño interese en ver o que pasa alí). smpl Bens, capital, facenda, fortuna, patrimonio.
maiúscula
adx sf Capital, inicial (letra). adx fig Enorme, tremendo (deume un susto maiúsculo).
metrópole
sm Capital, urbe.
patrimonio
sm Acervo. Bens, capital, facenda, fortuna, peculio, pertenzas, propiedades. Herdanza, herdo.
peculio
sm Cartos, diñeiro. Bens, capital, facenda, fortuna, patrimonio, pertenzas, propiedades. Herdanza, herdo.
pertenza
sf Dominio, posesión, propiedade. sfpl Bens, capital, facenda, fortuna, patrimonio, peculio, propiedades.
propiedade
sf Dominio, posesión (dereito). Atributo, calidade, carácter, característica, pecularidade. Particularidade (cousa). Axuste, exactitude, fidelidade. sfpl Bens, capital, facenda, fortuna, patrimonio, peculio, pertenzas.
substancial
adx Capital, básico, decisivo, esencial, fundamental, importante, primordial, transcendente, valioso.
urbe
sf Capital, cidade, metrópole.
versal
adx s Capital, inicial.
vital
adx Estimulante, fortificante, vigoroso, vivificante. Capital, esencial, fundamental, importantísimo, indispensable.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.