logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


custar
vi vt Importar, supoñer, supor, totalizar, valer (iso custa poucos cartos). Causar, ocasionar, supoñer, supor (custoulle un mes de castigo). Esixir, supoñer, supor (custoulle ferro e fariña acabar aquela casa).
deixar
vt Ceder, dar, entregar. Legar, mandar (meu avó deixoume unha leira). Soltar (deixa ese xoguete que non é teu). Colocar, emprazar, poñer, pór, situar (déixao encol do andel). Ceder, confiar, emprestar, encomendar, entregar, prestar (déixocho pero con volta). Consentir, permitir (non deixes que cha ferre). Causar, orixinar, producir (deixoume unha grata impresión). Esquecer (deixouno na casa do pai). Abandonar, dimitir, renunciar (axiña deixou o cargo). Adiar, aprazar, atrasar, delongar, pospoñer, pospor (deixou a viaxe para mellor ocasión). vp Abandallarse, abandonarse, descoidarse, desleixarse. Romper (deixáronse ao pouco de comezar a saír).
desencadear
vt Ceibar, desamarrar, desatar, desligar, desprender, destrabar, soltar, zafar. Causar, iniciar, orixinar, producir, provocar (a intolerancia desencadeou estas pelexas xuvenís).
desenvolver
vt Desembalar, desempacar, desempapelar, desempaquetar, desenfardar, desenfardelar, desenvurullar, desforrar. Aumentar, crecer, incrementar, industrializar, inzar, expandir, propagar. Explicar, expoñer, expor. Alongar, desenrolar, estirar, prolongar. vp Conducirse, defenderse, manexarse, moverse (desenvólveste ben nesta cidade). Acontecer, localizarse, ocorrer, pasar, situarse, suceder (o filme desenvólvese no deserto). Causar, orixinar, producir, xerar. Evolucionar, pasar, progresar, transcorrer (a vida alí desenvólvese con normalidade).
determinar
vt Definir, delimitar, dispoñer, dispor, fixar, marcar, precisar. Decretar, establecer, mandar, ordenar. Decidir, resolver (Xián determinou o reparto da herdanza). Causar, motivar, mover, ocasionar. Distinguir, especificar.
facer
vt Confeccionar, construír, elaborar, fabricar, formar, laborar, obrar, producir, traballar, transformar (nesa fábrica fan camisas). Amañar, arranxar, dispoñer, dispor, preparar (fai o xantar antes de chegarmos). Efectuar, executar, exercitar, practicar, realizar. Constituír, compoñer, compor, erixir, formar, fundar, levantar (o propio san Bernardo fixo este mosteiro). Causar, cometer, motivar, ocasionar, perpetrar, producir (a treboada fixo moito mal). Acadar, alcanzar, conseguir, lograr (traballo me custou pero, ao cabo, fíxeno). Aparentar, finxir, parecer, simular. Acaer, prestar, sentar. Dar, resultar (catro e catro fan oito). vp Resultar (este libro faise pesado).
impoñer
vt Asignar, dar, impor, poñer, pór (o médico impuxo silencio durante a visita). Causar, impor, infundir, meter, provocar (teu pai cando fala impón respecto). vp vt Impor, instruír (a Camiño estase impoñendo en informática). vp Controlar, dominar, imporse (o alcalde impúxose á oposición). fig Levarse (este verán impúxose a saia longa).
impor
vt Asignar, dar, impoñer, poñer, pór (o médico impuxo silencio durante a visita). Causar, impoñer, infundir, meter, provocar (teu pai cando fala impón respecto). vp vt Impoñer, instruír (a Camiño estase impondo en informática). vp Controlar, dominar, impoñerse (o alcalde impúxose á oposición). fig Levarse (este verán impúxose a saia longa).
inducir
vt Empuxar, estimular, impeler, impulsar, incitar, instigar, persuadir. Inferir, deducir. Causar, producir (o exceso de calor induce a formación de nubeiros).
inflixir
vt Aplicar, impor. Causar, ocasionar, orixinar, producir.
irrogar
vt Causar, orixinar, producir, provocar (a sequía irrogou un dano irreparable).
levantar
vp vt Alzar, elevar, endereitar, erguer, subir, soerguer. Despegar, desprender, soltar, separar. Destacar, elevar, erguer, salientar, sobresaír. vt Construír, edificar, elevar, erguer, erixir. Alzar, izar. Recoller, repregar, retirar (ao vir os gardas os vendedores levantaron o tenderete). Causar, producir (eles mesmos levantaron sospeitas). Suprimir, suspender (levantaron a veda). Estender, redactar (levantaron acta da xuntanza). Alzar, subir (non levantes a voz). vi Abocañar, abrir, aclarar, aclarear, arraiar, avagantar, clarear, clarexar, delampar, deloirar, delourar, desanubrar, desencapotar, despexar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar. vp Alzar, amotinarse, insurreccionarse, rebelarse, sublevarse. Cucar, empinarse, facer a gata, pinarse, relaxarse (as cabalerías). Erguerse, estiñar, retirarse, secar (o leite).
motivar
vt Causar, determinar, ocasionar, orixinar, producir, traer. Afiuzar, afoutar, aguilloar, animar, arrufar, estimular, exhortar, incitar (motivouno para que traballase).
mover
vp vt Desprazar, mudar, trasladar. Axitar, remexer, revolver. Abalar, abanear, abanegar, acanear, arrendear, axitar, azonglear, escudir, sacudir. Accionar, acender, activar, manipular. fig Conmover, persuadir. Causar, desatar, desencadear, ocasionar, orixinar, producir, promover, provocar, suscitar. vp Andar, camiñar, circular menear. Apurar, axitarse, buligar, bulir.
obrar
vt Construír, edificar, fabricar. Causar, producir (a menciña obrou milagres). vi Actuar, comportarse, portarse, proceder. Encontrarse, estar (o manuscrito obra en poder do bibliotecario). fig Cagar, defecar, ensuciar, evacuar, librar.
ocasionar
vt Causar, motivar, orixinar, producir, provocar, traer, xerar.
orixinar
vt Causar, crear, desencadear, facer, motivar, producir, provocar, suscitar, xerar. vp Comezar, desatarse, empezar, xerarse, iniciarse, nacer, provir.
producir
vt Xerar. Facer, realizar. Crear, elaborar. Fabricar, manufacturar. Render, reportar. Causar, ocasionar, orixinar, provocar.
promover
vt Fomentar, impulsar. Causar, orixinar, producir, provocar. Incoar, iniciar. Ascender, elevar.
sementar
vt Botar (imos sementar o millo). fig Ciscar, espallar, esparexer, estrar (sementaron o chan de brochas). Causar, motivar, orixinar, provocar (andades a sementar discordias). Difundir, divulgar, publicar (ese xornal sementa mentiras). vi fig Acorchetar, arrodar, derrodar, maniversar, tortar, zambrear (a vaca ao andar).
suscitar
vt Causar, levantar, motivar, ocasionar, orixinar, producir, promover, provocar, suxerir.
traer
vt Achegar, arrimar. Carrexar. Conducir, guiar. Causar, motivar, orixinar, producir, provocar (os fillos traen alegrías). Levar, vestir (que traxe traes?). Conter, incluír (este libro trae moitos exemplos).
valer
vi Servir. vt Custar, importar, montar. Equivaler (un dolar vale cento vinte e seis pesetas). fig Causar, producir (a chuvia valeulle unha catarreira). Amparar, auxiliar, axudar, defender, protexer, socorrer. vp Apoiarse, servirse, recorrer. Apañarse, desenvolverse, gobernarse. sm Aptitude, capacidade, competencia, valemento, valía.
xerar
vt Causar, crear, producir. Procrear.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.