logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aldrabada
sf Chamada, petada.
aviso
sm Advertencia, anuncio, comunicado, indicación, nota, notificación, recado. Advertencia, amoestación, apercibimento. Bando, chamada, convocatoria, reclamo.
convocatoria
sf Anuncio, aviso, chamada.
chamada
sm Berro, brado, grito (deulle unha chamada para que viñese xantar). Aldrabada, petada. Chamamento, convocatoria, demanda, solicitude (fixo unha chamada á solidariedade).
chamamento
sm Advertencia, aviso. Chamada, solicitude, convocatoria, demanda.
nota
sf Chamada, marca, sinal. Aclaración, advertencia, explicación. Anotación, apuntamento, comentario, glosa, inscrición, observación. Cualificación, resultado. Aviso, comunicado. Conta, factura, minuta, recibo. Pincelada, toque.
reclamo
sm Reclamación. Anuncio, chamada. fig Propaganda, publicidade.
toque
sm Axuste, pincelada, retoque. Badalada, golpe, repenique, picada, tanxemento. fig Advertencia, aviso, chamada, indicación (tes que lle dar un toque ao socio).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.